Anita Roddick

Anita Lucia Roddick, DBE, nada o 23 de outubro de 1942 en Littlehampton (Sussex Occidental) e finada o 10 de setembro de 2007 en Chichester, foi unha empresaria inglesa do ramo da cosmética e tamén escritora, coñecida polo seu activismo ecoloxista.

Infotaula de personaAnita Roddick
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Littlehampton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Chichester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Hemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBath Spa University (en) Traducir
Worthing High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria , activista polos dereitos das mulleres , fundador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorThe Body Shop (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSam Roddick (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1192384 Discogs: 1437340 Editar o valor em Wikidata

Vida e formación

Naceu nunha familia de emigrantes italianos. A súa nai levaba un café e era unha apaixonada da reciclaxe. Estudou para mestra, viaxou polo mundo grazas a un traballo nas Nacións Unidas e casou en 1970 con Gordon Roddick, un mozo que lle presentara a nai. Abriron un restaurante e logo un hotel e tiveron dúas fillas. Cando ela agardaba pola segunda, separáronse por motivos laborais, e aí comezou a verdadeira carreira empresarial de Anita Roddick. Decidiu abrir unha cadea de cosméticos que fose respectuosa co contorno e que non empregase animais nas testaxes, para ter ingresos de seu. E así fundou The Body Shop, que abriu a súa primeira tenda na súa vila natal de Littlehampton en 1976.

O 14 de febreiro de 2007, un ano despois de retirarse da vida empresarial, Roddick revelou que padecía hepatite C, contraída como consecuencia dunha transfusión recibida durante o segundo parto. Como consecuencia, tamén sofre cirrose. Faleceu dunha hemorraxia cerebral.

Carreira profesional

A primeira tenda de The Body Shop tiña só 15 liñas, era pequena, e estaba situada entre dúas funerarias. O negocio funcionou rapidamente, e abriu unha segunda en só seis meses. Cando regresou o seu home do seu traballo nos Estados Unidos, entrou tamén a formar parte do negocio. En 1991, quince anos despois, a cadea tiña xa 700 tendas. En 2007, trinta anos despois, a cadea tiña 2.100 tendas en 55 países, e ofrecía uns 1.200 produtos distintos.

O 13 de decembro de 2005 o xornal National Post anunciou a retirada de Roddick do mundo das finanzas e a empresa e calculoulle unha fortuna persoal de 76 millóns de euros. Tres meses máis tarde, o 17 de marzo de 2006 anunciouse a compra de The Body Shop por parte de L'Oréal por un valor de 980 millóns de euros. Esta compra foi moi polémica, en primeiro lugar porque a cadea de cosméticos francesa si que fai testaxes sobre animais, e en segundo lugar porque forma parte do conglomerado Nestlé, que foi obxecto dunha das primeiras campañas de Roddick pola venda de leite en po aos países subdesenvolvidos.

Roddick declarara que o modelo de negocio fora produto do azar, e non dun plan excesivamente calculado. Entre os factores que destacaba está o da vaga de calor de 1976, o ano da apertura, que fixo subir a demanda de xabrón, desodorizantes e perfumes, ou a aposta case forzada pola reciclaxe: non tiñan botiños abondos para os produtos, e tiñan que reaproveitalos.

Activismo social

Ela foi mundialmente coñecida polo seu modelo de negocio, onde introduciu variábeis de sostibilidade e non agresión ao contorno. Os seus cosméticos non realizaban testaxes sobre animais e estaban elaborados con produtos naturais.

Era membro do Demos, un consello de asesores internacionais en temas de medio ambiente, e de Amnistía Internacional. Ademais, en 1990 fundou Children On The Edge, unha organización de axuda á infancia desprotexida en Europa Oriental e Asia.

Premios e condecoracións

  • 1984 - Premio Veuve Clicquot á Empresaria do Ano
  • 1988 - Orde do Imperio Británico
  • 1991 - Premio de Visión da Educación Mundial do Center for World Development
  • 1993 - Premio de Medio Ambiente da Banksia Foundation, en Australia.
  • 1993 - Premio ao Triunfador medioambiental (México)
  • 1993 - Medalla da National Audubon Society
  • 1994 - Premio Botwinick de Negocios Éticos
  • 1994 - Premio de Liderado empresarial da Universidade de Míchigan
  • 1995 - Primeiro premio á muller poderosa do Women's Business Development Center
  • 1996 - Premio de liderado do Women's Center
  • 1996 - Premio ao Triunfo da Gleitsman Foundation
  • 1997 - Premio de honra Ollos medioambientais do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente
  • 1999 - Premio británico de Medio Ambiente e Medios de comunicación
  • 1999 - Xefe de honra do pobo Ogoni, outorgado polo Movemento para a Sobrevivencia dos Ogoni, un pobo nixeriano.
  • 2001 - Premio Muller de Paz da International Peace Prayer Day Organisation
  • 2003 - Dama do Imperio Británico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Roddick, Anita - The Body Shop Book - Macdonald, 1985
  • Roddick, Anita - Mamatoto: the Body Shop Celebration of Birth - Virago, 1991
  • Roddick, Anita - Troubled Water: Saints, Sinners, Truth and Lies about the Global Water Crisis - Anita Roddick Books, 2004
  • Roddick, Anita - Business as Unusual - Anita Roddick Books, 2005

Ligazóns externas

Tags:

Anita Roddick Vida e formaciónAnita Roddick Carreira profesionalAnita Roddick Activismo socialAnita Roddick Premios e condecoraciónsAnita Roddick NotasAnita Roddick Véxase taménAnita Roddick10 de setembro1942200723 de outubroCosméticaEcoloxíaInglaterraOrde do Imperio BritánicoSussex Occidental

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Agora RepúblicasTrondheimEdward R. MurrowCorpo cetónicoDólar estadounidenseAmancio OrtegaCarballeda de ValdeorrasPremios Mestre MateoDía das Letras GalegasOpisthocomus hoazinCentral térmica das PontesVesícula biliarLingua galegaLogroñoAmazonMosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesPessachÁcido sapiénicoCarpa comúnIsidoro de KíivBreixoJuan Carlos Rodríguez CebriánLarry BirdAirbus A220Mustela nigripesColectivizaciónSalgueiroCrimeaApp Store (iOS)Gran CanariaSongkickBananaBisonte europeoUniversidade de GranadaEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016Lingua serbiaReggio de CalabriaPlovdivWilliams Grand Prix EngineeringBadalonaCarlos GardelTangoJake GyllenhaalAnxiospermasRakel WinchesterSanta Lucía, CaribeFusión do ADNCangrexo comúnSarcopterygiiRaquel AtanesSueciaBatoideaPolpa dentariaArco de TitoTAG HeuerDonicelaWikipedia en waray-warayMundial de Fútbol de 2022BacaladaJosé Manuel LageLas Torres de CotillasPimpíns de DarwinRetrato de Adele Bloch-Bauer IFrancisco Porto MellaXabier DeiveMasideHistoriografíaGuitarraDacota do NorteConcepción ArenalOviedoParafiléticoMachu PicchuPorto da LúaAnte GotovinaMonforte de LemosVilamartín de Valdeorras🡆 More