Teoría Da Grande Unificación

A Teoría de Grande Unificación (TGU, ou GUT por Grand Unification Theory) é unha teoría que unifica nunha tres das catro forzas fundamentais na natureza: a forza nuclear débil, forza nuclear forte e a forza electromagnética.

A forza de gravidade non é considerada nas teorías de Grande Unificación, pero si nunha eventual Teoría do Todo (TOE), que consideraría as catro interaccións fundamentais.

Características

Como exemplos exitosos de "unificación", atópanse a demostración, por parte de Newton, de que a forza que mantén óss planetas xirando en torno ao Sol e a forza que nos mantén pegados á superficie da Terra é a mesma. Tamén Maxwell levou a cabo a unificación dos campos eléctricos e magnéticos, que ata antes da súa teoría (Teoría electromagnética de Maxwell), eran considerados fenómenos separados e diferentes.

Steven Weinberg e Abdus Salam descubriron en 1967-1968, unha teoría relativista do campo cuántico, que permitía expresar as interaccións electromagnéticas e débiles dun xeito unificado (a chamada interacción electrodébil), e que predixo feitos que logo foron comprobados experimentalmente. Logo, Howard Georgi e Sheldom Glashow desenvolveron unha teoría que achegaba novas características e corrixía algúns erros e omisións da anterior teoría. Con todo, das ecuacións desprendíase o decaemento do protón. Isto levou a algúns famosos experimentos para detectar este efecto: pero como o tempo de vida dun protón é moi longo, da orde de 1031 anos, non é posible observar a partícula o tempo abondo como para presenciar a descomposición. Por contra, quizais o efecto podería ser observado se se examinan suficientes protóns. Algúns intentos de medición coñecidos realizáronse en piscinas subterráneas (para protexer o experimento de radiacións) de grandes dimensións, nas que o decaemento do protón sería visualizado como un escintileo nunha serie de fotosensores.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

ForzaForza electromagnéticaForza nuclear forteTeoría

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RastroXosé Ramón GayosoMontederramoAnte GotovinaMySQLDedativoCancro colorrectalCarles PuigdemontChikungunyaLingua erzyaLista de concellos de OurenseParasitismoCitharus linguatulaVíctor DupláArma nuclearRaquel AtanesUapitíEdimburgoAtlanta FalconsMarjorie Emory SimpsonStoffel VandoorneRuth BrownLingua birmanaAustraliaCorrente do GolfoUniversidade de GranadaMustela nigripesFalco peregrinusResolución de ecuaciónsAsemblea Xeral de IowaBlastocistoLista de castelos de PortugalBadalonaPonte das PíasTimothée ChalametAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkAndre DrummondApp StoreCrimeaAna BucetaCinema pornográficoCuzcoPorto da LúaMundial de Fútbol de 2022Rocío JuradoCastro de BorneiroVienaFroita silvestreCastrelo do ValMartin ScorsesePili PampínAC-960PatacaPiñeiroFátima PegoOriente MedioPremios Mestre MateoBelgradoRosario Porto OrtegaSevillaEspecieCetoacidoseBrandeburgoEdicto de MilánReggaeKylian MbappéConcepción ArenalBudismoMercedes-Benz C112Ácido sapiénicoAglais urticaeFoca comúnAmhrán na bhFiannFauna de GaliciaCoelloJoe BidenLingua romanesa🡆 More