Alexandre Severo: Emperador romano entre 222 e 235

Alexandre Severo, nado en Arca Cesarae, Fenicia, o 1 de outubro do 208 e finado en Moguntiacum (Maguncia), Xermania, o 18 de marzo do ano 235, foi un emperador romano.

Infotaula de personaAlexandre Severo
Alexandre Severo: Traxectoria
Busto de Alexandre Severo
Nome orixinal(la) Marcus Aurelius Severus Alexandrus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 208 Editar o valor em Wikidata
Tell Arqa Editar o valor em Wikidata
Morte19 de marzo de 235 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Mogontiacum (Xermania Superior) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRoma Editar o valor em Wikidata
Alexandre Severo: Traxectoria Emperador romano
13 de marzo de 222 – 18 de marzo de 235
← HeliogábaloMaximino Tracio →
Senador romano
Alexandre Severo: Traxectoria Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSalústia Orbiana
Sulpicia Memmia
Paisvalor descoñecido, Heliogábalo e Caracalla Editar o valor em Wikidata  e Júlia Ávita Mameia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTheoclia (en) Traducir, Marcus Julius Gessius Bassianus (en) Traducir, Heliogábalo e Aurelia Antonina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 35343418 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Era fillo de Gessius Marcianus e Xulia Mamae e neto entón do fundador da dinastía severa, Septimio Severo, sobriño de Caracalla e primo e posteriormente fillo adoptivo de Heliogábalo. Foi o emperador máis xove da historia de Roma, xa que só tiña 13 anos cando foi nomeado emperador.

Nomeamento

Trala morte de Macrino, el e a súa nai foron nomeados hostes publici e comezou a súa vida pública. A súa avoa, verdadeira gobernante na sombra e promotora do nomeamento de Heliogábalo como emperador, comprendeu que os excesos deste emperador estaban a levar ós Severos por mal camiño, xa que a súa perda de popularidade entre o pobo romano, as lexións e senadores era xa patente; conseguiu que no 221 se lle concedese a virilis toga e que fose nomeado por Heliogábalo como césar e sucesor. Só dous días despois da morte do emperador foi recoñecido como emperador, dándoselle o título de pater patriae e augustus, e só uns días despois nomeou augusta á súa nai Xulia Mamae.

Pouco despois de comezar a gobernar, a súa avoa Xulia Maesa faleceu, xa anciá, no 223, e recoñécenselle honores imperiais e foi deificada. Foi a verdadeira gobernante do imperio dende a morte do seu esposo Septimio Severo.

A primeira preocupación da súa nai foi a de diferenciar claramente o seu fillo do xeito de gobernar de Heliogábalo e Caracalla, e trocou o nome de emperador por Severus Alexandrus, para identificalo mellor co fundador da dinastía. A súa educación foi esmerada e moi coidada, xa que recibiu clases de gramática, retórica, arte e leis polos mellores mestres e xuristas da súa época.

O seu Reinado

Alexandre Severo: Traxectoria 
Moeda romana dun denario a nome de Alexandre Severo

Dende a súa chegada ó poder, unha das preocupacions de Xulia Mamae e Alexandre Severo foi a de eliminar e retirar da vida publica, tanto no Senado coma no Pazo Imperial a todos aqueles que ocupaban postos oficiais nomeados caprichosamente por Heliogábalo. Despediu a orde ecuestre dos seus cargos e os supernumerarios do pazo, eliminando de paso unha forte carga o Estado, finanzas que estaban moi danadas despois de dous emperadores que non se preocuparan das mesmas. Unha das medidas máis impopulares que tomou nesta liña, foi o baixar a soldada dos lexionarios.

Tivo bo coidado de evitar a ostentación e fixo retirar todo o ouro e xoias da súa vestimenta e incluso chegou a regular o uso das mesmas as mulleres de Roma. Tratou de eliminar a prostitución das rúas, expulsando da cidade a quen a exercía. As mulleres de mala sona non podían acudir ás recepcións do pazo nin estar na presenza da súa nai e esposa. Os eunucos, chamados por el como o terceiro sexo, foron expulsados do pazo, o seu labor estaba limitado ós baños das mulleres, e totalmente prohibido para os homes. Nos baños públicos tamén se separaron homes e mulleres, cousa permitida por Heliogábalo.

No 225, casou con Salustia Barbia Orbiana, que tiña 16 anos e era filla do senador L.Salustio Vario, pero o matrimonio durou pouco, xa que dous anos despois foi desterrada ó Líbano, ó parecer polas malas relacións coa súa sogra Xulia Mamae, que levaba moi mal o de ter outra emperatriz na corte. O pai de Orbiana foi condenado a morte no 227, xa que non soportaba as humillacións cara á súa filla, a pesar de ter sido nomeado César por Alexandre.

Ó parecer Xulia Mamae tivo declarada simpatía polos cristiáns, crenzas que lle pasou ó seu fillo, xa que non quixo ser adorado, non daba prebendas e doazóns ós templos, devolveu a pedra do Sol a Siria, os templos trocados por Heliogábalo foron devoltos a súa orixe primaria, permitiu os cimeterios cristiáns, foi tolerante con tódalas relixións e mantivo os privilexios dos xudeus. Fixo de seu o lema dos cristiáns de "non fagas ó teu próximo o que non desexas para ti" e fíxoo gravar no pazo imperial e nalgúns edificios públicos. Ó parecer tivo a idea de facer algún templo para os seguidores de Cristo e tentou de converter a este nun dos deuses do Panteón Romano, pero non foi capaz de conseguilo como lle pasara a Hadriano.

As construcións encargadas no seu tempo foron as Termas Alexandrinas, a rente das de Caracalla, que embeleceu con grandes estatuas dos emperadores divinizados. Tamén o Acueduto Alexandrina, que levaba a auga ás termas foi unha obra salientable. Outro edificio singular foi o Nynphaeum.

O Final

Os conflitos bélicos máis importantes foron contra dos Sasánidas,que trocaran os partos como pobo dominador no oriente. As súas conquistas os levaron a cruzar o río Éufrates e entrar en conflito cos dominios e intereses territoriais dos romanos. No ano 231, o emperador e a súa nai trasladáronse a Oriente para dar maior pulo á loita, aínda que as operacións bélicas as deixou en mans dos xenerais. As perdas polas dúas partes foron moi grandes e os sasánidas deixaron as novas conquistas para se asentar na zona máis oriental, retirándose. Isto foi interpretado por Alexandre como unha vitoria e volveu a Roma onde fixo unha entrada triunfal no 233. Pronto a súa presenza foi de novo necesaria no oeste, ao longo do río Rin, onde as tribos xermanas se soliviantaran despois da retirada das tropas levadas a loitar contra dos sasánidas.

O emperador e súa nai desprazáronse deica Moguntiacum (Maguncia), onde os xenerais fixeran unha ponte de barcas e tiñan todo preparado para unha grande ofensiva e rematar co problema xermano dunha vez, pero Alexandre Severo tomou a decisión de negociar cos bárbaros. O exército considerou isto como unha grande humillación, prodúcese unha rebelión e Alexandre Severo e a súa nai Xulia Mamae son asasinados. Alexandre Severo tiña 26 anos e a metade da súa vida fora emperador,

O Senado deificouno e concedeulle unha tumba grandiosa en Roma, dándolle un día festivo co seu nome e outro en honor da súa nai. Conseguira, guiado pola súa nai, devolver a dignidade á casa imperial e ó estado. Con el remata tamén a Dinastía Severa.

Imperio Romano

Segue a:
Heliogábalo
Alexandre Severo
Precede a:
Maximino Tracio
Severos

Tags:

Alexandre Severo TraxectoriaAlexandre Severo1 de outubro18 de marzo208235MagunciaXermania Magna

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Queiroa52008BidueiroDemocracia GalegaLiexaTuberculoseJosé Cornide SaavedraYouTubeAxoloteLabirintos de pedra na Illa Bolshoi ZayatskyItaliaGueixaAs Cruces, SobradoJosé Manuel Baltar BlancoFausto CercignaniPsicoloxíaBox Office MojoRamón Otero PedrayoXabier DíazAlfonso ZarauzaUnión Deportiva LanzaroteDécimas ao Apóstolo SantiagoOutonín, San Cristovo de Lóuzara, SamosLoureiro27 de marzoSaramagoPortugalAlemañaElisa LoncónPenerbosa, Negrelos, RodeiroGrupo Nós1Celestino Fernández de la VegaMoecheMartiño de DumioCasa de AndradeDManuel FragaLista de voces dos animaisAndrea Maceiras1961MadeiraEstados membros da Unión EuropeaMoinanteCoalición PopularChairaFestas MinervaisSegunda guerra mundialISBNSoajoMarcial SuárezCentro público integradoXogos popularesCacheiras, TeoEleccións municipais en ArteixoXacioEvento MiyakeContactOuroThomas K. DeLoreyPedro ChoscoMario ObreroAnxo QuintanaPorscheMaría Antonieta de AustriaBasilio CegarraXosé Antonio TouriñánCartas dos indios CamarõesCanadáEl Correo GallegoMichael JacksonGloteCañita BravaBoiro NovoRaposo comúnJosefina Ling Ling🡆 More