Ponte De Lima

Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes.

Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

Modelo:Xeografía políticaPonte de Lima
Ponte De Lima
Ponte De Lima
Imaxe

Localización
 41°46′N 8°35′O / 41.77, -8.588°35′O / 41.77, -8.58
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Anais (pt) Traducir
Arca e Ponte de Lima (pt) Traducir
Arcozelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 39+
Poboación
Poboación43.498 (2011) Editar o valor em Wikidata (135,83 hab./km²)
Xeografía
Superficie320,25 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Limia Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1125 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal4990 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-pontedelima.pt Editar o valor em Wikidata
Ponte De Lima
A ponte sobre o río Limia xunto a Ponte de Lima.

É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Toponimia

O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia

A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

Ponte De Lima 
Vista de Ponte de Lima.

A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.

Freguesías

  • Anais
  • Arca
  • Arcos
  • Arcozelo
  • Ardegão
  • Bárrio
  • Beiral do Lima
  • Bertiandos
  • Boalhosa
  • Brandara
  • Cabaços
  • Cabração
  • Calheiros
  • Calvelo
  • Cepões
  • Correlhã
  • Estorãos
  • Facha
  • Feitosa
  • Fojo Lobal
  • Fontão
  • Fornelos
  • Freixo
  • Friastelas
  • Gaifar
  • Gandra
  • Gemieira
  • Gondufe
  • Labruja
  • Labrujó
  • Mato
  • Moreira do Lima
  • Navió
  • Poiares
  • Ponte de Lima
  • Queijada
  • Refóios do Lima
  • Rendufe
  • Ribeira
  • Sandiães
  • Santa Comba
  • Santa Cruz do Lima
  • Santa Maria de Rebordões
  • Seara
  • Serdedelo
  • Souto de Rebordões
  • Vilar das Almas
  • Vilar do Monte
  • Vitorino das Donas
  • Vitorino dos Piães

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ponte De Lima ToponimiaPonte De Lima HistoriaPonte De Lima FreguesíasPonte De Lima NotasPonte De Lima Véxase taménPonte De LimaDistrito de Viana do CasteloRexión Norte, PortugalRío Limia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Panteón de RomaHenrique VIII de InglaterraDaniel de la TorreSalzburgoDragon Ball ZCatalán ribagorzanoGreta ThunbergForo do bo burgo de Castro CaldelasCloroformoSindicatoLontreiraMisa (música)A morte na literatura popular galegaEdiciones AgoeiroPasadena, CaliforniaRoscón de CaldasEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024ZendayaCopa do SarAda NegriGheadaRosendo SalvadoHuelvaEivisaRamiro CarregalLucía VeigaPartido Popular de GaliciaRachel WeiszMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordMaría JamardoBetaninaCanle (comunicación)CourseraParacaídasBarcelonaCulturaAno (astronomía)Paisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteIdade MediaTorre EiffelHTML5ChantadaImperio RomanoPosición do misioneiro invertidaMosteiro de Santa María de OseiraArturo Fernández (xornalista)Lista de filmes con versión en galego/CACebadaElectronic Numerical Integrator And ComputerKanye WestMuwatallis IIXabier DíazMaldivasLista de episodios de DoraemonCatedral de Santiago de CompostelaWorld Wide WebCaralloEzio Flavio BazzoEscultura barrocaAnggunXacioAeroporto de Newark LibertyAtlético de RiveiraSantiago de CompostelaLista de concellos de PontevedraIgrexa ortodoxa coptaPedrafita do CebreiroLingua casteláMarxistaJSONJackie Chan🡆 More