Natalie Jane Imbruglia, nada o 4 de febreiro de 1975, é unha cantante e actriz australiana.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1975 (49 anos) Sydney, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia Reino Unido |
Altura | 1,6 m |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantante , actriz de cinema , modelo , actriz de televisión , compositora de cancións , actriz , artista discográfico |
Período de actividade | 1992 - |
Partido político | Partido Liberal de Australia |
Xénero artístico | Música pop, pop rock e adult contemporary (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | RCA Records Island Records |
Familia | |
Cónxuxe | Daniel Johns (2003–2008) |
Irmáns | Laura Imbruglia (pt) |
Páxina web | natalieimbruglia.com |
|
A segunda de catro irmáns, de pai siciliano -Messina- e nai australiana, Natalie medrou na Costa Central, ao norte de Sydney. Como Jason Donovan e Kylie Minogue, tamén participou na serie de televisión Veciños (Neighbours) antes de comezar a súa carreira de cantante.
O seu primeiro single, "Tom", lanzado en 1997, acadou o número 2 nas listas inglesas, e o seu álbum Left of the Middle vendeu seis millóns de copias. O seguinte en aparecer, en 2001, foi White Lilies Island, que vendeu máis dun millón de copias. En 1999 colaborou con Tom Jones no seu disco Reload.
Imbruglia volveu actuar en 2002 nun papel secundario na parodia de espías Johnny English, xunto con Rowan Atkinson. Casou co seu noivo, Daniel Johns, cantante de Silverchair, despois dun longo período de noivado, o 31 de decembro de 2003.
En abril de 2005, Imbruglia lanzou o seu terceiro traballo de estudio, Counting Down the Days, no Reino Unido, o cal alcanzou o número un en vendas na súa primeira semana. O primeiro single deste álbum foi "Shiver". Este converteuse no seu single máis duradeiro no Reino Unido dende o seu debut. O segundo single foi "Counting Down The Days", lanzado o 25 de xullo, que a pesar de que tivo menos éxito que "Shiver", logrou manter o interese no traballo de Imbruglia.
En 2007 a súa discográfica lanza Glorious: The Singles 97-07 para celebrar o seu décimo aniversario como cantante.
O tema "Smoke" foi versionado pola banda de rock gótico alemá Dreadful Shadows, no seu disco Apology, no ano 2000.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natalie Imbruglia |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Natalie Imbruglia, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.