Abiy Ahmed Ali (en amhárico: አብይ አህመድ አሊ, en oromo: Abiyyii Ahimad Alii, a miúdo acurtado como Abiy Ahmed ou só Abiy), nado o 15 de agosto de 1976, é un político etíope que dende o 2 de abril de 2018 é o cuarto e actual primeiro ministro de Etiopía.
Nome orixinal | (am) አብይ አህመድ አሊ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (mul) Abiy Ahmed Ali 15 de agosto de 1976 (47 anos) Beshasha (en) |
15º Primeiro ministro de Etiopía | |
2 de abril de 2018 – ← Hailemariam Desalegn (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Etiopía |
Relixión | Protestantismo |
Educación | Universidade de Addis Ababa (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de actividade | 1991 - |
Partido político | Partido da Prosperidade (pt) Organização Democrática Popular de Oromo (pt) Frente Democrática Revolucionária do Povo Etíope (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua oromo, Lingua amhárica e Lingua tigriña |
Carreira militar | |
Rango militar | tenente coronel |
Familia | |
Cónxuxe | Zinash Tayachew |
Premios
| |
Páxina web | pmo.gov.et… |
Segue sendo presidente tanto do partido Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (FDRPE) como do Partido Demócrata Oromo (PDO, que é un dos catro partidos en coalición coa Fronte Democrática). Abiy é tamén membro electo da Asemblea Parlamentaria Federal, e un membro dos comités executivos do FDRPE e do PDO.
Un antigo oficial de intelixencia militar, dende que se converteu en primeiro ministro lanzou un amplo programa de reformas políticas e económicas, mais non todas as propostas contan co apoio dos partidarios da constitución federal, ou na rexión de Tigray (onde a reforma de Abiy é considerada selectiva en contra dos tigriñas).
O 11 de outubro de 2019, anunciouse a Abiy Ahmed como gañador do Nobel da Paz "polos seus esforzos a prol da paz e da cooperación internacional e, en particular, pola súa decisiva iniciativa para resolver o conflito fronteirizo coa veciña Eritrea".
En outubro de 2021, Abiy Ahmed xurou oficialmente un segundo mandato de 5 anos.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Abiy Ahmed, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.