As Nogais: Concello da comarca dos Ancares, na provincia de Lugo

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela.

Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O xentilicio é nogalego.

Modelo:Xeografía políticaAs Nogais
As Nogais: Xeografía, Historia, Economía
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°49′04″N 7°05′23″O / 42.817777777778, -7.08972222222227°05′23″O / 42.817777777778, -7.0897222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalAs Nogais Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación958 (2023) Editar o valor em Wikidata (8,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie112,4 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude668 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde das Nogais Editar o valor em WikidataJesús Núñez Díaz Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais nas Nogais Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27037 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Xeografía

O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noroeste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).

As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nos contrafortes das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.

O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.

Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.

Poboación

Censo total 1.191 (2015)
Menores de 15 anos 80 (6.72 %)
Entre 15 e 64 anos 649 (54.49 %)
Maiores de 65 anos 462 (38.79 %)
As Nogais: Xeografía, Historia, Economía

Historia

As Nogais: Xeografía, Historia, Economía 
Autovía A-6 ao seu paso por Noceda.

Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.

O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.

Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir os carlistas.

Até 1916 recibía simplemente o nome oficial de Nogales, pero nese ano pasou a ser chamado Los Nogales para distinguilo doutros concellos de España (Nogales de Badaxoz).

Da parroquia de Doncos foron naturais Balbino Santín Aira, de Sebrás e asasinado no campo de concentración nazi de Mauthausen o 10 de decembro de 1941 e Lisardo Freijo, nado en Doncos, e coñecido como Tenente Freixo ou Teniente Freijo, militar republicano primeiro, guerrilleiro antifranquista despois e morto o 26 de xuño de 1946 nun enfrontamento coa Garda Civil.

Economía

A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.

Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.

Galería de imaxes

Lugares das Nogais

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias das Nogais

A Alence (Santa Lucía) | Doncos (Santiago) | Noceda (San Xoán) | As Nogais (Santa María Madanela) | Nullán (San Cosmede) | Quintá (San Pedro) | Santo André (Santo André) | Torés (San Xoán) | Vilaicente (San Xoán)


Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


As Nogais: Xeografía, Historia, Economía 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

As Nogais XeografíaAs Nogais HistoriaAs Nogais EconomíaAs Nogais Galería de imaxesAs Nogais Lugares das NogaisAs Nogais ParroquiasAs Nogais NotasAs Nogais Véxase taménAs Nogais20032004200520062015BecerreáCervantesComarca dos AncaresIGEPedrafita do CebreiroProvincia de LugoTriacastelaXentiliciowikt:nogalego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jacques-Louis DavidNós (revista)SikhCarqueixaCervantesDeportivo da CoruñaGotemburgoIn My Head (canción de Jason Derulo)ComunistaSylvester StalloneDitaduraGustave MoreauCarlismoSergio DalmaPosición do canAgora RepúblicasOurenseLiam NeesonMaría do Socorro Ortega RomeroArturo Fernández (xornalista)TwitterRosalía de CastroForzas armadasO PortughésPartido políticoUNVIAlaine AgirreTorre EiffelDe catro a catroSulfato de cobre (II)MandiocaRocco SiffrediPediastrumNacionalismoDaniel de la SotaÁreas lingüísticas do galegoVirusPosición aconchegadaElectronic Numerical Integrator And ComputerAustraliaEster ExpósitoChile (pemento)MalariaTeixugoBloque Nacionalista GalegoCapela SistinaUS AirwaysCastro de Punta do BicoWilliam Marks SimpsonRosalía (cantante)AzorBenito KamelasNew DealA derradeira leición do mestreBilbaoGrupo EroskiFundación WikimediaEurocopa de FútbolFrei Basilio Río BrenllaJagoba ArrasateSupremme de LuxeAníbal MalvarCamilo José CelaMichael JacksonAlfredo GuisadoAngelina JolieFísica nuclearConnellitaFonemaReal Academia GalegaChen Shui-bianManuela Rey🡆 More