Mestre De Capela

O mestre de capela (en francés: maître de chapelle, en italiano: mestre dei cappella e en alemán: Kapellmeister) é un músico de experiencia e prestixio, sempre compositor, que forma, xestiona e dirixe ó grupo de cantores e instrumentistas responsable da música sacra nos oficios das igrexas, ou da música profana nas festas cortesás.

Tanto ó grupo musical mesmo como ó lugar onde o grupo ensaiaba e recibía clase do mestre, denominábaselle en séculos pasados, sobre todo durante o Renacemento e o Barroco, capela de música, tanto se o grupo era relixioso coma se era cortesán, aínda que o primeiro foi moito máis adoito, particularmente no Renacemento. Nalgunhas catedrais e palacios, a capela de cantores podía diferenciarse da de menestreis. Esta última, a capela de menestreis, chegaba en ocasións a ter o seu propio mestre.

Mestre De Capela
Antonio Salieri (1750-1825) foi mestre de capela

Durante a Idade Media e o Renacemento, a organización gremial do traballo artístico e a súa posición na sociedade (que era a de artesán) determinaban a vida dos músicos: ingresaban de nenos como cantores (chamados seises en España, por ser ese un número frecuente de cantores infantís), quedando dende entón a disposición do mestre, co que vivían. Del aprendían canto chan, contrapunto, a tañer un instrumento (frecuentemente órgano) e quizais composición. De adultos, a súa carreira era de cantores se non perdían a voz, de organistas ou menestreis (músicos de vento) se adquiriran dominio de instrumentos, e de mestres de capela se eran os máis dotados, quen de gañar os concursos que convocaban as igrexas cando había vacantes, ou de ter suficiente prestixio como para ser reclamados por catedrais e capelas cortesás.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Lingua alemáLingua francesaLingua italianaMenestrelMúsica barrocaMúsica renacentistaMúsico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PsicoloxíaMariña Pérez ReiLaosEscola Técnica Superior de Arquitectura da CoruñaCangasMontsiàLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingJuan Miguel Diz GuedesOsloIlla de CretaLisboa2005NairaLeonarda de TalloVogais da lingua galegaLiga do PeloponesoDe catro a catroLinguas indoeuropeasRibadaviaCampo da RataRosalía de Castro59Xosé Luís Méndez FerrínMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BSuízaElopidaeLuísa VillaltaLista de monarcas de GaliciaSayenReino de CastelaBodeng sarVenresBPablo Iglesias PosseCesáreo Sánchez IglesiasO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoLuís SeoaneXosé Luís BernalEscola Universitaria Politécnica de FerrolPepe Domingo CastañoGoretti SanmartínAntonio López DíazNavarraToniña comúnGalipediaJosé Luis VergaraLista de palabras galegas de orixe celtaEduardo de Almeida NavarroMarta DacostaRafael Hernanz AnguloRebentaboisFiúnchoTelevisión de GaliciaGloteDeportivo da CoruñaLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaSuomen JääkiekkoleijonatMaría PitaOs outros feirantesAthena 2Premio Burnett Anderson MemorialXunta de Galicia54Tom HanksEncoro do EumeXavier Suárez-VenceXosé BallesterosCerámicaTrigoMoinante🡆 More