Susana Martín Gijón: Escritora española

Susana Martín Gijón, nada en Sevilla, no ano 1981 é unha escritora española, especialista en novelas policiais.

Infotaula de personaSusana Martín Gijón
Susana Martín Gijón: Biografía e traxectoria, Obra, Premios e recoñecementos
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela negra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina websusanamartingijon.es Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 3866244

Biografía e traxectoria

Martín Gijón licenciouse en Dereito e especializouse en relacións internacionais e dereitos humanos. Desde moi temperá idade afeccionouse á lectura e tamén a escribir algúns relatos. A súa inclinación pola novela negra chegoulle por influencia da súa nai e avoa, grandes seguidoras deste xénero.

Comezou a desenvolver a súa carreira de escritora á vez que realizaba outros traballos, como Directora Xeral do Instituto da Mocidade de Estremadura, cargo que ocupou entre 2007 e 2011, ou Presidenta do Comité contra o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia.

Colabora en plataformas nacionais e internacionais como a Asociación pola Igualdade de Xénero na Cultura, Clásicas e Modernas e a Rede de Mulleres Novas Africanas e Españolas.

Participou como xurado en diversos certames e concursos literarios como o de microrrelatos Alza a túa voz contra trata de mulleres e nenas, Ti tamén tes algo que dicir contra a violencia de xénero e no certame literario para persoas maiores, Experiencia e Vida ou o de Mulleres e Libros.

Despois de varios anos formando parte da directiva da Asociación de Escritores Estremeños, foi elixida presidenta en decembro de 2019, cargo que ocupou durante dous anos.

As creacións de Martín Xixón narran historias e tamén retratan a súa mirada particular do mundo, denunciando algunhas inxustizas e pon o acento no que considera que o merece.

É autora da saga policial Más que cuerpos, que se iniciou en 2013 coa novela titulada co mesmo nome, cuxa trama se desenvolve en Estremadura, con saltos ao pasado en Francia e a antiga Iugoslavia. Nesta primeira novela nos presenta a Annika Kaunda, a protagonista da saga, policía de orixe namibio e especialista en temas de xénero que dará cunha rede criminal de tráfico de mulleres con fins de explotación sexual, así como cun caso de violencia de xénero nunha parella xove. Outros moitos temas están presentes: homosexualidade e bisexualidad, amizade, a morte, o exilio e o trato que tiveron os españois que cruzaron a fronteira dos Pireneos ou a industria farmacéutica.

A serie continúa en 2014 con Desde la eternidad, na que Annika Kaunda traballa en Mérida, onde terá que investigar varios crimes que a levarán por varias cidades con ruínas romanas.Dous anos despois, en 2016, publicou Vino y pólvora, a terceira entrega da saga na que nos atopamos tres tramas ben separadas, cunha trama que Manuel Pecellín cualificou de trepidante, "a estrutura lembra o discurso do cine de acción. Como se encadean as fotogramas que trepidan, sucédense aquí as pasaxes múltiples que compoñen a novela, transitándose a veloz ritmo dun escenario a outro (...) Susana Martín conduce hábilmente aos lectores polas diversas tramas, urdidas con sabia distribución do suspense, até o imprevisto desenlace".

Nese mesmo ano 2016 publicáronse dúas novelas curtas nas que a metaficción xoga un papel predominante. Pensión Salamanca e Destino Gijón, situadas respectivamente no Congreso de Novela e Cine Negro de Salamanca e na Semana Negra de Xixón. Nelas, Annika Kaunda segue sendo a protagonista e debe resolver senllos crimes xunto coa propia autora, coa que vai trazando amizade sen sequera sospeitar que é a creadora das súas propias historias.

Como sinala Javier Morales, "Martín Gijón podería estar relacionada cos autores de novelas negras mediterráneas, os Camillieri, Márkaris, Andreu Martín, Eugenio Fuentes en Estremadura e o seu detective Cupido, entre outros, co eco aínda próximo de Vázquez Montalbán".

Ambientadas en lugares periféricos, centrándose especialmente en vilas e cidades da comunidade estremeña,a crítica citou a triloxía Más que cuerpos entre as dez novelas negras máis recomendadas e como exemplo dentro do xénero policial e suspense español.

Máis alá da trama policial, as súas novelas sempre levan un contido de denuncia social, tocando temas que afectan a tódalas persoas e fan reflexionar sobre as decisións a tomar.Deste xeito, no ano 2020 Martín Gijón iniciou unha nova serie policial coa publicación de Progenie, dentro da colección Negra Alfaguara da editorial Penguin Random House. Esta saga ten como escenario principal Sevilla e a súa protagonista é Camino Vargas, xefa accidental do Grupo de Homicidios da cidade. Progenie vendeu máis de vinte mil copias no seu primeiro ano de publicación e foi nomeada a varios premios de novela policial.A saga continuou con Especie e Planeta, as dúas novelas publicadas cun ano de diferenza e coa temática do cambio climático, o benestar animal, as adiccións e a igualdade dos sexos.

Obra

  • Más que cuerpos. Sevilla, Anantes, 2013.
  • Desde la eternidad. Sevilla, Anantes, 2014.
  • Náufragos, finalista del Premio Felipe Trigo y del Premio La Trama. Badaxoz, Editora Regional de Extremadura, 2015.
  • Vino y pólvora. Sevilla, Anantes, 2016.
  • Pensión Salamanca. Sevilla, Anantes, 2016.
  • Destino Gijón. Sevilla, Anantes, 2016.
  • Expediente Medellín. Sevilla, Anantes, 2017.
  • Progenie, Barcelona, Alfaguara, 2020.
  • Especie, Barcelona, Alfaguara, 2021.
  • Planeta, Barcelona, Alfaguara, 2021.

Premios e recoñecementos

  • 2021: Premio Avuelapluma das Letras.
  • 2018: Premio Cubelles Noir á mellor novela negra escrita en castelán pola Expediente Medellín.
  • 2016: Segundo Premio do Certame de Relatos Policiales de Granada Noir, co relato Confesiones.
  • 2016: Primeiro premio no Certame de Relatos pola Igualdade do Círculo de Belas Artes de Tenerife, co relato Un día en mi mundo al revés.
  • 2014: Finalista Certame Literario Felipe Trigo XXXIV edición.

A obra de Martín Gijón está presente en diferentes publicacións, comunicacións de congresos universitarios, artigos de publicacións académicas, etc que abordan o seu traballo. No libro Spanish and Latin American Women’s Crime Fiction in the New Millennium. From Noir to Gris, inclúese o capítulo Female Victims, Heroines, and Law Enforcers: The Polyphony of Identities in Susana Martín Gijón’s Novels escrito por Eva París-Huesca, adicado a escritora.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial de Susana Martín Gijón.

Tags:

Susana Martín Gijón Biografía e traxectoriaSusana Martín Gijón ObraSusana Martín Gijón Premios e recoñecementosSusana Martín Gijón NotasSusana Martín Gijón Véxase taménSusana Martín Gijón1981Escritor, escritoraEspañaSevilla

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

HermisendeNapoleón I de FranciaCarmen MéndezNoruegaAldaoladoPeer-to-peerEstrella GaliciaOTANCarlos García BayónLingua galegaMalvares de MoscosoMéxico26 de abrilSeverino Barros de LisVivir sin permisoRaquel AtanesMustafa Kemal AtatürkReal Federación Española de FútbolGuillermo del ToroShan TaoMarraxoLista de concellos da CoruñaPMiley CyrusJosé CoronadoXurxo GonzálezJosé Antonio Rueda CrespoSoledad PenaltaDiáspora galegaNervoJennifer LopezSara Vila AlonsoOs vellos non deben de namorarseIasir ArafatGalipediaIsabel Feodorovna RomanovaVerbos galegos facer, dicir e haberFernando EstesoCarl Theodor DreyerEmilio Aragón ÁlvarezMarta DahlgrenDiego Rivas RegoLobernoCatedral de Santiago de CompostelaCarlos III do Reino UnidoAndorraFebreiroLeninSistema solarJorge PeteiroOs ÁnxelesIsidoro de SevillaCouselo (planta)ZendayaO Amenedo, Grixalba, SobradoEva CárdenasHoliXabier DeiveBeatriz MatoTeresa García-SabellCarrie (filme)BóvedaAltriCidade da Cultura de GaliciaTito AsoreyMondraPortadaAlberto Núñez FeijóoSegunda guerra mundialCantanteMarta DoviroPartido Comunista dos Traballadores de EspañaTonhito de Poi🡆 More