Arka Gdynia

O Arka Gdynia é un club profesional de baloncesto polaco da cidade de Gdynia.

Actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima categoría do baloncesto polaco, así como na Euroliga. Fundado como STK Trefl Sopot en 1995, na súa curta historia conseguiu converterse nun dos mellores equipos de Polonia, así como competir nas mellores competicións internacionais europeas. O club xoga os seus partido como local no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia, pavillón con capacidade para 4.010 espectadores.

Arka Gdynia
Arka Gdynia
Información xeral
Liga PLK
Fundación 1995
Historia Trefl Sopot
(1995–1998)
Prokom Trefl Sopot
(1998–2008)
Asseco Prokom Sopot
(2008–2009)
Asseco Prokom Gdynia
(2009–2013)
Asseco Gdynia
(2013–2018)
Arka Gdynia
(2018–presente)
Cores           Amarelo, azul
Presidente Polonia Przemysław Sęczkowski
Adestrador Polonia Przemysław Frasunkiewicz
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Polonia Gdynia, Polonia
Pavillón Gdynia Sports Arena
Capacidade 5.500
Inauguración 22 de decembro de 2008
Campionatos
Liga 9 (2004−2012)
Copa 4 (2000−2001, 2006, 2008)
Supercopa 2 (2001, 2010)
assecogdynia.pl

Traxectoria

Arka Gdynia 
Filip Dylewicz.

O equipo foi fundado en 1995 co nome de STK Trefl Sopot. Dende aquela o equipo cambiou de denominación e de sedes, variando entre Sopot, Gdansk e Gdynia. O mesmo ano da súa fundación ascendeu da terceira á segunda división, e na tempada seguinte ascende á primeira división polaca, é dicir, a Dominet Bank Ekstraliga.

As tres primeiras tempadas na elite foron complicadas, habendo numerosos trocos no equipo e na dirección técnica. Porén, a partir do ano 2000 chegou a época máis exitosa do club, abrindo o seu palmarés coa consecución da Copa de Polonia ese mesmo ano. Un ano despois, no 2001 chegaría o primeiro dobrete cunha nova Copa e a Supercopa de Polonia. Co adestrador Eugeniusz Kijewski chegou unha etapa de certa estabilidade. O podio na liga e unha nova Copa foron un éxito. No entanto o primeiro gran logro do club chegou na tempada 2003-04, cando acadou o seu primeiro título de Liga.

No 2003, o Prokom Trefl xogou a final da Eurochallenge. A partir daquela participou sempre na Euroliga. Na súa primeira participación na Euroliga o Prokom converteuse no primeiro equipo polaco en chegar ao top 16 (2004-05). Ese ano o equipo estaba composto por xogadores como McNaull, Zidek, Josip Vrankovic, Markovic ou Jagodnik.

Denominacións

  • STK Trefl Sopot (1995−1998)
  • Prokom Trefl Sopot (1998−2008)
  • Asseco Prokom Sopot (2008−2009)
  • Asseco Prokom Gdynia (2009−2013)
  • Asseco Gdynia (2013−2018)
  • Arka Gdynia (2018−presente)

Pavillón

Nun principio o Asseco Prokom xogaba nun pavillón situado en Sopot, mais para nos encontros da Euroliga xogaba no Hala Olivia de Gdansk. Este pavillón, inaugurado en 1972, conta cunha capacidade de 5.500 espectadores. Este pavillón foi sede do Eurobasket.

Porén, dende 2009 o Aseco Prokom xoga os seus partido coma local no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia, un pavillón deportivo situado na cidade de Gdynia. Inaugurado inaugurado o 22 de decembro de 2008 ten capacidade para 4.010 espectadores, albergando os encontros como local do equipo tanto na Polska Liga Koszykówki como na Euroliga.

Xogadores

Cadro actual

Asseco Gdynia 2014−2015
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome
P 5 !Arka Gdynia  Galdikas, Ovidijus
B 7 !Arka Gdynia  Kowalczyk, Sebastian
E 8 !Arka Gdynia  Matczak, Filip
E 10 !Arka Gdynia  Zolnierewicz, Przemyslaw
A 11 !Arka Gdynia  Radosavljevic, Lazar
A 15 !Arka Gdynia  Frasunkiewicz, Przemyslaw
AP 19 !Arka Gdynia  Szymanski, Roman
E 22 !Arka Gdynia  Walton, A. J.
AP 20 !Arka Gdynia  Szczotka, Piotr
P 41 !Arka Gdynia  Parzenski, Jakub
    Adestrador
  • Arka Gdynia  David Dedek
    Asistente(s)
  • Arka Gdynia  Roman Tymanski

    Lenda
  • (C) Capitán
  • Arka Gdynia  Lesionado

Cadro
Actualizado: 28-04-2015

Palmarés

Liga de Polonia

  • Campión (9): 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012
  • Subcampión (2): 2002, 2003

Copa de Polonia

  • Campión (4): 2000, 2001, 2006, 2008
  • Subcampión (2): 2007, 2009

Supercopa de Polonia

  • Campión (2): 2001, 2010
  • Subcampión (4): 2000, 2007, 2011, 2012

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Arka Gdynia TraxectoriaArka Gdynia PavillónArka Gdynia XogadoresArka Gdynia PalmarésArka Gdynia Véxase taménArka Gdynia1995BaloncestoEuroligaEuropaGdyniaHala Sportowo-Widowiskowa GdyniaPoloniaPolska Liga Koszykówki

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Segunda guerra mundialMomia de ManchesterRomariz, Riós, RiósLista de castelos de PortugalBlogTaylor SwiftXogos floraisProxyDiáspora galegaAsunta Basterra PortoTarragonaTeresa García-SabellO divino saineteLeninAntónio de Oliveira SalazarAna Belén FortesÁlbum de la CaridadLista de ósos do esqueleto humanoTraxe galegoGolfiño comúnArceFran AlonsoAntiga CartagoPeer-to-peerJosé López CamposBreogánDigital object identifierCarmen LovelleEspañaCastro de Punta do BicoCMaría a BalteiraProvincia da CoruñaMiss Vaca (certame)Catedral de Santiago de CompostelaCarrasco (planta)GalipediaMemorias dun neno labregoC++AsteraceaeAltriSalgueiroContactorMerloPorno suaveXunta Suprema do Reino de GaliciaChorimaPadrónPonte 25 de AbrilAbrilCharles DarwinImmanuel KantBárbara Reypxhj6O comparativo galegoAC-456Ignacio Rivera QuintanaAdolfo SuárezHarry StylesSalgueiro MaiaXosé Luís Méndez FerrínEva Iglesias MiguénsPaulino PereiroRocco SiffrediLista de episodios de Shin ChanDepartamento de ApurímacFrida KahloPaspallásXosé Manuel BeirasManuel RivasSusana FortesNacho Vegas2003🡆 More