Museo Das Mariñas: Museo histórico e etnográfico de Betanzos e das comarcas da mariña coruñesa

8°12′36″O / 43.27884, -8.20999

O Museo das Mariñas é un museo histórico e etnográfico de Betanzos e das comarcas da mariña coruñesa. O museo atópase no antigo mosteiro de Santo Domingo de Betanzos (século XVII-XVIII), e inaugurouse en 1983. Nese mesmo edificio atópanse o Arquivo Municipal de Betanzos e a Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos.

Museo das Mariñas
Museo Das Mariñas: Historia, Exposicións, Galería
Museo das Mariñas.
PaísGaliza
CidadeBetanzos
TipoHistórico, cultural
AdministradorConcello de Betanzos
DirectorÁngel Arcay Barral
Construciónss. XVI e XVIII
Inauguración25 de febreiro de 1983
Superficie2000
editar datos en Wikidata ]

No museo edítase a publicación cultural Anuario Brigantino.

Historia

Museo Das Mariñas: Historia, Exposicións, Galería 
Ourivería Galaica no Museo das Mariñas, colección Rafael Seoane. 1 Torque de ouro, tipo asturnorgalaico. 2 Torque de ouro, tipo nordoriental galaico. 3 Torque de prata, Sobrado dos Monxes. 4 Brazalete de prata, Sobrado dos Monxes. 5 Brazalete de ouro, Astorga. 6 Brazalete de prata, Sobrado dos Monxes. 7-8 Aros de ouro, posiblemente castrexos.

O edificio foi o convento de Santo Domingo, construído entre o século XVI e XVIII. A súa inauguración como museo fíxose o 2 de xaneiro de 1983. Reinaugurado o 17 de maio de 1993 despois de ser restaurado e mellorado.

O Convento

O testamento do betanceiro Antonio González de Sosa outorgou en 1558 os seus bens á orde relixiosa de San Domingos, ou Santo Agostiño. Esa orde aproveitou ese legado e asentouse da cidade con catro confesores e un predicador, nunha "casa do hórreo" que se atopaba fóra das murallas. Esa casa e a súa capela foron o primeiro convento. En 1558 o vigairo Cristóbal de Mendoza aprobou a creación dun convento e igrexa, que deixaban atrás a antiga capela. Naquel entón eses terreos eran o chamado campo da feira de San Roque, da parroquia de Brabío. A construción do convento prolongouse anos. En 1680 estreouse o seu altar e en 1714 rematouse a torre barroca da igrexa.

En 1615 o naquel entón novo convento chegou a priorado, isto é, pasou a ter máis de doce frades. Porén, en 1821 a lei impedía conventos de menos de 20 persoas, e tivo que pechar ata o ano seguinte, cando despois de reclamacións se lle concedeu permiso para continuar como tal.

Co trienio liberal o 25 de agosto de 1835 expulsáronse os tres dominicos do convento e pechou. Ese ano perdéronse escritos e libros do arquivo e decretouse a demolición do convento. Con todo, Conde de Taboada impediu desa vez que tirasen o convento. Igualmente, en 1843 o concello quixo derrubar o edificio mais non foi adiante por falta de presuposto.

Creación do museo

Desde a marcha dos dominicos o convento empregouse para varías funcións, como a Garda Civil de Cabalería, que estivo alí ata 1981. Tamén foi sede da ensinanza secundaria cunha cátedra de debuxo ou o lugar onde se inaugurou o Teatro Alfonsetti en 1882, entre outras tantas funcións desde cinematografía a ensinanza.

En febreiro de 1983 o alcalde Vicente de la Fuente inaugurou o novo Museo das Mariñas. Porén, o edificio non se atopaba en boas condicións e o museo foi trasladado á avenida de Linares Rivas. Ao finalizar as obras en 1993 o museo foi de volta para o antigo convento. Con esa nova apertura do centro pasou a chamarse "Centro Cultural Santo Domingo" e albergou o Museo das Mariñas, a biblioteca municipal de "Castelao" e o Arquivo Municipal de Betanzos.

Exposicións

O museo está dividido en dous andares. Na planta baixa existe unha mostra de elementos etnográficos e históricos, que continúa no primeiro andar xunto a varias coleccións que ocupan diferentes salas específicas.

Na planta baixa amósanse pezas históricas que abarcan cronoloxicamente ata o medievo. Unha parte da planta mostra restos medievais varios, como sepulcros de diferentes personalidades do clero, a nobreza e o pobo de Betanzos. Destacan o posible médico Fernán Peres de Andrade (s. XIV) e a súa esposa Sancha Rodríguez, Nuno Freire de Andrade (s. XV), Andrade "O mozo" (s. XV) ou irmandiños como Afonso de Carvallido. Ao remate desta primeira planta existe unha colección de obxectos etnográficos referidos ao traballo vitivinícola na comarca betanceira, á tradición panadeira da zona ou ás diferentes tarefas que se realizaban no día a día da cidade.

Na planta baixa amósanse pezas históricas das comarcas ligadas a Betanzos. Unha parte conta coa exposición de xoias galaicas da segunda idade de ferro.

No primeiro andar atópanse máis obxectos etnográficos, relativos sobre todo ao cultivo e produción do liño, así como un importante conxunto de artefactos empregados na pesaxe e medición de mercancías na vila de Betanzos. Xunto a isto destacan as seguintes coleccións:

  • A Sala do Traxe, cun conxunto de traxes tradicionais e outros cedidos pola veciñanza, que complementan parte do depósito da vestimenta do Ballet Rey de Viana efectuado pola Deputación da Coruña.
  • A Sala do Hospital de Santo Antonio de Padua, fundado en 1674, do que se conservan as portas decoradas, as campás e un conxunto de óleos do apostolado da Escola de Rubens que proceden de Antuerpen.
  • A Sala Rafael Seoane, cun conxunto de pezas dispares deste coleccionista bergondés, onde atoparemos xoias galaicas da segunda idade de ferro, como torques e brazaletes, e varios obxectos referidos a culturas iberas ou prehispánicas.
  • O conxunto das antigas Escolas García Irmáns, ideadas polos irmáns García Naveira, e que contaba cun museo pedagóxico que agora podemos contemplar nun dos corredores do museo.
  • A Sala da Fundación Jiménez Cossío, cun conxunto de téxtiles e encaixes procedentes da familia e adquiridos nas súas viaxes.

Todo isto compleméntase con outras pezas relativas ás festas de San Roque, á política local (con exemplos como a bandeira do goberno republicano no exilio de París ou a bandeira das Irmandades da Fala de Betanzos) e tamén outros exemplos relativos á colonia betanceira en Buenos Aires, como a súa homenaxe a Daniel Rodríguez Castelao e as revistas do Rexurdimento e dos Xogos Froraes de Betanzos, que deu lugar despois ao Anuario Brigantino.

Galería

Notas

Tags:

Museo Das Mariñas HistoriaMuseo Das Mariñas ExposiciónsMuseo Das Mariñas GaleríaMuseo Das Mariñas NotasMuseo Das MariñasCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

DjalminhaMillie Bobby BrownCatherine Zeta-JonesRosario Porto OrtegaExaculaciónO Amenedo, Grixalba, SobradoLa RegiónNovialPilar AlegríaTranvía de ZaragozaBala (grupo musical)Catedral de la Seu d'UrgellTereixa NavazaEstripeiroAntonio Muñoz MolinaCristiano RonaldoJoe BidenAlexandra TargaryenHindemburg Melão Jr.Román Rodríguez GonzálezXogo da chaveRío TíberLista de nomes femininos en galegoMads MikkelsenRebeliom do InframundoCetáceosSegunda división española de fútbolRepública ChecaCaixa Rural GalegaGerardo Conde RoaLista de WikipediasDomingo García-SabellDavid PerdomoLogroñoVivir sin permisoArxentinaLoureiroBibiana FernándezSelena GomezAresNegueira de MuñizJéssica BouzasSonsoles EspinosaZendayaHard GZMikaCarmen MéndezJason StathamRúa das Rodas (Santiago de Compostela)CataluñaParadigmas dos verbos irregulares galegosFingeringLeBron JamesJosé Antonio Rueda CrespoMaría JamardoLuka ModrićJavier Arias FouzRibadeoLuís MenorKirsten DunstA CañizaMartiño NoriegaEmilio Gutiérrez CabaMelgachoCidade da Cultura de GaliciaZarracós, A MercaGuillermo VicenteHTML5BillardaErnesto ChaoClint EastwoodDios ke te crew🡆 More