Les Arriondes é unha vila asturiana capital do concello de Parres e, ao tempo, da parroquia de Cuadroveña, sita no mesmo municipio.
En 2004 contaba cunha poboación de 2.552 habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | Parres | |||
Parroquia | Les Arriondes (en) | |||
Capital de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Les Arriondes está situada sobre unha curva que fai a confluencia dos ríos Sella e o seu afluente o Piloña. É a localidade máis importante de Parres. Dista 7 km de Cangas de Onís e 65 da capital autonómica, Oviedo.
Unha das fontes principais de Les Arriondes e do seu concello é o turismo, enfocado ao montañismo. Pero a empresa que na actualidade fornece máis emprego é un centro sanitario: o hospital comarcal ou Hospital do Oriente de Asturias.
Sen dúbida a festividade máis popular é o Descenso Internacional do Sella, que parte precisamente desde Les Arriondes, e que se celebra o primeiro domingo de agosto.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Les Arriondes, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.