Pilar Eyre Estrada, nada en Barcelona o 13 de setembro de 1951, é un novelista e periodista española de orixe galega.
Pilar Eyre na Diada de Sant Jordi 2015 en Barcelona. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1951 (72 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , xornalista , youtubeira |
Xénero artístico | Narrativa, ensaio |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Filla do pintor galego Vicente Eyre Fernández († 2008) e de Pilar Estrada Borrajo de Orosco († 1992), Pilar é a mediana de tres irmás. As súas irmás chámanse Olga e Georgina. Tras estudar Filosofía e Letras e Ciencias da Información, adicouse plenamente ao xornalismo, en primeiro lugar en prensa escrita, colaborando en diarios como Hoja del Lunes, La Vanguardia, Interviú, El Periódico de Catalunya ou El Mundo.
Posteriormente, deu o salto aos medios audiovisuais, tanto radio coma televisión. Foi a través da pequena pantalla como obtivo un maior grao de popularidade, colaborando sobre todo como analista e comentarista de crónica social. Así, dende principios da década de 1990 comezou a colaborar con Jordi González no programa La palmera (1991), que se emitía en Televisión Española. Sucesivamente, as súas aparicións como contertulia e entrevistadora habitual, inclúen os espazos La máquina de la verdad (1993), con Julián Lago, Hormigas blancas (2007), con Jorge Javier Vázquez, ¡Qué tiempo tan feliz! (2010), con María Teresa Campos e La Noria (2008-2012) de novo con Jordi González.
A súa relación coa literatura iníciase en 1985, cando publica Vips: todos los secretos de los famosos. Foi finalista do Premio Planeta 2014 coa novela Mi color favorito es verte, historia autobiográfica que conta a historia de amor de madurez dunha xornalista cun reporteiro de guerra, ao que coñece tres días antes de que este teña que partir, o seu secuestro e a busca que a periodista emprende para tratar de reencontralo.
En 2014, foi finalista do Premio Planeta e, en decembro de 2015, gañou o I Premio Joaquín Soler Serrano de Literatura.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Pilar Eyre, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.