Asociación Galega De Profesionais Da Ilustración: Asociación profesional galega

Non confundir con Ácido graxo poliinsaturado.

Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
Tipoorganización
Campo de traballoilustración e deseño gráfico
Data de fundación2000
Presidente/aLaura Romero (-) Editar o valor em Wikidata
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
https://agpi.es
Facebook: AGPIlustra Twitter: _AGPI Instagram: agpilustracion Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) é unha asociación creada no ano 2000. Agrupa a ilustradores e ilustradoras de distintas xeracións e de todas as áreas da creación visual aplicada, como pode ser o deseño gráfico, a ilustración científica, a ilustración de libros etc. Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, organizan, colaborando coa Xunta de Galicia, o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Entre outros, foron protagonista deste día Reimundo Patiño, Lolita Díaz Baliño, María Antonia Dans ou Chichi Campos.

Organización

Membresía

AGPI forma parte da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) do Estado español, integrada, a data de 2023, polas asociacións de Cataluña, Galiza, Madrid, País Vasco e Valencia, e do European Illustrators Forum (EIF), que inclúe asociacións de ilustradores de toda Europa; á súa vez, a FADIP tamén é membro do EIF.

Obxectivos

Segundo a súa páxina oficial os seus obxectivos son a representación e defensa dos dereitos e intereses dos seus membros, a mellora das condicións laborais, legais e de contratación dos profesionais, facilitar formación e información para o desenvolvemento dos mesmos, acadar maior proxección e recoñecemento sociocultural para a ilustración, e a colaboración con outras asociacións, con órganos de goberno e institucións da industria cultural. Para iso achegan orientación profesional e laboral, asesoría xurídica, directorios, informes etc, e organizan diversos cursos e conferencias.

Xunta directiva

A data de 2023, formaban parte da súa directiva, entre outros, Laura Romero, Augusto Metztli, Álvaro Sempere e Iria Ribadomar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Asociación Galega De Profesionais Da Ilustración OrganizaciónAsociación Galega De Profesionais Da Ilustración NotasAsociación Galega De Profesionais Da Ilustración Véxase taménAsociación Galega De Profesionais Da IlustraciónÁcido graxo poliinsaturado

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VoleibolRibadeoLesakaLuis Mateo DíezTarragonaVladimir PutinAntonio López FerreiroEmilio Aragón BermúdezPontedeumeBélxicaCuarzoEsperantoCuruxa comúnRefraneiro galego sobre o panÁlvaro CunqueiroHarry StylesBob DylanConceyu BableMemorias dun neno labregoSlumdog MillionaireLuis Carrero BlancoNoelia ReyDe NinghuresNava CastroLeitzaO Pedrouzo, Arca, O PinoGeorgia O'KeeffeCalorRepública Democrática do CongoGrupo RompenteMario CaneiroJorge LorenzoCeleste CaeiroHans ZimmerTO comparativo galegoDepartamento de ApurímacPoesíaAlberto Núñez FeijóoArroazPanxermanismoEstanislao FiguerasSénecaOrdesYouTubeSangueOurioloPablo Iglesias TurriónFrancisco Varela OuroLugoRevolución dos CaraveisLedicia CostasGarbiñe MuguruzaMaría Xosé QueizánTrofoblasto25 de abrilSerés, Serés, CastroverdeRetorno a Tagen AtaEscáncerÑRafael NadalParadigmas dos verbos irregulares galegosConcellos de GaliciaBispoLuís SeoaneConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesBidueiroIgnacio Rivera QuintanaMártires de CarralOs vellos non deben de namorarse🡆 More