Sushant Singh Rajput, nado o 21 de xaneiro de 1986 e finado o 14 de xuño de 2020, foi un actor indio.
Rajput comezou a súa carreira facendo series de televisión. O seu primeiro papel foi no drama romántico de Star Plus Kis Desh Mein Hai Meraa Dil (2008), e o seu primeiro papel televisivo protagonista na telenovela de Zee TV Pavitra Rishta (2009–2011).
Nome orixinal | (hi) सुशांत सिंह राजपूत |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1986 Patna, India (pt) |
Morte | 14 de xuño de 2020 (34 anos) Bandorá, India (pt) |
Causa da morte | Asfíxia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India |
Relixión | Sikhismo |
Educación | Delhi Technological University (en) St. Karen's High School, Patna (en) |
Lateralidade | ambidestria (pt) |
Actividade | |
Ocupación | modelo , actor de cinema , actor de televisión , bailarín |
Período de actividade | 2008 - 2020 |
Lingua | Lingua hindi e lingua inglesa |
Familia | |
Parella | Ankita Lokhande (pt) (2010–2016) |
Cronoloxía | |
14 de xuño de 2020 | Death of Sushant Singh Rajput (pt) |
Premios
| |
|
Rajput fixo o seu debut no cinema co drama Kai Po Che! (2013), polo cal recibiu un nomeamento nos Premios Filmfare ó mellor debut (masculino). Posteriormente protagonizou a comedia romántica Shuddh Desi Romance (2013) e intrepretou o papel principal no suspense Detective Byomkesh Bakshy! (2015). As súas aparicións con mellores resultados de recadación foron o papel secundario que fixo en PK (2014), seguido polo papel principal que fixo en M.S. Dhoni: The Untold Story (2016). Pola súa interpretación neste último recibiu o seu primeiro nomeamento ó Premio Filmfare ó mellor actor. Rajput converteuse nunha estrela do cinema indio grazas a éxitos comerciais como Kedarnath (2018) e Chhichhore (2019).
Rajput morreu por suicidio no seu fogar de Bandra, Bombai en xuño de 2020, con 34 anos de idade.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sushant Singh Rajput |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Sushant Singh Rajput, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.