Atanaxildo: Rei visigodo

Atanaxildo (en latín: Atanagildus; en gótico: Aþanagilds) finado en Toledo en 567, foi rei dos visigodos, primeiro como rebelde (551–554) en guerra contra Akhila I e logo como único rei (555–567).

Desde a súa corte de Toledo tentou devolver aos godos tempos de paz e esplendor, empezando por expulsar aos outrora aliados bizantinos.

Infotaula de personaAtanaxildo
Atanaxildo: Traxectoria, Invasión bizantina, Conversión do reino suevo
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Athanagildus Editar o valor em Wikidata
517 ↔ 540 Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 567 Editar o valor em Wikidata
Toletum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei dos visigodos
555 – 567
← AkhilaLiuva I → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Visigodo Editar o valor em Wikidata
RelixiónArrianismo visigodo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , guerreiro Editar o valor em Wikidata
OutroAtanaxildo: Traxectoria, Invasión bizantina, Conversión do reino suevo
TítuloRei dos visigodos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeGosuinda
FillosGalsvinta (pt) Traducir, Brunilda da Austrásia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Visigoths-67

Traxectoria

Atanaxildo: Traxectoria, Invasión bizantina, Conversión do reino suevo 
Arnold van Westerhout (1651–1725), in Effigies et series regum Hispaniae, Roma, 1624

Foi vencedor na guerra civil fronte a Akhila I, quen viu como os seus partidarios acababan coa súa vida para unirse a Atanaxildo. Atanaxildo ascendeu ao trono en 555. A guerra civil desangrou o país e orixinou unha crise económica.

O seu reinado foi bastante pacífico, conseguindo a alianza coa facción do vencido Akhila, e xuntos buscaron solución á crise económica que no ano 566 conducía inexorablemente á desaparición da nación visigoda. Existe evidencia numismática de que, ao final da súa vida, o reino atopábase nunha crise financeira.

A súa tolerancia relixiosa supuxo o desconcerto da aristocracia ariana visigoda, o cal fai supor a súa conversión secreta ao catolicismo nos últimos anos da súa vida, falecendo no seu palacio de Toledo por morte natural.

Invasión bizantina

Atanaxildo: Traxectoria, Invasión bizantina, Conversión do reino suevo 
Regnum Visigothorum cara a 560.

A política expansionista do emperador Xustiniano, coñecida como Renovatio Imperii Romanorum, buscaba a reunificación dos territorios que outrora formaron parte do vello Imperio Romano. Entre os anos 533 e 563 consegue o control do Mediterráneo occidental. No verán do ano 552, coincidindo coas disputas con Akhila, prodúcese o primeiro desembarco bizantino, ocupando algunhas cidades das provincias Cartaxinense e Bética.

Xustiniano no ano 535 encargou a Belisario atacar aos ostrogodos. Invadiu Sicilia e desembarcou en Italia, onde tomou Nápoles e logo Roma no 536. Logo marchou cara ao norte e conquistou Mediolanum (Milán) e Rávena, a capital dos ostrogodos, no 540. Esta circunstancia permite liberar tropas para envialas a Hispania e así dominar unha boa parte da costa mediterránea. A escusa ben podería ser a negativa de Atanaxildo á cesión de Orospeda ou a alianza con Akhila I. Bizancio apoderouse de Cartago Nova.

Unha frota de certa importancia, organizada por Xustiniano, ameazou ao reino visigodo, desembarcando tamén en Málaga. Ambas forzas penetraron, desde distintos puntos, cara ao interior, tomando posicións preto de Baza e aliándose con Córdoba, que se mostraba rebelde ao rei visigodo.

Entre 566 e 567, Atanaxildo trata de controlar as zonas insurrectas de Sevilla, que é conquistada, e de Córdoba, cidade que non chegou a tomar.

Provincia de Spaniae

Atanaxildo: Traxectoria, Invasión bizantina, Conversión do reino suevo 

Atanaxildo e Xustiniano asinaron un tratado de paz polo que o rei visigodo recoñece a Bizancio a conquista dunha franxa de territorio que comprendía desde a desembocadura do río Guadalete até Denia, deixando para os visigodos Sevilla e arredores e o interior.

A presenza bizantina na Península cristalizou así nunha provincia imperial Spaniae con capital en Carthago Spartaria, a actual Cartaxena, baixo o mando dun magister militum Hispaniae.

Conversión do reino suevo

Durante o seu reinado mantéñense as tensións cos suevos, pobo que se converte entón de forma masiva ao catolicismo. Segundo o testemuño de Gregorio de Tours, grazas á intercesión de San Martiño de Tours, un fillo do rei Carriarico curou dunha grave enfermidade, tralo cal trouxéronse unhas reliquias do santo ao reino suevo. San Isidoro cita como primeiro rei católico a Teodomiro, contemporáneo de Atanaxildo.

Relacións cos francos

Atanaxildo: Traxectoria, Invasión bizantina, Conversión do reino suevo 
Fíbula de Castiltierra, século VI, Germanisches Nationalmuseum (Núremberg, Alemaña)

Pola súa banda, Atanaxildo cultivou boas relacións cos francos, fundamentalmente por ser a vía libre de comercio e seguridade que tiña garantida. A dous reis francos, Khilperico I de Neustria e Sixeberto I de Austrasia, deu en matrimonio ás súas dúas fillas, Galswinta e a influente Brunequilda (Brunilda Franca), respectivamente; sendo asasinada a primeira, o que orixinou unha serie de loitas. As dúas princesas eran froito do seu matrimonio coa dama goda Goswinta, quen, tras enviudar, casaría co futuro rei Leovixildo.

O Reino de Toledo

No ano 567 trasladou a súa corte de Barcelona a Toledo, que pasou a ser a definitiva capital do reino visogodo. As razóns do cambio foron varias, destacando a posición xeográfica máis próxima de calquera punto de conflito, a importancia crecente da cidade desde tempos de Teudis e fundamentalmente a maior protección ante a invasión bizantina.

Debate sucesorio

Durante cinco meses, varios candidatos postuláronse para a sucesión ao trono vacante, sendo desestimados un tras outro pola asemblea de nobres. Cando era inevitable a guerra civil, apareceu desde a Septimania un nobre chamado Liuva con propostas conciliadoras, sendo aceptado como mal menor.

Descendencia

Casou con Flavia Juliana, filla de Pedro Augusto, irmán do emperador bizantino Mauricio; con ela tivo un fillo chamado Ardabasto, que casará coa filla do rei Chindasvinto, Flavia Glasiunta, tendo como fillo ao tamén rei Ervixio.

Notas

Véxase tamén

Predecesor:
Akhila I
Rei dos visigodos
555-567
Sucesor:
Liuva I

Tags:

Atanaxildo TraxectoriaAtanaxildo Invasión bizantinaAtanaxildo Conversión do reino suevoAtanaxildo Relacións cos francosAtanaxildo O Reino de ToledoAtanaxildo Debate sucesorioAtanaxildo DescendenciaAtanaxildo NotasAtanaxildo Véxase taménAtanaxildo567Imperio BizantinoLingua góticaLingua latinaToledoVisigodos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Préstamos da lingua galegaCristina MaróFútbolTonhito de PoiTelevisión de GaliciaPontevedraParadigmas dos verbos irregulares galegosLe Sexe des étoilesANubeElastase do neutrófiloBipartito galegoCracoviaNarónNiccolò MachiavelliGoretti SanmartínMicciónGrupo Brais PintoCulleredoContactCarlo AncelottiFederico García LorcaRías de GaliciaIgnacio Rivera QuintanaRocco SiffrediAlcumeGuimarãesRodrigo CorralesRizomaFamilia CaamagnoAsunta Basterra PortoHindemburg Melão Jr.Sexo analBatalla de PedrosoIugoslaviaSinfonía n.º 9 (Beethoven)Río SilLugoA Barcia, Cacheiras, TeoRamadánFacebookLPrehistoriaRMS TitanicPilar RubioXeriónDortmundLugares das Pontes de García RodríguezFrancisco de GoyaReino UnidoPonteareasBorussia DortmundRibeiras de Lea, Castro de ReiXosé Luís Méndez FerrínRosalía de CastroIrmandade FusquenllaCádizAnimaisDe NinghuresMalmöLingua galegaBárbaroFilipe II de EspañaNiklas SüleIdade dos MetaisBugalloGuerra civil españolaAna MenaChipreSunnismoMiguel de CervantesFelaciónBaionaÁ lus do candil🡆 More