Rory Gallagher (2 de marzo de 1948, Ballyshannon, Irlanda-14 de xuño de 1995, Londres, Inglaterra) foi un músico, compositor e produtor irlandés de blues rock, rhythm and blues e rock, coñecido mundialmente por ser fundador da banda Taste e pola súa exitosa carreira en solitario.
(1982) | |
Nome orixinal | (en) William Rory Gallagher |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de marzo de 1948 Ballyshannon, Irlanda (en) |
Morte | 14 de xuño de 1995 (47 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | Morte natural (Doenza infecciosa ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | cantante , mandolinista , produtor musical , guitarrista , compositor de cancións , compositor |
Período de actividade | 1963 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Blues e música tradicional |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra, Mandolina, voz e Acordeón |
Selo discográfico | Polydor Records Atlantic Records |
Páxina web | rorygallagher.com |
Debutou como guitarrista profesional aos 15 anos de idade no sexteto Fontana, pero ao pouco tempo retirouse para crear o power trio Taste en 1966. Tras lanzar os discos Taste e On the Boards, disolveu a banda por problemas entre os seus membros e iniciou a súa carreira en solitario en 1971 co disco Rory Gallagher. Durante os anos setenta alcanzou a fama en Europa grazas ás producións Deuce, Blueprint e Tattoo, cargados ao blues rock, pero cos álbums Against the Grain e Calling Card introduciuse en novos e distintos estilos musicais como o jazz, rock e hard rock.
Durante a década do oitenta publicou só tres álbums de estudio, debido aos serios problemas de saúde que derivaron dun excesivo consumo de alcol. Ademais, e a finais do decenio, desenvolveu unha severa aerofobia, contra a cal se lle recetou un forte sedante, cuxa combinación co consumo de alcol danaron de tal forma o seu fígado que tivo que ser sometido a un transplante. Con todo e tras infectarse con estafilococos (SAMR), tras varias semanas de coidados intensivos faleceu en Londres aos 47 anos de idade.
Cos anos foi considerado un dos músicos irlandeses máis influentes da historia e un dos guitarristas de blues rock máis exitosos. Ademais, até o 2013 estimouse que vendera máis de 30 millóns de discos en todo o mundo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Rory Gallagher, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.