Organismo Pluricelular

Un organismo pluricelular ou multicelular (das formas do latín plures, plura, plurium que significan varios, moitos; e cellula, diminutivo tamén latino de cella, cela, cuarto pequeno) é aquel organismo que está constituído por máis dunha célula e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares (protozoos e bacterias, entre moitos outros) que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.

Organismo Pluricelular
Nesta imaxe vese un Caenorhabditis elegans do tipo silvestre (ilumínase para observar os núcleos das súas células).

A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, posibilítase a formación de diferentes tecidos e órganos. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como as Myxobacteria, atópanse células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.

Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexenerar o organismo enteiro a partir de células xerminais, obxecto de estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo o estuda a anatomía.

Os organismos pluricelulares poden sufrir de cancro, cando falla a regulación do crecemento das células dentro do marco de desenvolvemento normal.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ProciónidosAymeric LaporteRelación sexual humanaKarim BenzemaPartido Popular de GaliciaEdiciones CardeñosoPosición do misioneiroMelideAntolín FaraldoManchester City F.C.ContactorXardaGlenn Research Center28 de marzoForrest GumpAdrián CastiñeirasHTML5RibadeoSacro Imperio Romano XermánicoOPMLPadroádego de Protección da MullerDios ke te crewMacedonia do NorteLondresCulturaRobert OppenheimerArvo PärtISBNBreaking BadGuepardoHermann Heinrich GossenArboVíctor CoyoteGoogle ChromeForo do bo burgo de Castro CaldelasCaptain Fantastic (filme)Lingua romancheTeobrominaFernão de MagalhãesTratado internacionalVolta ao País Vasco 2018GlicerolGina RodriguezUltradereitaGheadaJacques-Louis DavidVirusVox populiRosalía de CastroShakiraMarianneSaturnoManu ChaoShinovaSelección de fútbol do CamerúnPablo PicassoVacaDominio públicoBDSMListenbourgMichael JacksonAlfredo GuisadoAeroporto de Newark LibertyEncoro de PortodemourosSalgueiroHenrique DacostaGran Premio do Canadá de 2014Yan GeMesopotamia🡆 More