Raymond Queneau, nado e Le Havre o 21 de febreiro de 1903 e finado o 25 de outubro de 1976, foi un poeta e novelista francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Raymond Auguste Queneau 21 de febreiro de 1903 Le Havre, Francia |
Morte | 25 de outubro de 1976 (73 anos) 13.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de pulmón ) |
Lugar de sepultura | Juvisy-sur-Orge |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Ocupación | poeta , guionista , matemático , tradutor , dramaturgo , novelista , escritor |
Membro de | |
Movemento | Surrealismo |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Janine Kahn |
Fillos | Jean-Marie Queneau (pt) |
Premios | |
|
Graduado en 1919 en latín e grego, trasladouse a estudar na Sorbona de París, onde estudou tanto matemáticas como letras. Graduouse en filosofía e psicoloxía. Aí sentiuse atraído polo movemento surrealista. Despois dunha viaxe a Grecia en 1932, empezou a reflexionar sobre as diverxencias existentes entre as linguas faladas e as linguas escritas, diverxencia evidente no grego pero tamén no francés. Estas reflexións plasmounas en diversos artigos sobre o "neofrancés" e utilizounas nas súas novelas. Escribiu a súa primeira novela Le Chiendent, publicada en 1933.
Viviu do seu traballo como xornalista, realizando pequenos traballos, e logo, a partir de 1938, da súa colaboración coa editorial Gallimard na que foi tradutor, lector, membro do comité de lectura etc. En 1947 publicáronse os seus Exercicios de estilo (na lingua orixinal, Exercices de Style). Foi tamén o inicio das primeiras publicacións que realizou baixo o pseudónimo de Sally Mara, imitando ao Vernon Sullivan do seu amigo Boris Vian e que lle valeu diversos problemas coa censura.
Tras a liberación, frecuentou tamén os medios de Saint-Germain-des-Prés. Escribiu libretos para comedias musicais e os diálogos de diversas películas como Monsieur Ripois realizada por René Clément.
En 1950, entrou no Colexio de Patafísica e en 1951 na Academia Goncourt. Amante das ciencias, en 1948 entrou na Sociedade Matemática de Francia. Raymond Queneau sempre tentou aplicar normas aritméticas na construción das súas obras. Con motivo dun coloquio, fundou en 1960, xunto a François Le Lionnais, un grupo de investigación literaria e científica que se converteu no OuLiPo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Raymond Queneau, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.