A analepse ou flashback é un recurso narrativo consistente na anacronía duns feitos narrados, retrotraendo a narración a un tempo anterior ao da historia principal.
En diversos medios como o cinema, a literatura ou a historia, unha analepse é unha escena ou episodio que se insire para mostrar acontecementos que tiveron lugar nun momento anterior.
En psicoloxía, un flasback é un fenómeno no que alguén lembra unha experiencia pasada. O termo emprégase normalmente cando o recordo aparece involuntariamente e/ou cando é tan intenso que a persoa "revive" a experiencia (especialmente se o recordo se almacena principalmente na memoria procedural), sendo incapaz de identificalo plenamente como recordo[Cómpre referencia].
Cando se produce involuntariamente, o flashback pódese deber a unha desorde, como a PTSD (desorde de estrés postraumático), como en casos en que se lembra un trauma de guerra ou de abuso sexual, ou unha desorde de percepción alucinóxena persistente posibelmente relacionada co uso de drogas psicodélicas[Cómpre referencia].
This article uses material from the Wikipedia Galego article Analepse, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.