Termigal: Servizo de consultas sobre a lingua galega

Termigal é o organismo encargado da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, de promover e levar a cabo a elaboración de recursos terminolóxicos e de garanti-la súa dispoñibilidade, e de promove-lo desenvolvemento de produtos de enxeñaría lingüística en que a terminoloxía teña unha especial incidencia .

Foi creado en 1997 mediante un convenio asinado entre a Real Academia Galega (coma autoridade académica encargada da normativización da lingua galega) e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (coma organismo competente en materia de política lingüística). Actualmente está establecido coma un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) e incluído coma unha sección da RAG, centrándose en definir a terminoloxía técnica en galego. Na actualidade está coordinado por Manuel González González e nel traballan tres bolseiros que xestionan os seguintes servizos:

  • con apoio exterior, desenvolven terminoloxía específica e sistemática para determinadas áreas de especialidade, con proxectos a longo prazo moi amplos e variados (hostalería, mundo empresarial, botánica, oficios e profesións, automoción, música);
  • resolución de consultas realizadas por teléfono ou mediante o correo electrónico, principalmente procedentes de tradutores, terminólogos ou servizos de normalización lingüística.
Termigal
Logo
Tipoorganización
Data de fundación1997
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.cirp.es/proxectos/proxecto-termigal.html
editar datos en Wikidata ]

Publicacións

Conta xa con varias publicacións, agrupadas nunha colección numerada que consiste nos seguintes volumes:

  1. Victorino Gutiérrez Aller (1998) Formulario notarial. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445322826
  2. Xoaquín Monteagudo Romero (1998) Regulamentos municipais. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445323784
  3. Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez & Xosé L. Rodríguez Villanueva (2002) Vocabulario multilingüe de acuicultura Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844533316X
  4. Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez (2000) Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445329138
  5. Edith Pazó Fernández (2005) Dicionario galego de televisión. Santiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844534062X

Previamente xa existían publicacións sen estar adscritas especificamente ó Termigal, entre as que destaca:

En colaboración con outras institucións terminolóxicas, traballáronse os seguintes temas:

Outros temas nos que se está a traballar son:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Termigal PublicaciónsTermigal NotasTermigal Véxase taménTermigal1997Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en HumanidadesLingua galegaManuel González GonzálezReal Academia GalegaTerminoloxía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Portela da CandaMetabolismoLista de episodios de Dragon Ball Z KaiEliseo Seoane Bardanca22ª edición dos Premios Mestre MateoPasaporte de FidxiAmérica do NorteMarianneLista de castelos de PortugalVilariño de ConsoAngelina JoliePartido Comunista ItalianoOviedoSionismoCaptain Fantastic (filme)Océano AtlánticoMéxicoLiberalFonte de Oliva, ValboaFilipe II de EspañaMasturbación coas mamasÁngel RodalAngkor WatMegasaCinema pornográficoFernando AlonsoEscultura barrocaRosario Porto OrtegaComarcas de GaliciaHindiQuim BarreirosCarles PuigdemontCharles MansonNicomedes Pastor DíazPartido políticoJosé Antonio Primo de RiveraRelación sexual humanaJustin BieberSindicatoReino de GaliciaCaralloGalego-portuguésRapa (serie de televisión)EnciclopediaA EstradaSanxenxoBorja Fernández Fernández (1981)Paradoxo de TeseoJackie ChanTratado internacionalAnuroLista de deuses celtasSegar's RollHeptosaSelección de fútbol do CamerúnLista de concellos de PontevedraFísica nuclearVladimir PutinPotaTopónimos célticos en GaliciaO Ézaro, DumbríaGheadaJosé SacristánLiam NeesonParroquias de GaliciaLSDManuela ReyRobert OppenheimerNacionalismoPobo triqui🡆 More