Teoría De Control

O control de procesos ou teoría de control é unha disciplina baseada na enxeñaría e as matemáticas que procura manter o estado dun proceso nun rango específico.

O estado de referencia é o valor ou o rango de valores desexado dunha ou varias variables que forman parte do proceso. Cando o proceso se desvía do estado de referencia, os controladores manipulan as entradas do proceso para corrixir a desviación. É a rama da teoría de sistemas que trata do xeito de conseguir o cambio de comportamento dun sistema por medio de accións externas.

Un exemplo

Quentar unha sala cun radiador é un proceso que ten o obxectivo de achegarse e manter unha temperatura definida. A temperatura sería a variable controlada. A temperatura desexada, por exemplo 20 °C, sería a referencia ou máis comunmente o setpoint. O estado do radiador, por exemplo o grao de apertura da válvula que permite á auga quente fluír a través do radiador, é a variable manipulada xa que é a que recibe as accións de control.

Lazo aberto

A maneira máis sinxela de levar a cabo o control da temperatura sería simplemente axustar a válvula a un grao de apertura, e polo tanto deixar pasar un caudal de auga quente fixo. Este tipo de control pode abondar se a temperatura do exterior non varía moito. Non obstante, se un día vai moito máis frío ou moito máis calor no exterior a temperatura da sala pode resultar demasiado baixa ou elevada. Este tipo de controlador chámase de lazo aberto (ou open-loop) xa que a medida da variable a controlar (a temperatura da sala) non inflúe na variable controlada (a válvula que determina o caudal de auga). Malia súa simplicidade, úsase raramente xa que non permite compensar os cambios que poden actuar na sala, como unha variación da temperatura do exterior.

Lazo pechado

Nun sistema de lazo pechado (ou closed-loop), un sensor mide o estado do sistema (a temperatura da sala) e fornece a información ao controlador, que axusta o control (a posición da válvula) para manter a sala no estado desexado (achegar a temperatura da sala á temperatura de referencia). Agora cando a temperatura exterior baixa, a diminución consecuente da temperatura da sala é medida e a posición da válvula ábrese para deixar pasar máis auga quente. A retroalimentación ou feedback permite ao controlador compensar os cambios na temperatura da sala. Este feedback representa un paradigma central no control de procesos: o control afecta o estado do sistema que, ao mesmo tempo, é medido para alterar o control.

Lazo pechado e lazo aberto

Os controladores de lazo pechado presentan as seguintes vantaxes en comparación cos de lazo aberto:

  • eliminación de perturbacións
  • posibilidade de estabilizar procesos inestables
  • sensibilidade reducida ás variacións de parámetros
  • máis eficacia para se achegar ao estado de referencia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Teoría De Control Un exemploTeoría De Control Lazo pechado e lazo abertoTeoría De Control Véxase taménTeoría De ControlEnxeñaríaMatemáticasSistemaTeoría de sistemasVariable

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveOviedoPlovdivRafael NadalGuerra civil rusaLingua galegaStephen Blair HedgesLingua inuktitutYorgos LanthimosSanta Lucía, CaribeTangoPobo galego2019AmazonÁcido láuricoRepública Krajina de SerbiaXXIII dinastía exipciaDacota do NorteFernando AlonsoOcéanoPárkinsonConcellos de GaliciaCB San Pablo BurgosDonicelaDobre hélice de ácidos nucleicosLingua samoanaCorrente do GolfoCloroformoDaniel RicciardoVilariño de ConsoÁcido esteáricoAllarizGran Premio de Australia de 2017Ruth BrownDodecágonoGotemburgoGarcía Pardiñas Vilar de FrancosÁreas lingüísticas do galegoCONCACAFÁlxebraInlativoMundial de Fútbol de 1982Ácido butíricoMarta DarribaPadrendaÉuscaroLleidaRetrato de Adele Bloch-Bauer IChadLunfardoUapitíEuropaFosfatidilglicerolAtaque de denegación de servizoProcellariidaePericarditePontevedraCabo VerdeFusión do ADNBenito KamelasLingua checaAlbatros viaxeiroÁcido fosfatídicoPonte de RandeFalco peregrinusEdicto de MilánPeixes serraEvoluciónTetrabucleAcuario (recipiente)O Canon da MedicinaGalileo GalileiBreixoRubén CelaLophiiformesMukhannathun🡆 More