Alumamento

Alumamento, alumeamento ou iluminación é a acción ou efecto de alumar, unha técnica que se relaciona co conxunto de dispositivos que se instalan co obxectivo de producir certos efectos luminosos, prácticos e decorativos.

Co alumamento preténdese conseguir un nivel de luminancia axeitado ao uso que se necesita nun espazo determinado. Este espazo dependerá da tarefa que os usuarios teñan que realizar. Dentro do ámbito relixioso, denomínase "iluminación" ao esclarecemento interior místico experimental ou racional.

Alumamento
Alumamento do platetario de Hamburgo (Alemaña) ao amencer.
Alumamento
Alumamento de árbores en Nadal.
Alumamento
Alumamento interior de teatro na Arxentina.
Alumamento
Alumamento con láser nun concerto.

Estilos de iluminación

    De manchas

Cando o decorado está escasamente alumado por unha débil luz difusa, o conxunto de manchas luminosas distribúense polas superficies e os perfís deste.

    De zonas

Créase unha serie escalonada de zonas de luz que vai de maior a menor intensidade. É unha maneira de captar a atención: créase un ambiente onde a distancia entre estas zonas percíbese mellor.

    De masas

Imita o efecto natural da luz.

Eficiencia enerxética en alumeamento

O rendemento lumínico das lámpadas incandescentes é de 10 lm/W (lúmenes por vatio). As lámpadas incandescentes halóxenas teñen un rendemento lumínico de 20 lm/W. A vida útil deste tipo de lámpadas é de 1.000 a 2.000 horas.

As lámpadas de mercurio de alta presión alcanzan un rendemento de 40 a 55 lm/W e a súa duración é de 15.000 horas; utilízanse no alumamento público ou de grandes espazos. As lámpadas de mercurio haloxenadas inclúen un aditivo de haloxenuro metálico que engade máis bandas de emisión, co cal o seu rendemento lumínico alcanza os 80 lm/W; úsanse para alumado interior ou exterior de fachadas, monumentos, etc. A súa rotura ceiba o vapor de mercurio que incrementa o risco de envelenamento por mercurio.

As lámpadas de sodio de alta presión acadan un rendemento de 100 a 120 lm/W, cunha vida de até 16.000 horas. Úsanse no alumeado público.

Os tubos fluorescentes teñen un rendemento de 60 a 80 lm/W, cunha duración de 10.000 horas. Son utilizados en alumeamento interior.

As bombillas de baixo consumo, propiamente denominadas en inglés compact fluorescent lamp (ou CFL), teñen un rendemento algo menor có dun fluorescente clásico: 55 lm/W.

Os díodos emisores de luz (ledes) teñen rendementos comúns de 55 lm/W nas súas versións máis coñecidas, mais nos últimos anos este aspecto ten sido bastante mellorado (en especial tralo desenvolvemento de ledes de alumamento de cores azul e branca) e comercialízanse con rendemento de 90 lm/W (P7) e mesmo 110 lm/W, conseguindo así un novo motivo para abrirse paso no mercado; comunmente úsanse en alumeamento de interiores, lámpadas de estudio, vitrinas, sinalización de automóbiles e en usos arquitecturais.

Tamén é relevante a eficiencia na absorción de cores polo ollo humano, pois o verde será absorbido en máis de dez veces ca o morado, xa que a eficiencia dos conos de cor ao absorber esas frecuencias é moi baixa.

Existen diversas tecnoloxías de control do alumamento: regulación de potencia, sensores de proximidade, combinación luz natural-luz artificial, dobre alumeamento e alumeamento selectivo.

Notas

Tags:

Técnica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Linguas románicasGrafenoToni AcostaIphigénie en Tauride (Gluck)Porto, PortugalDodecágonoHuniLuis García-ReyAmérica do NorteFroufe, O IrixoLipoproteína de baixa densidadeGaliciaMaría JamardoReal Academia GalegaXeoloxíaArnold SchwarzeneggerBananaSionismoVíctor DupláCaralloBaton Rouge, LuisianaIllas Virxes EstadounidensesDistritos de PortugalAparello dixestivoArroazErgocalciferolComunicación celularQuenyaProxyCristovo ColónBaltimoreGlándula suprarrenalEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Vocalización das avesNiccolò MachiavelliLista de paísesManzanedaFariseoPediastrumFalco peregrinusPadrendaMúsicaBatoideaAnimalBisonte europeoÁcido palmitoleicoKaren UhlenbeckCameloXVI dinastía exipciaLista de episodios de DoraemonDiteaTeatro de EpidauroMuxe'Judy CollinsForo (contrato)Galileo GalileiMacronBeta-oxidaciónMacedaTaurotragus oryx1801ContactPremios Mestre MateoAeroporto de Boloña-Guglielmo MarconiTartaruga xigante das GalápagosXoves SantoCondado de DalarnaAirbus A220Shin ChanCastro de San Cibrao de LasAprendizaxe en liñaAntonio BanderasClanVienaClasificación de Baltimore🡆 More