Piero Della Francesca: Pintor italiano

Piero della Francesca, nado en Sansepolcro en 1415 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1492, foi un pintor italiano do Quattrocento.

Igual que os grandes mestres do seu tempo, Piero destacou sempre pola creatividade en relación ao pasado medieval, presentando técnicas e temáticas innovadoras como o uso da tea e da pintura ó óleo, o retrato, a representación da natureza, o nu, e, especialmente, a perspectiva e a creación do volume. No século XV, Piero della Francesca, desenvolveu unha pintura persoal e solemne, mesturando formas xeométricas e cores intensas. A súa pintura diferénciase pola utilización da xeometría espacial e abstracción.

Infotaula de personaPiero della Francesca
Piero Della Francesca: Traxectoria, Características, Obras
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1415 Editar o valor em Wikidata
Sansepolcro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de outubro de 1492 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Sansepolcro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría, pintura e matemáticas Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Arezzo
Rimini
Roma
Sansepolcro (pt) Traducir
Perugia
Florencia
Monterchi (pt) Traducir
Ferrara
Urbino Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , matemático , teórico da arte Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1427 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata - 1492 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
MovementoPrimeiro Renacemento Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAntonio di Anghiari (pt) Traducir e Domenico Veneziano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosLuca Signorelli Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: 0d726aa6-4755-4a2f-b298-f117136db4f1 Discogs: 2749778 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Coñécese pouco sobre a biografía do artista. Naceu en Borgo Santo Sepolcro, na rexión da Toscana, fillo do riquísimo comerciante de tecidos Benedetto de' Franceschi, co nome de Pietro Franceschi e polo tanto pertencía a unha das máis distinguidas familias aristocráticas da historia da Toscana e de Italia. Co nome artístico de Piero della Francesca, Pietro posibelmente estudou cos artistas de Siena, onde viviu. En 1439, traballaba con Domencio Veneziano nos frescos para o hospital de Santa Maria Nuova, en Florencia. Tamén traballou en Rimini, Roma e Ferrara, onde a súa influencia se aprecia no traballo alegórico de Cosimo Tura. Entre os seus discípulos está Melozzo da Forlì.

En Arezzo, próximo á súa cidade natal, creou o políptico Misericordia (1462?) e o fresco Resurrección (1460?), onde empregou varias perspectivas. O conxunto de frescos realizados para a capela de San Francisco de Arezzo representan A Lenda da Verdadeira Cruz (1452-59) e son os máis representativos do seu traballo. A obra incompleta A Natividade encóntrase actualmente en Londres. É da súa autoría o díptico que retrata os duques de Urbino, Frederico de Montefeltro e a súa esposa, Battista Sforza. De feito, tal obra sería, no século XX, de importancia fundamental para a aparición do cubismo, pois foi obxecto de estudos por parte de Picasso, Braque e outros, en función da construción case xeométrica dos rostros retratados. Cando comezou a ficar cego, Piero pasou a dedicarse á matemática, escribindo o tratado De prospectiva pingendi.

Características

O sentido poético da arte de Piero della Francesca exprésase no sentimento de intemporalidade transmitido pola harmonía dos tons claros e polo tratamento dado ás figuras, tratadas en volumes simples. O termo que mellor define a súa arte é "tranquilidade", o que non dispensa un tratamento técnico rigoroso. O estudo da perspectiva, especialmente, absorbeu o pintor, dedicando os últimos anos da súa vida a escribir tratados sobre matemática e perspectiva. A súa obra caracterízase por unha dignidade clásica, similar a Masaccio.

Obras

  • O Bautismo de Cristo: utiliza a paisaxe da rexión da Umbria. Orixinalmente era o panel central dun gran tríptico.
  • A Flaxelación: unha das súas máis famosas pinturas. Foi executada cando Piero visitou Urbino. Enténdese que Piero tamén era consciente das innovacións arquitectónicas da época.
  • A Natividade: unha das últimas obras de Piero.
  • A Resurrección de Cristo
  • A Historia da Santa Cruz: forma parte dunha secuencia de frescos na igrexa de San Francesco, na cidade de Arezzo. Os frescos contan a historia da "Verdadeira Cruz", a madeira que foi usada na cruz de Cristo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Piero Della Francesca TraxectoriaPiero Della Francesca CaracterísticasPiero Della Francesca ObrasPiero Della Francesca NotasPiero Della Francesca Véxase taménPiero Della Francesca12 de outubro14151492Idade MediaItaliaPerspectiva (gráfica)Pintura ó óleoQuattrocento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Accidente de ChernóbilLisboaGabriel AlénRataHGalego-portuguésCharles WhiteAC-312ÑLorenzo VarelaAC-456Falange EspañolaJavier Casqueiro22 de xulloMeteoGaliciaRoko (actriz)Música tradicional galegaLingua portuguesaTito Valdés2020Marçal MolinéXosé Carlos MorellXurxo AyánO Pedrouzo, Arca, O PinoCeleste CaeiroXabier DíazTeresa González CostaXogo da chaveMichael JacksonFelaciónArmando BlancoÁlvaro Porto DapenaFingeringVietnamPanxermanismoEnsaio (literatura)Lucie IdloutLuís Pérez BarralAna TurpinMaruxa MalloVómito (grupo musical)2003SalgueiroPobo palestinoXosé Ramón GayosoManuel Lourenzo SobralLista de ríos de GaliciaPalmaMario CaneiroSobreiraXunta Suprema do Reino de GaliciapdwqjOTANHorteláCubaRoberto Vidal Bolaño1915Xiros idiomáticos galegosAlcaldes da CoruñaItxu DíazThibaut CourtoisIbn al-AbbarCaquetáAlberto FortesBatalla das Termópilas (-480)Fran AlonsoUniversidade de Santiago de CompostelaVichelocregoMomia de ManchesterIsabel II do Reino UnidoMarcelo CaetanoCarrizo (paxaro)ParafusoVicente Risco🡆 More