Olga Cristina Viaño Sánchez, nada en Ferrol en 1931 e finada o 4 de decembro de 2008 na Coruña, foi unha xornalista galega, e a primeira muller en dirixir un xornal en Galicia.
Nome orixinal | (es) Olga Cristina Viaño Sánchez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1931 Ferrol, España |
Morte | 4 de decembro de 2008 (76/77 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Ángel Padín |
Nada en Ferrol en 1931, graduouse en xornalismo na Escola Oficial de Madrid, co número dous da súa promoción[Cómpre referencia]. Obtivo o título de enfermeira pola Universidade Complutense de Madrid e realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu de profesora de inglés no instituto de Segundo Ensino Concepción Arenal da súa cidade. Nai de sete fillos, traballou en El Correo Gallego e en Radio Ferrol para seguir como delegada de El Ideal Gallego na capital departamental. Despois, trasladouse a Vitoria ao diario Norte Exprés, onde exerceu de redactora xefe.
No ano 1968 regresou a Galicia, á Coruña, para incorporarse a La Voz de Galicia, na que traballou como xefa de sección local ata setembro de 1985, cando pasou a exercer o cargo de subdirectora do diario El Ideal Gallego. En 1988 foi designada directora en funcións de devandito rotativo, sendo a primeira muller que exerceu este cargo nun diario en Galicia. Ao longo destes anos deu voz aos pseudónimos de María Branca e Antía. Colaboradora fixa na primeira etapa de Antena 3 Radio e do diario ABC, membro da F.E.P.E.T., escribe sobre temas de turismo en El Correo Gallego, así como noutras publicacións españolas. Exerceu como profesora colaboradora en áreas de Teoría da Comunicación, Análise de Motivacións e Publicidade no Centro Español de Nuevas Profesiones de Coruña.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Olga Viaño, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.