Merritt Ruhlen: Lingüista estadounidense

Merritt Ruhlen, nado o 10 de maio de 1944 en Washington, D.C., é un lingüista norteamericano.

O seu labor máis saliente está dedicado á clasificación das linguas do mundo e á evolución da Humanidade desde a perspectiva da actividade lingüística.

Infotaula de personaMerritt Ruhlen
Merritt Ruhlen: Traxectoria, Publicacións principais, Véxase tamén
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1944 Editar o valor em Wikidata
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Palo Alto, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign
Universidade Rice (pt) Traducir
Universidade Stanford
Universidade de Bucarest Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , lingüista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Interesado enLingüística Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Ruhlen estudou nas universidades de París, Illinois e Bucarest. Graduouse en 1973 na Universidade Stanford cunha disertación sobre análise morfolóxica da lingua romanesa desde un punto de vista da gramática xenerativa. Posteriormente traballou varios anos en Stanford como profesor axudante do lingüista Joseph Greenberg, co cal traballaría conxuntamente durante 35 anos, até o pasamento de Greenberg no ano 2001. Desde 1994 é profesor de Antropoloxía e Bioloxía Humana na mesma universidade. Xunto con Murray Gell-Mann e Sergej Starostin foi director do Programa de Santa Fé "Evolución da Lingua Humana". É profesor convidado da Universidade de Hong-Kong.

Labor investigador

Merritt Ruhlen foi un precursor do uso de métodos interdisciplinares para o coñecemento da Lingüística histórica, combinando a xenética humana e a arqueoloxía, o que o levou a colaborar intensamente co xenetista Luigi Luca Cavalli-Sforza e o arqueólogo Colin Renfrew. Foi tamén un dos máis coñecidos sostedores da hipótese da superfamilia lingüística do amerindio, como discípulo principal do lingüista taxonomista Joseph Greenberg.

No Nepal participou na investigación do kusunda, unha lingua illada, así como tamén na da lingua nahali, coñecida como pertencente á familia de linguas indopacíficas. Investigou o parentesco dos idiomas ieniseianos coa familia de linguas na-dené de América do Norte, de grande transcendencia para a macrofamilia dené-caucásica.

Outro centro de interese de Ruhlen está constituído polos "étimos globais", que deben comprender todos os idiomas, consonte o significado último da hipótese lingüística monoxenista. Tal ambición traduciuse no escepticismo ou o total apartamento dos lingüistas. En resposta, Ruhlen e máis Bengtson redactaron o artigo Global Etymologies ("Etimoloxías globais", 1994) no que escribiron: "Nunha perspectiva longa esperamos ter a evidencia da orixe monoxenética das linguas existentes até chegar a un punto en que a cuestión non poderá ser doutro xeito, senón que todas as linguas do mundo están emparentadas, polo que se chama á toda a comunidade lingüística a recoñecer este obvio feito".

Publicacións principais

  • 1987 A Guide to the World's Languages. Edward Arnold, Londres – Melbourne – Auckland. Paperback Edition 1991.
  • 1994 On the Origin of Languages: Studies in Linguistic Taxonomy. Stanford University Press.
  • 1994 The Origin of Language. Tracing the Evolution of the Mother Tongue. John Wiley, Nova York.

Unha lista completa das publicacións de Ruhlen pode consultarse na páxina persoal do autor, indicada no apartado de ligazóns.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Merritt Ruhlen TraxectoriaMerritt Ruhlen Publicacións principaisMerritt Ruhlen Véxase taménMerritt Ruhlen10 de maio1944EEUUHomo sapiensLingüistaWashington, D.C.

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de presidentes da República PortuguesaO divino saineteHelena SalgueiroA memoria da choivaXosé Antonio TouriñánGerardo Pardo de VeraSupermartesNegueira de MuñizRosario Porto OrtegaJosé Ramón Soraluce BlondMads MikkelsenLista de WikipediasJuan Jacobo Durán LorigaIsabel II do Reino UnidoTaboadaPenélope CruzMitoloxía galegaXosé Luís Méndez FerrínCirco de los MuchachosRevolución galega de 1846Falange EspañolaJennifer LopezJosé Pablo del Bado RivasLista de programas de Televisión EspañolaTina TurnerLino LópezPartido Comunista de EspañaChristopher WalkenListenbourgDjalminhaVacaProxySuízaOTANContactorClara CampoamorIria Carreira PazosTristán UlloaPegaCatedral de la Seu d'UrgellChorimaCatedral de Santiago de CompostelaRevolución dos CaraveisCeleste CaeiroXXXTentacionAna RomaníUniversidade de Santiago de CompostelaBandeira de GaliciaPedro MadrugaBragaIker MuniainDavid MellaMaría JamardoApp Store (iOS)Gerardo Conde RoaVerónica ForquéMar MediterráneoÁngel CarracedoProvincias de EspañaPeer-to-peerTelevisión de GaliciaTamara CanosaPriscilianoMNervoHistoria dos eslavos do surFaneca bravaTereixa NavazaAngelina JolieChipionaEduardo Paredes RodríguezVladimir Putin🡆 More