Mary Cassatt: Pintora e gravadora estadounidense

Mary Stevenson Cassatt nada o 22 de maio de 1844 en Allegheny, (Pensilvania) e finada o 14 de xuño de 1926 en Le Mesnil-Théribus, (Francia), foi unha pintora e gravadora americana.

Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde estableceu unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas.

Infotaula de personaMary Cassatt
Mary Cassatt: Xuventude, Impresionismo, Derradeiros anos
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Stevenson Cassatt Editar o valor em Wikidata
22 de maio de 1844 Editar o valor em Wikidata
Allegheny, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xuño de 1926 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Le Mesnil-Théribus, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLe Mesnil-Théribus Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCassatt, Mary Stevenson Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Belas-Artes da Pensilvânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Exipto
París
Roma
Madrid
Le Mesnil-Théribus
Giverny
Grasse
Barbizon
Filadelfia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , fotógrafa , artista , artista gráfica , gravadora , augafortista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico, pintura de xénero, retrato, Arte de paisaxes e figure (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoImpresionismo Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoCassatt, A Retrospective (en) Traducir (1996)
Cassatt (en) Traducir (12 de xaneiro de 2017) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de febreiro de 1913Show de Arsenal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
PaisRobert S. Cassatt Editar o valor em Wikidata  e Katherine Kelso Cassatt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlexander Cassatt e Lydia Cassatt Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Mary Cassatt: Xuventude, Impresionismo, Derradeiros anos Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2622210 WikiTree: Cassatt-5 Find a Grave: 8090 Editar o valor em Wikidata

Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.

Xuventude

Cassatt naceu en Allegheny City, Pensilvania, parte actual da cidade de Pittsburgh. Mary naceu no seo dunha familia acomodada: o seu pai, Robert S. Cassatt, era un exitoso axente de bolsa, e a súa nai, Katherine Kelso Johnston, proviña dunha familia de banqueiros. Cassatt medrou nun ambiente onde as viaxes eran parte da súa educación; antes de cumprir os dez anos a rapaza xa viaxara a moitas capitais europeas, incluíndo Londres, París e Berlín.

A pesar de que a súa familia obxectou a súa decisión de converterse nunha artista profesional, ela comezou a estudar pintura na Pennsylvania Academy of the Fine Arts en Filadelfia, Pensilvania (1861-1865). Impaciente co lento ritmo das clases e a actitude condescendente dos estudantes e dos mestres, fixo que decidise estudar os antigos patróns por si mesma, e en 1866 mudouse a París.

Mary Cassatt: Xuventude, Impresionismo, Derradeiros anos 
A festa no bote, 1893-94

Co comezo da Guerra franco-prusiana, Mary Cassatt volveu aos Estados Unidos xunto á súa familia, adicándose á pintura na súa vila, a pesar da dificultade de atopar bos materiais e modelos para as súas pinturas. O seu pai continuou a resistirse á súa vocación, pagando só as súas necesidades básicas, deixando ao seu cargo o pagamento dos seus materiais plásticos. En 1871 volveu a Europa cando o Arcebispado de Pittsburgh lle encargou pintar copias dalgunhas pinturas de Italia, despois do cal viaxou por Europa.

Impresionismo

En 1872, Mary Cassatt xa contaba cun estilo maduro, en parte debido ao estudo dos mestres máis importantes e ás indicacións e consellos do seu mestre Camille Pissarro. Ese mesmo ano unha das súas pinturas foi escollida polo xurado para ingresar no Salon de Paris. Respecto á súa obra, os críticos dixeron que as súas cores eran moi rechamantes e que os seus retratos eran demasiado fieis para favorecer ao modelo.

Logo de ver a obra ao pastel de Edgar Degas na fiestra dunha galería de arte, soubo que non estaba soa na súa rebelión. Nunha carta a un amigo atopamos o seguinte:

Adoitaba esmagar o meu nariz contra as fiestras para absorber todo o que podía da súa arte... Cambiou a miña vida, dende entón puiden ver a arte do xeito que sempre quixen vela.
Mary Cassatt
Mary Cassatt: Xuventude, Impresionismo, Derradeiros anos 
1880
Museum of Fine Arts, Boston

En 1874 coñeceu a Edgar Degas quen a convidou a exhibir o seu traballo cos impresionistas, o que finalmente ocorreu en 1879. Pouco despois do seu triunfo cos impresionistas, Cassat deixou a pintura para facerse cargo da súa nai e irmá quen enfermaron logo de mudarse a París en 1877. A súa irmá morreu en 1882 pero a súa nai recuperou a saúde logo do cal Cassat retomou a pintura a mediados de 1880. Permaneceu unida a este círculo até 1886, con todo a súa amizade con Degas e Berthe Morisot non se disolveu.

Mary Cassatt: Xuventude, Impresionismo, Derradeiros anos 
Tempo de verán (c. 1894)

Cassat continuou en evolución, polo que deixou o impresionismo e achegouse máis cara a unha honesta e sinxela copia da realidade. Contra 1886, xa non se identificaba con este nin con ningún outro movemento artístico e comezou a experimentar con varias técnicas. No seu traballo pódese observar que case un terzo das súas pinturas amosan escenas da vida cotiá e retratos de nais e fillos en íntima relación.

Derradeiros anos

Mary Cassatt: Xuventude, Impresionismo, Derradeiros anos 
O baño do neno (O baño)
Art Institute of Chicago

A década de 1890 foi a época máis creativa de Cassatt, mesmo se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre as que destacan Lucy A. Bacon, a quen Cassat presentoulle a Camille Pissarro.

En 1891, exhibiu unha serie de coloridas pinturas entre as cales estaban Muller tomando un baño e O salón de beleza, cadros inspirados na arte xaponesa que foron exhibidos en París un ano antes.

Ao iniciarce o novo século, traballou como conselleira en varias coleccións de arte onde deixou estipulado que eventualmete doarían as súas vendas aos Museos de Arte Norteamericanos. Con todo, o recoñecemento da súa arte chegou tardiamente aos Estados Unidos.

O irmán de Cassatt, Alexander Cassatt, (presidente da Pennsylvania Railroad dende 1899 ata a súa morte) morreu en 1906. A morte do seu irmán fixo que non volvese pintar até 1912.

Unha viaxe ao Exipto en 1910 impresionou a pintora coa beleza da súa arte antiga. Diagnosticada de diabetes, reumatismo, neuralxia e cataratas en 1911, seguiu coa súa produción artística, mais en 1914 foi forzada a deixar de pintar ao ir perdendo a vista. Non obstante, Cassatt non deixou a súa actividade, uníndose aos colectivos femininos que loitaban polo recoñecemento do sufraxio feminino, facendo unha exposición de dezaoito cadros en 1915 para apoiar o movemento.

En recoñecemento á súa achega á arte, o goberno de Francia galardoouna coa Légion d'honneur no ano 1904.

A pintora morreu o 14 de xuño de 1926 na vila de Château de Beaufresne, preto de París, sendo soterrada no panteón familiar de Mesnil-Théribus, Francia.

Como a maioría dos pintores da súa época, Cassatt ten escasa presenza nos museos de España. Existe un exemplo de notable importancia, o lenzo "Maternidade", no Museo de Belas Artes de Bilbao.

Galería de traballos

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mathews, Nancy Mowll, Mary Cassatt: A Life, 1998, Yale University Press, ISBN 0-300-07754-8
  • White, John H., Jr. (Spring 1986), America's most noteworthy railroaders, Railroad History, Railway and Locomotive Historical Society, 154, p. 9-15. (mentions family relationship to Alexander J. Cassatt).

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Mary Cassatt XuventudeMary Cassatt ImpresionismoMary Cassatt Derradeiros anosMary Cassatt Galería de traballosMary Cassatt Véxase taménMary Cassatt14 de xuño1844192622 de maioEdgar DegasEstados Unidos de AméricaFranciaGravadoImpresionismoPensilvania

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CuzcoNova OrleánsCristianismo e homosexualidadeAncaraTermodinámica dos ácidos nucleicosMartin ScorsesePobo uigurPaís VascoArchaeopteryxLingua malékuJohn Horton ConwayWikipedia en waray-warayDavid M. WalkerDune (filme de 2021)Ruth BrownAlbert LuqueLugoEscociaDolores RedondoÁcido succínicoMaría JamardoMosteiro de Santa María de OseiraLarry BirdEdward R. MurrowDaniel RicciardoXunta de GaliciaMundial de Fútbol de 2006TurboventiladorLingua coreanaCallosobruchus chinensisNeornithesCancro colorrectalXosé Antonio TouriñánGran Premio de España de 2013Antigo ExiptoA CoruñaXoves SantoMarcello BertinettiArtigo (gramática)LleidaEstadio Municipal de RiazorÁlxebraRenacemento carolinxioCastrelo do ValOcéanoCirrio de chemineaBostonTAG HeuerSan Xoán de RíoColesTranscrición xenéticaColombiaDécada de 1180ContactorReconquista de VigoRafael NadalMila KunisDinastía MingGrafenoMatrimonio entre persoas do mesmo sexoGalera (barco)TinamidaePonte das PíasGerardo Pardo de VeraOpisthocomiformesCharadriiformesFuso horarioSuorRocío JuradoCanle (comunicación)Luca (filme de 2021)Avea comúnBrecaFinancial TimesSalgueiro🡆 More