Alexandra Jiménez: Actriz española

Alexandra Jiménez Arrechea, nada en Zaragoza o 4 de xaneiro de 1980, é unha actriz de cine e televisión española.

Infotaula de personaAlexandra Jiménez
Alexandra Jiménez: Biografía, Filmografía, Teatro
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alexandra Jiménez Arrechea Editar o valor em Wikidata
4 de xaneiro de 1980 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,64 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLuis Rallo
Premios

IMDB: nm1411610 Allocine: 165300 Allmovie: p640189 Editar o valor em Wikidata

Biografía

Alexandra naceu en Zaragoza, o 4 de xaneiro de 1980. Vivía no barrio de La Romareda aínda que máis tarde os seus pais decidiron mudarse a Utebo, unha zona máis tranquila preto do campo. Empezou desde moi nova a estudar ballet no Estudio de Danza María de Ávila de Zaragoza e no Real Conservatorio Profesional de Danza de Zaragoza seguindo os pasos da súa irmá, á vez que estudaba no colexio aínda que o facía a maior parte do tempo a distancia. Chegou a ser bailarina profesional aos 15 anos, estivo traballando en Cuba pero unha lesión no pé dereito fíxolle reformularse o seu futuro e enfocalo á arte dramática, algo que sempre quixera facer ata antes de ser bailarina.

Cursou o seu estudos de interpretación na Escola Superior de Artes e Espectáculos TAI de Madrid, empezando xa a compaxinar no segundo curso a súa formación con algunha intervención en series televisivas como Periodistas, Policías, en el corazón de la calle, ou Compañeros.

No entanto, o papel que a fará coñecida para o público é o de África, a sufrida compañeira de Raúl (Alejo Sauras) e amiga de Eva (Verónica Sánchez) na serie de televisión Los Serrano. O seu personaxe foi gañando protagonismo co paso dos capítulos, especialmente trala marcha de Verónica Sánchez e Fran Perea, o que lle valeu unha candidatura ao Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria na categoría de televisión.

Despois é coñecida polo seu papel protagonista na serie de televisión La pecera de Eva, nela comparte escenario con actores como Joel Bosqued ou Ana del Rey.

En setembro de 2011 comezou a serie Cheers, na que participa facendo de Rebeca Santaolalla, onde comparte pantalla con Antonio Resines e Alberto San Juan. O público non acolleu con bo pé a copia que se lle fixo á mítica serie e esta recibiu numerosas críticas por posuír un humor 'predicible'. A serie cancelouse a principios do 2012.

En febreiro de 2012 estrea a película Promoción fantasma, dirixida por Javier Ruiz Caldera. Unha comedia entretida e moi divertida. Ela é Tina, a directora dun instituto habitado por 5 pantasmas, entre eles Andrea Duro, Jaime Olías ou Anna Castillo; e terá a sorte de atopar a Modesto (Raúl Arévalo) para axudala a que o instituto siga adiante. A película conta tamén coa participación de Carlos Areces, Silvia Abril ou Joaquín Reyes entre outros.

En agosto de 2012 Alexandra participou na serie Frágiles de Telecinco, que encabeza Santi Millán, un fisioterapeuta que intentará resolver os problemas dos seus pacientes.

En xaneiro de 2013 comeza a serie Familia en Telecinco, unha comedia familiar na que ten un papel protagonista. Ela é Carlota, a mediana de tres irmás e enfrontarase aos problemas familiares, xunto a outros actores como Mabel Rivera, Juana Acosta e Santiago Ramos entre outros.

Filmografía

Cine

  • La fiesta (2003), como Trini.
  • Fuera de carta (2008), como Paula.
  • Spanish Movie (2009), como Ramira.
  • No controles (2010), como Bea.
  • Promoción fantasma (2012), como Tina.
  • Casi Inocentes (2012), como Elena.
    Curtametraxes
  • Low Bat (2003), como Chica Gánster.
  • Los Anillos de Saturno (2003), como Valeria.
  • Historia de un ciudadano (2003), como Chica Pastilla.
  • Demonios de corta vista (2004), como Isabel.
  • El mono de Hamlet (2005), como Eva.
  • A Mario (2005).
  • Vámonos de aquí (2004), como Ella.
  • Por ser como eres (2010), como Mª Jesús.
  • A o B (2011).

Televisión

Teatro

  • Fin del mundo, todos al tren (Alberto Millares 2002).
  • Los menecomos (Roberto Cerdá, 2002).
  • Siete por siete (Fermín Cabal, 2003).
  • 5mujeres.com (2004).
  • Hombres, mujeres y punto (2005)
  • Un pequeño juego, sin consecuencias (José Luis Alonso de Santos, 2006).
  • La fierecilla domada de Shakespeare (2009).

Véxase tamén

Tags:

Alexandra Jiménez BiografíaAlexandra Jiménez FilmografíaAlexandra Jiménez TeatroAlexandra Jiménez Véxase taménAlexandra Jiménez19804 de xaneiroActrizCineEspañaTelevisiónZaragoza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de filmes con versión en galego/CCharles MansonFátima PegoCarqueixaFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Camilo José CelaAngelina JolieMúsica das películas de Chano PiñeiroHerculanoSionismoEminemNoite de San Xoán (Fonoteca 92)UNVIThe WireRelación sexual humanaLas Torres de CotillasBilbaoEnsino superiorJackie ChanTarazonaElizabeth TaylorFinados en 2024Maribel VerdúRefreyIdeoloxíaDallas MavericksÁcido desoxirribonucleicoCornizóTamara CanosaSanta CombaEuropaMichael JacksonRastroChâmoa Gomes de PombeiroCervantesPosición aconchegadaXosé Ramón Fernández-OxeaDinastía ValoisIsabel Díaz AyusoPalas de ReiJosé Sueiro LópezCabana de BergantiñosRamón CabanillasDaniel BasteiroGmailHindemburg Melão Jr.PatacaSri LankaFianna FáilA CoruñaBreaking BadGalego-portuguésOurenseCongresoPolafíasVómito (grupo musical)Kanye WestCreative CommonsMalariaIslamSemana Santa de ViveiroCarcasonaBandeira de IrlandaIrene VillaCaralloJustin BieberCanle (comunicación)Chris PrattCamariñasPenélope CruzRosario Porto OrtegaDitadura do proletariadoAngkor Wat🡆 More