Maxwell Montes

Os Maxwell Montes son un gran macizo montañoso do planeta Venus, dentro deste macizo montañoso está situado o punto máis alto da superficie do planeta.

Maxwell Montes
Maxwell Montes
Imaxe de radar dos Maxwell Montes
Tipo de accidente xeolóxico Montes
Accidente xeolóxico de Venus
Dimensións 797 km(diámetro medio)

835 x 700 km

Altitude 6,4 km (sobre 2 Lakshmi Planum)

11 km (en total)

Coordenadas 65,2° N 3,3° E
Procedencia do nome en honra ó físico británico James Clerk Maxwell.

Descrición xeral

Situados en Ishtar Terra, que é das dúas grandes rexións elevadas de Venus, a que está máis ó norte. Os Maxwell Montes teñen 11 km de altitude total, e elévanse 6,4 km sobre o leste das chairas de Lakshmi Planum, posúe unhas dimensións de 853 km x 700 km. As ladeiras da occidentais baixan en chanzos, mentres que as orientais descenden de xeito gradual cara Fortuna Tessera. Debido á súa grande altitude, este macizo montañoso é o lugar máis fresco (ó redor dos 380 °C/716 °F) e con menos presión (ó redor 45 bar/44 atm) da superficie de Venus.

Orixe e xeoloxía

A orixe de Lakshmi Planum e das cadeas montañosas coma os Maxwell Montes é controvertida. Unha das teorías suxire que esta rexión foi o resultado da chegada de material quente preto da codia do planeta, procedente do interior do propio planeta; mentres outra teoría indica que a rexión se formou debido a que está rexión foi comprimida dende tódalas direccións, resultado de material descendente cara ó interior do planeta. Os anchos vales e cristas tanto dos Maxwell Montes coma dos de Fortuna Tessera indican que esta topografía foi o resultado da acción da compresión. As cristas e vales paralelos foron cortados máis tarde por fallas extensionais. A altitude extrema dos Maxwell Montes en relación a outros macizos montañosos nados por compresión ó longo de Lakshmi Planum, suxiren que estes tiveron unha orixe moito máis complexa.

A meirande parte dos Maxwell Montes aparecen moi brillantes no radar, o cal é moi común a grande altitude en Venus. Sospéitase que este fenómeno é o resultado da presenza dun mineral coma a pirita.

Mapeo por radar e nomeamento

Grazas ó uso do radar que permite atravesa-las nubes permanentes e espesas da atmosfera de Venus para poder facer observacións da superficie do planeta, científicos do Radio Telescopio de Arecibo situado en Porto Rico descubriron no ano 1967 unha gran rexión elevada en Venus que acabaría sendo coñecida coma os Maxwell Montes.

No ano 1978, a sonda espacial Pioneer Venus 1 estivo en órbita ó redor de Venus co propósito de facer observacións por radar da superficie de Venus. Estas observacións fixeron posible a creación do primeiro mapa topográfico da superficie de Venus, e confirmou un punto dentro dos Maxwell Montes coma o lugar máis alto de Venus respecto do nivel medio da superficie do planeta.

Os Maxwell Montes reciben o seu nome en honra a James Clerk Maxwell, quen traballou na física matemática predicindo a existencia das ondas de radio, as cales fan posible a existencia do radar, e en consecuencia o radar fixo posible a observación da superficie de Venus. Maxwell Montes, Alpha Regio, e Beta Regio son as tres excepcións á regra de que tódolos accidentes xeolóxicos de Venus deben levar nomes femininos, xa sexan de mulleres ou deusas. O nome foille orixinalmente outorgado por Ray Jurgens no ano 1970 a instancias de Tommy Gold, o nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional (IAU/WGPSN) entre os anos 1976 e 1979.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Maxwell Montes Descrición xeralMaxwell Montes Orixe e xeoloxíaMaxwell Montes Mapeo por radar e nomeamentoMaxwell Montes NotasMaxwell Montes Véxase taménMaxwell MontesVenus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Che GuevaraZendayaCarlos CuerpoLeninPemento de PadrónMela CasalManuel LourenzoHLA-DMSeverino Barros de LisGarcía II de GaliciaNoelia ReyAustraliaLingua casteláVacaSonsoles EspinosaPoloniaSeptimio SeveroAriadna GilEscudo de GaliciaCruceiroSupermartesBetanzosRicardo BeirasOurenseLa RegiónCarballo comúnFrancisco Castro VelosoFernando GuillénÁrbores senlleiras de GaliciaLU-170Francisco AsoreyIsmael RamosRamón CamposHydrangeaSelección de fútbol de GaliciaCarles PuigdemontPonteareasWikipediaGabriel García MárquezÁlvaro CunqueiroManuel FragaIslandiaRepública Popular da ChinaHTML5El laberinto del faunoAlejandra MurguíaRicardo Varela SánchezA Pobra do CaramiñalRamón María del Valle-InclánLista de ríos de GaliciaBrieva, ÁvilaNiloLista de filmes con versión en galegoSete Sabios da Fraga de BambúMaría Victoria MorenoMaría Xosé QueizánLabios (xenitais)Distritos de PortugalShinovaDepartamento de ApurímacReal Academia GalegaMarineda CityPornografíaAranésGame Boy AdvanceAdolfo GacioJéssica BouzasRafael LouzánIris Gey LópezBernardino GrañaRomán Rodríguez GonzálezSalvador García-BodañoAna Belén FortesEdward John SmithO Porriño🡆 More