Epsilon Orionis

Epsilon Orionis (ε Orionis / ε Ori / 46 Orionis), tamén coñecida coma Alnilam é unha grande estrela azul na constelación de Orión de magnitude aparente 1.7 e a 1.340 anos luz da Terra, o nome deriva do árabe Al Nitham ou Al Nathm (O anel de perlas).

É a cuarta estrela máis luminosa de Orión. É unha das 57 estrelas usadas na navegación celestial. Nas latitudes medias, é o punto máis alto no cero arredor das 10 PM do 10 de decembro.

Epsilon Orionis
A luz de Alnilam atravesa a NG 1990. Fotografía de Glenn Youman

O seu espectro relativamente simple fíxoa útil para estudar o medio interestelar.

Está arrodeada dunha nube molecular, NGC 1990, os seus ventos estelares chegan aos 2.000 km/s, o que causa que perda masa vinte millóns de veces máis rápido có Sol.

Alnilam é unha superxigante azul que seguramente mudará en superxigante vermella e entón estourará como unha supernova: segundo os astrónomos ocorrerá dentro dun millón de anos.

Tags:

10 de decembroOrión (constelación)Terra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ácido graxo esencialEvoluciónChikungunyaAlbatros viaxeiroIsambard Kingdom BrunelFalco peregrinusSueciaEscitasPessachRafael NadalBilurico comúnParasitismoCarpa comúnAllarizDinastía MingÁreas lingüísticas do galegoPigmento biolóxicoCúpulaOcéano AtlánticoSelenaEspecieGran Premio de Abu Zabi de 2013Antigo ExiptoMarçal MolinéSevillaMundial de Fútbol de 2022Lista de episodios de DoraemonMártires de Carral28 de marzoPiñeiroAglais urticaeArroazAtaque de denegación de servizoLance StrollEdgar EndeContratoIncubación dos ovosBiston betulariaÁcido nonacosílicoTransportador mitocondrialMatrimonio entre persoas do mesmo sexoBacaladaOxalacetatoGuerra civil rusaKaren UhlenbeckAvea comúnVocalización das avesCoraciiformesPrimeira guerra mundialArtigo (gramática)José Luis GilThe Eyes of the DragonCorrente do GolfoSarcopterygiiCetoacidoseTlatoaniAustraliaAbdul KalamDeportivo da CoruñaBuchnera aphidicolaMosteiro de Santa María de OseiraChipre1789Sandra ÍnsuaFosfatidilglicerolNova ZelandiaUniversidade de WürzburgReconquista de VigoEmpalme do ARNKeanu ReevesCarles PuigdemontTerreo (xeoloxía)Amancio OrtegaDon't ask, don't tellLevantamento Kerenskii-KrasnovAeroporto de Berlín-TegelHarry Belafonte🡆 More