O Santiago de Compostela Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2005 en Santiago de Compostela, e un dos dous principais da cidade.
Na actualidade non conta con equipo sénior, só fútbol base.
Santiago de Compostela | |||
---|---|---|---|
Nome | Santiago de Compostela Club de Fútbol | ||
Fundación | 2005 | ||
Estadio | Santa Isabel, Santiago de Compostela, Galicia | ||
Presidente | Antonio Álvarez Ferreiro | ||
Adestrador | Tono Ínsua | ||
Liga | Non compite | ||
2011-12 | 17º | ||
Patrocinador | Gerlo (máquinas expendedoras) | ||
| |||
Ten as súas orixes no equipo do CD Santiago Sar, que naceu en 2004 de dous equipos locais, o Rosalía e o AD Colexiata do Sar. Foi o Santiago Sar quen conseguiu o ascenso en 2004-05 á Preferente, categoría onde se mantivo o seu sucesor o Santiago de Compostela ata a tempada 2011-12. Na tempada 2012-13 o club deixa de participar en categoría sénior e mantén só equipos nas categorías inferiores, salientando nesa tempada a participación do equipo xuvenil na División de Honra.
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2005/06 | Preferente | 11º |
2006/07 | Preferente | 11º |
2007/08 | Preferente | 13º |
2008/09 | Preferente | 6º |
2009/10 | Preferente | — |
2010/11 | Preferente | 7º |
2011/12 | Preferente | 17º |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Santiago de Compostela Club de Fútbol, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.