Outeiro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.
Segundo o INE en 2016 tiña 5.047 habitantes (4.695 no 2006, 4.645 no 2005, 4.528 no 2004, 4.428 no 2003).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Lugo | |||
Capital | Outeiro de Rei | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.359 (2023) (39,93 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 134,2 km² | |||
Altitude | 414 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | José Pardo Lombao | |||
Eleccións municipais en Outeiro de Rei | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 27150 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 27039 | |||
Páxina web | outeiroderei.gal |
A orixe do topónimo Outeiro é o latín altarium, que é unha parte alta ou elevación do terreo.
Hai indicios no concello da existencia de poboación dende o paleolítico. Na zona de Silvarrei localizouse un bifaz de tipo Achelense. Da época megalítica (4.000-2.000 antes da era actual) hai gran número de mámoas localizadas no termo municipal como a Medorra da Pedra Dereita en Martul. Os enxovais encontrados nos monumentos funerarios consérvanse na actualidade en museos e coleccións privadas, e os gravados rupestres ou petróglifos nos seus montes, amosan a presenza dunha poboación bastante numerosa e activa.
As evidencias arqueolóxicas e os achados evidencia que a zona estivo continuamente habitado. Primeiro, pola poboación castrexa. Ningún dos castros foi escavado, Castro de Candai.
A ocupación romana chegou despois da fundación de Lugo deron o nome de Octodorum á zona pola que pasaba a vía romana XX, Braga-Astorga. A romanización chegou aos castros como o castro de Tourón ou o castelo do Picato. Construción de dúas vías que atravesaban o citado Outeiro de Rei así como a constitución dalgunha casa de campo agropecuaria ou "villae" na parroquia de Vilela u poboados sen fortificar "vici" como é o caso da actual Santa María de Cela, entón chamada Augas Celenas. En 1909 atopouse unha ara adicada ao deus Lucoubu en Sinoga (Santa Mariña), hoxe no Castelo de Santo Antón.
A época sueva supuxo a organización do territorio en condados, pasando ao denominado condado de Superata (Sobrada). A aldea de Astaríz (Caboi) era Coto Real e tiña as súas propias autoridades.
No século XV co bispo lucense Odoario viviuse o máximo esplendor. Estaba organizado en dúas xurisdicións: Sobrada de Aguiar (señorío de Pedro Freire) e Outeiro de Rei (señorío do Conde de Lemos). Outeiro de Rei era privilexio de Isabel a Católica do 1501, converteuse no berce dalgunhas das principais liñaxes nobiliarias de Galiza, entre as que destacan os Gayoso, os Montenegro ou os Aguiar. Estes construíndo os castelos-fortalezas e rematada a inestabilidade medieval do século XVI, fixeron a transformación a civil da arquitectura militar, xurdindo os pazos e casas señoriais.
A proximidade á cidade de Lugo supuxo unha concentración de casas señoriais:
En Outeiro de Rei hai vinte e sete igrexas e dez capelas, construídas a maior parte delas entre os séculos XVII e XVIII, así como un regato chamado o regato do Cepelo, que é moi querido polos veciños. Os templos de Francos, Martul e Robra son de orixe románica con modificacións posteriores mantendo pequenas construcións primitivas.
Censo total 2016 | 5.047 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 559 (11,08%) |
Entre 15 e 64 anos | 3.201 (63.47 %) |
Maiores de 65 anos | 1.283 (25,4 %) |
Evolución da poboación de Outeiro de Rei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.903 | 6.536 | 5.904 | 5.109 | 4.528 | 4.936 | 5.001 | 5.046 | 5.098 | 5.083 | 5.068 | 5.043 | 5.063 | 5.093 | 5.151 | 5.210 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
As principais industrias do concello son:
Neste municipio pódense atopar dous parques zoolóxicos: Marcelle Natureza e Avifauna.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outeiro de Rei vexa: Lugares de Outeiro de Rei.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Outeiro de Rei |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Outeiro de Rei, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.