Uadi: Leito seco dos ríos en rexións áridas, que contén auga só na estación de choivas

Un uadi, ás veces escrito wadi, wad ou ued, é un termo de orixe árabe para referirse a un val ou a un río seco polo cal só discorre a auga na tempada de chuvias.

Uadi: Etimoloxía, Guad- e Odi- en Iberia, Características
Saguia el Hamra, preto de O Aaiún

Dito doutro xeito, é un curso intermitente de auga, carcterístico das zonas desérticas ou semidesérticas.

Etimoloxía

Wadi deriva do árabe clásico وادي wādi (plural ´adiya), que á súa vez provén da raíz semítica و د ي , relacionada con «sacar, asomar, proxectar de repente», en referencia ás súas augas. En árabe actual o termo máis común para referirse a un río estacional é, porén, shuʿaib (شعيب), xa que wādi pasoou a significar 'val', en xeral. Porén, ambos os termos póden usarse indistintamente.

Guad- e Odi- en Iberia

Uadi: Etimoloxía, Guad- e Odi- en Iberia, Características 
Uadi en Nachal Paran, no deserto de Néguev (Israel)
Uadi: Etimoloxía, Guad- e Odi- en Iberia, Características 
Wādi Musa (Xordania)

En España o nome de moitos ríos teñen a forma guad-, especialmente no sur peninsular (Guadalhorce, Guadalquivir, Guadarrama e Guadiana, entre outros); recibiron este nome durante a dominación árabe, e provén da raíz árabe común wādi "val, leito (do río)".

En Portugal configurouse como ode- ou odi- e é un prefixo común en moitos hidrónimos do sur do país: Odeleite, Odivelas, Odiana, Odemira, Odivarga, Odiáxere etc.

Especulouse moito acerca da etimoloxía do río Odiel, na provincia de Huelva; Miguel Asín Palacios e arabistas posteriores defenderon que provén de wad-, porén a evidencia demostrou que procede do latín Urium, como era coñecido na época romana.

Características

Os leitos secos ou estacionais de ríos, torrentes e arroios son típicos de todas as rexións cálidas e semiáridas ou desérticas do mundo. Hai numerosos ’āwdiya na península Arábiga, no levante mediterráneo e no norte de África. Estes leitos poden ter até máis de cen metros de anchura; xeralmente, só levan auga durante breves tempadas chuviosas —de horas, días ou como moito semanas de duración— que poden ser de periodicidade anual ou esporádicas e impredicíbeis, tanto na época do ano en que ocorren como na pluviosidade.

Nestas rexións, a escasa vexetación é xerófila, espiñenta e de lento crecemento, e está limitada ao contorno dos ’āwdiya. Se no subsolo ou na superficie destes leitos secos se almacena a auga, a vexetación pode ter un carácter máis exuberante e orixinar un tipo de oasis, aínda que a vexetación natural nestes normalmente é substituída por especies domésticas, como a datileira (Phoenix dactylifera), árbores froiteiras, hortalizas e herbas forraxeiras, ás veces plantadas por quens habitan e usufructúan o oasis.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ángel Ramos, editor (1987): "Zonas áridas" en: Diccionario de la naturaleza. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-2396-949-5.

Tags:

Uadi EtimoloxíaUadi Guad- e Odi- en IberiaUadi CaracterísticasUadi NotasUadi Véxase taménUadiAugaChuviaLingua árabeRíoVal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PortomarínAtol Bora BoraJulian AssangeCarlos III do Reino UnidoXardaArnold SchwarzeneggerWikipediaMarianneEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024FelaciónIslamMarxismoGoogle ChromeLiberdadeSantiago de CompostelaVox populiReino UnidoVichyRosendo SalvadoPosicións sexuaisForrest GumpArturo Fernández (xornalista)Galileo GalileiBermudasBaltimoreSemellanza (xeometría)Víctor DupláEnciclopediaFunción trigonométricaAngelina JolieLista de ríos de GaliciaJosé Antonio Primo de RiveraXabier DeiveEmilia Pardo BazánComunistaCarlos de Matos GomesCaliforniaCinema pornográficoMicciónOs ÁnxelesFillas de CassandraMaría do Socorro Ortega RomeroXunta de GaliciaPotaRusiaEncoro de PortodemourosCarcasonaIria SobradoPasaporte de FidxiPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteAda NegriPablo PicassoBarcelonaCornizóAscanio CondiviCatalán ribagorzanoDaniel de la TorreNordés (vento)Araceli GestidoPoloniaLiam NeesonFilipe II de EspañaIndependenciaSupremme de LuxeColocación do pronome átono en galegoPosición do canTorre EiffelMario CaneiroTrahamundaQuimera (mitoloxía)Alfonso Daniel Rodríguez Castelao🡆 More