Nucleoproteína

As nucleoproteínas son proteínas que están estruturalemnte asociadas con ácidos nucleicos, xa sexan ADN ou ARN.

Son nucleoproteínas típicas as dos ribosomas, nucleosomas e as proteínas de nucleocápsides virais.

Nucleoproteína
Un nucleosoma é unha combinación de ADN + proteínas histonas.

Non hai que confundir as nucleoploteínas (asociadas a ácidos nucleicos en calquera parte da célula) coas proteínas nucleares, que son proteínas de todo tipo que se encontran no núcleo celular, non necesariamente asociadas aos ácidos nucleicos.

Estruturas

Nucleoproteína 
Sección esquemática dunha partícula do virus Ébola, coas estruturas das principais proteínas mostradas e etiquetadas á dereita.

As nucleoproteínas adoitan estar cargadas positivamente, facilitando a interacción coas cadeas de ácidos nucleicos, que están cargadas negativamente. Coñécense as estruturas terciarias e funcións biolóxicas de moitas nucleoproteínas. Técnicas importantes para determinar as estruturas das nucleoproteínas son a difracción de raios X, a resonancia magnética nuclear e a microscopía crioelectrónica.

Virus

Os xenomas de virus tanto de virus de ADN coma de ARN están apertadamente empaquetados dentro da súa cápside. Moitos virus son, por tanto, pouco máis que un conxunto organizado de nucleoproteínas cos seus sitios de unión orientados cara a dentro. As proteínas virais caracterizadas estruturalmente son as do virus da gripe A, virus da rabia, virus Ébola, virus Bunyamwera, virus Schmallenberg, virus Hazara, virus da febre hemorráxica Crimea–Congo, e virus Lassa.

Desoxirribonucleoproteínas

Unha desoxirribonucleoproteína (DNP) é un complexo de ADN e proteína. Os exemplos prototípicos son os nucleosomas, complexos nos que o ADN xenómico está envolvendo agrupacións de oito unidades de proteínas histonas nos núcleos das células eucariotas para formar a cromatina. As protaminas substitúen as histonas durante a espermatoxénese.

Funcións

As desoxirribonucleínas máis abundantes son os nucleosomas, no cal o compoñente non proteico é o ADN nuclear. As proteínas combinadas con este ADN son histonas ou protaminas. A cromatina (e os cromosomas) eucariotas están constituídos por estas nucleoproteínas. As desoxirribonucleoproteínas nestes complexos interaccionan para xerar un complexo regulatorio multiproteico no cal o ADN está enroscado, que participa na regulación da replicación e transcrición do ADN.

As desoxirribonucleoproteínas están tamén implicadas na recombinación homóloga, un proceso para a reparación do ADN que parece ser case universal. Un paso intermedio fundamental neste proceso é a interacción de múltiples copias dunha proteína recombinase cun segmento de ADN monocatenario para formar un filamento de desoxirribonucleoproteína. As recombinases empregadas neste proceso son producidas por arqueas (recombinase RadA), bacterias (recombinase RecA) e polos eucariotas, desde lévedos a humanos (recombinases Rad51 e Dmc1).

Ribonucleoproteínas

Núcleo celular co ADN tinguido de azul e a proteína nucleolina en vermello. A proteína nucleolina únese a algúns ARNm (por exemplo ao ARNm da interleucina-6). Isto protexe eses ARNm da degradación polo herpesvirus asociado ao sarcoma de Kaposi. Este complexo ARN-nucleolina é despois transportado intacto ao citosol para a súa tradución nos ribosomas para producir a proteína interleucina-6, que está implicada na resposta inmunitaria antiviral.

Unha ribonucleoproteína (RNP) é un complexo formado por un ácido ribonucleico e unha proteína de unión ao ARN. Estes complexos xogan un papel integral en varias funcións biolóxicas importantes comoa transcrición, tradución e regulación da expresión xénica e na regulación do metabolismo do ARN. Algúns exemplos de RNPs son o ribosoma, o encima telomerase, as ribonucleoproteínas da bóveda, a RNase P, a hnRNP e os RNP nucleares pequenas (snRNPs), que están implicadas no empalme do pre-ARNm (espliceosoma) e están entre os principais compoñentes do nucléolo. Algúns virus son ribonucleoproteínas simples, que conteñen só unha molécula de ARN e varias moléculas proteicas idénticas. Outras son complexos de ribonucleoproteínas e desorirribonucleoproteínas que conteñen varias proteínas e excepcionalmente máis moléculas de ácido nucleico. Actualmente poden atoparse unhas 2000 RNPs no RCSB Protein Data Bank (PDB). Ademais, a Protein-RNA Interface Data Base (PRIDB) posúe unha colección de información sobre interfaces ARN-proteína baseada en datos tomados de PDB. Algunhas características comúns das interfaces proteína-ARN foron deducidas baseándose en estruturas coñecidas. Por exemplo, a RNP dos snRNPs teñen un motivo para a unión ao ARN na súa proteína de unión ao ARN. Os residuos de aminoácidos aromáticos deste motivo orixinan interaccións de amoreamento (staking) co ARN. Os residuos de lisina na porción helicoidal das proteínas de unión ao ARN axudan a estabilizar as interaccións cos ácidos nucleicos. Esta unión do ácido nucleico é reforzada pola atracción electrostática entre as cadeas laterais de carga positiva da lisina e as negativas dos fosfatos do esqueleto do ácido nucleico. Ademais, é posible modelar RNPs por computador. Aínda que os métodos computacionais para deducir estruturas de RNP son menos precisos que os métodos experimentais, proporcionan un modelo aproximado da estrutura, que se pode usar para predicir a identidade de aminoácidos significativos e residuos de nucleótidos. Dita información axuda a comprender o funcionamento global das RNP.

Célula infectada polo virus da gripe A. As proteínas da partícula ribonucleoproteica viral, tinguidass de branco, usan un transporte por medio de endosomas para moverse máis rapidamente dentro da célula que por difusión simple.

'RNP' pode significar tamén partícula ribonucleoproteica. As partículas ribonucleoproteicas son focos intracelulares para a regulación postranscricional. Estas partículas xogan un importante papel na replicación do virus da gripe A. O xenoma do virus da gripe está composto por oito partículas ribonucleoproteicas formadas por un complexo de ARN de sentido negativo unido a unha nucleoproteína viral. Cada RNP acarrexa con el un complexo ARN polimerase. Cando a nucleoproteína se une ao ARN viral, pode expoñer as súas bases nucleotídicas, o que permite á polimerase viral transcribir o ARN. Nese momento, unha vez que o virus entra na célula hóspede estará preparado para iniciar o proceso de replicación.

Anticorpos anti-RNP

Os anticorpos anti-RNP son autoanticorpos asociados coa enfermidade mixta do tecido conxuntivo e son tamén detectados en case o 40% dos pacientes de lupus eritematoso. Dous tipos de anticorpos anti-RNP están estreitamente relacionados coa síndrome de Sjögren: SS-A (Ro) e SS-B (La). Os autoanticorpos contra snRNP denomínanse anticorpos anti-Smith e son específicos de lupus eritematoso sistémico. A presenza dun nivel significativo de anti-U1-RNP serve tamén como posible indicador de enfermidade mixta do tecido conxuntivo cando se detecta en conxunción con outros factores.

Funcións

As ribonucleoproteínas exercen un papel de protección. O ARNm nunca aparece como unha molécula de ARN libre na célula. Sempre está asociado con ribonucleoproteínas e funciona como un complexo ribonucleoproteico.

Da mesma maneira, os xenomas de virus de ARN de febra negativa nunca existen en forma de moléculas de ARN libres. As ribonucleoproteínas protexen os seus xenomas das RNases. As nucleoproteínas adoitan ser os principais antíxenos para os virus porque teñen determinantes antixénicos específicos de cepa e específicos de grupo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Proteína de unión ao ADN
  • Proteína de unión ao ARN

Ligazóns externas

Tags:

Nucleoproteína EstruturasNucleoproteína DesoxirribonucleoproteínasNucleoproteína RibonucleoproteínasNucleoproteína NotasNucleoproteína Véxase taménNucleoproteínaADNARNNucleocápsideNucleosomaProteínaRibosomaVirusÁcido nucleico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A Cure for Wellness1 de abrilPonte dos SantosPotaXosé Manuel PiñeiroMono (vestimenta)Alternativa por ArzúaDolores O'RiordanCandorcaTeixugoCastro de PrismosO PinoOurizo cachoRomaVHarry BelafonteCelso Emilio FerreiroOs AtlánticosLimoTonhito de PoiAna RomaníA homosexualidade na historiaKarim BenzemaTreixadura (grupo musical)MoinanteVigoDía da NaiMaría JamardoNoruegaLucía VeigaPerbes, MiñoLaura AñónRRulaManuel LourenzoÁngel García SeoaneChico CésarClaudio Garrido MartínezBodystockingEusebio Alonso VieitesFoliadaRibeiraManuel Lois GarcíaFontao, A TeixeiraPonteareasLugoA CoruñaAntía OteroDugongoXabaril29 de abrilJuan Fernández GarcíaSexo oralHidrografía de GaliciaO Carregal, Valadares, VigoPobo galego1María Xosé QueizánJanja Lula da SilvaSilva bravaTelevisión de GaliciaPosicións sexuaisPepe CarballudeValentín Alfonsín SomozaLorbé, Dexo, OleirosGalegoMarisol Morandeira11María GalianaFran TorresPepo SuevosIraqBioluminescenciaMércores7🡆 More