A Association Sportive Nancy-Lorraine, máis coñecido como Nancy, é un club de fútbol francés, da cidade de Nancy.
Foi fundado en 1910 e xoga na Ligue 2 francesa, logo de descender na tempada 2012–13.
Nancy | |||
---|---|---|---|
Nome | Association Sportive Nancy-Lorraine | ||
Fundación | 1910 | ||
Estadio | Stade Marcel Picot, Nancy, Francia | ||
Inauguración | 1926 (reaberto en 2002) | ||
Capacidade | 20 087 | ||
Presidente | Jacques Rousselot | ||
Adestrador | Jean Fernandez | ||
Liga | Ligue 2 | ||
2012-13 | 18º (Ligue 1) | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Na rede | |||
http://www.rbk.no/ | |||
| |||
A Association Sportive Nancy-Lorraine fundouse en 1910 co nome de US Frontière. En 1928 o club chámase AS Lorraine, e xa en 1967 o equipo refúndase (xa que desapareceu por problemas económicos) e cámbiase o nome polo actual.
En 1978 o equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia en cuxa final derrotou ao Niza por 1-0.
A tempada 2004/05 quedou primeiro da Ligue 2 conseguindo o ascenso á Ligue 1.
A tempada 2007/08 estiveron sempre entre os tres primeiros. Desgraciadamente no último partido, empataron, cedendo o terceiro posto ao Olympique de Marsella. Desta forma tan cruel o ASNL quedou sen posibilidades de disputar a Champions League.
Stade Marcel Picot, inaugurado o 8 de agosto de 1926 co nome de Le Parc des sports, reaberto en 2002. O estadio ten capacidade para 20 087 persoas.
Outros estadios do club: a Pépinière e stade Drouot.
Actualizado o 6 de xaneiro de 2012
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AS Nancy-Lorraine |
This article uses material from the Wikipedia Galego article AS Nancy-Lorraine, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.