Tamara Buciuceanu, nada en Tighina o 10 de agosto de 1929 e finada en Bucarest o 15 de outubro de 2019, foi unha actriz romanesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1929 Tighina, Moldavia (pt) |
Morte | 15 de outubro de 2019 (90 anos) Bucarest, Romanía |
Causa da morte | Doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | Q71392457 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Romanía |
Educación | I. L. Caragiale National University of Theatre and Film (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1952 - |
Lingua | Lingua romanesa |
Familia | |
Irmáns | Iulia Buciuceanu (en) |
Premios | |
Buciuceanu naceu na entón capital do condado romanés de Tighina, na rexión histórica de Besarabia. Graduouse no Colexio Nacional "Spiru Haret" en Tecuci no condado de Galați . Entre 1948 e 1951 asistiu ao Instituto de Teatro "Vasile Alecsandri" de Iași e no cuarto ano pasou ao Instituto de Teatro e Cinematografía de Bucarest e alí se licenciou en 1952. Foi unha das representantes da xeración de ouro do teatro romanés, coñecida como "A dama da comedia romanesa", sendo unha das figuras lendarias do teatro de comedia. Actuou en máis de 25 películas, e foi o personaxe da profesora Isoscel da serie "Liceenii" o seu papel máis emblemático.
No teatro salientou nas obras Coana Chirița, Romeo și Julieta la început de noiembrie, Scaunele, Cumetrele, Doctor fără voie, Nepotul, Așteptând la arlechin, Domnișoara Nastasia ou Mamouret porén o seu papel máis recoñecido foi o Vică Delcă da peza Dimineață pierdută" de Gabriela Adameșteanu. Para alén da súa participación no teatro e o cinema, Tamara Buciuceanu tamén traballou arreo en televisión.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Tamara Buciuceanu, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.