Simplesiomorfía

En cladística, unha simplesiomorfía (algúns escriben sinapomorfia) ou estado de carácter simplesiomórfico, é un trazo ou carácter compartido por dous taxons emparentados, cando este coincide co carácter presente no antepasado común de ambos.

É dicir, cando o carácter representa o estado ancestral.

Simplesiomorfía
Cinco dedos na extremidade anterior dun lagarto.

Etimoloxía

O termo simplesiomorfía foi introducido en 1950 polo entomologo alemán Willi Hennig.

Está formado polos elementos sim-, -plesio- e -morfía, tirados das voces do grego antigo σύν, sýn, 'xuntos'; πλησίος, plēsíos, 'veciño', e μορφή morphḗ, 'forma'.

Exemplo

Un exemplo de simplesiomorfía é a posesión de cinco dedos por moitos vertebrados tetrápodos (pentadactilia), para os que representa o estado ancestral. En moitos grupos adaptacións específicas reduciron o seu número, pero a man humana comparte este carácter con, por exemplo, os lagartos.

Simplesiomorfía e monofiletismo

Porén, as simplesiomorfías non son unha indicación de que os taxons sexan considerados máis estreitamente relacionados entre si que cos taxons máis distantes, aínda que todos compartan o estado do carácter máis ancestral.

Na sistemática cladística deféndese que os grupos ou taxons non poden basearse en simplesiomorfías, senón que deben facelo en sinapomorfías. Pero na sistemática evolutiva clásica admítense tamén grupos parafiléticos, que non cumpren estritamente esta condición.

Polo tanto, a presenza de cinco dedos nas extremidades non permite funbdamentar a monofilia dun grupo constituído, por exemplo, polos primates e os crocodilos, por tratarse dunha mera simplesiomorfía, igual que a posesión dunha epiderme ciliada en todos os platihelmintos de vida libre, non fundamenta a monofilia do taxon dos turbelarios cos platihelmintos parasitos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Tudge, Colin (2000): The Variety of Life. Oxford (UK): Oxford University Press. ISBN 0-19-860426-2.

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Funk, D. J. & Omland, K. E. (2003): "Species-level paraphyly and polyphyly: Frequency, cause and consequences, with insights from animal mitochondrial DNA". Annu. Rev. Ecol. Evol. Syst. 34: 397–423. Artigo en PDF Consultado o 25/03/2017.

Tags:

Simplesiomorfía EtimoloxíaSimplesiomorfía ExemploSimplesiomorfía e monofiletismoSimplesiomorfía NotasSimplesiomorfía Véxase taménSimplesiomorfíaAntepasado comúnCladísticaTaxonTrazo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XestaHard GZApril AshleyGuerra da Tripla AlianzaAna RomaníEncoro do EumeKurdistánXosé María Álvarez BlázquezJosé CoronadoFMelania CruzEva MejutoBelén RegueiraXosé Luís BernalMontsiàTaiwánErros e TánatosIdade MediaLista de episodios de O detective ConanEuroLimoeiroSan Miguel de Presqueiras, ForcareiNadalFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaSingapurMinisterio de Sanidade de EspañaFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaRebentaboisRamón CabanillasIraqMaioMarga PazosMembrana de ReissnerCamiño de SantiagoEduardo Sanches MaragotoLista das aves de GaliciaXentilicioLingua polacaPatacas frixidasVerbos galegos ser, estar e irIsmael RamosBidueiroLista de monarcas de GaliciaAuto de feCachenaMucha e NuchaMaría VázquezLingua francesaMaría KodamaFroila VermúdezFútbol americanoJosé Luis Sanmartín MatoApollo 11BubelaTrasnoRicardo Varela SánchezPolígono79Caixa de HockettGolfiño comúnKLabios (xenitais)Elvis PresleyMike TaylorTrazaDía das Letras GalegasNarónLugoLista de xentilicios de concellos galegosCalendario gregorianoDígocho euJacobo BucetaDaniel de la TorreGrecia antiga🡆 More