Manuel Roel Longueira: Político e xornalista galego

Manuel Roel Longueira, nado en Guísamo (Bergondo) o 4 de xaneiro de 1898 e finado en Betanzos o 20 de febreiro de 1968, foi un destacado galeguista de comezos do século XX.

Infotaula de personaManuel Roel Longueira
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Guísamo, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia ben posicionada economicamente, relacionado coa reputada imprenta Roel. Foi o máis novo de oito irmáns. Non cursou estudos universitarios. En 1916 integrouse nas incipientes Irmandades da Fala da Coruña. Desta época datan algúns textos seus, poucos, publicados en A Nosa Terra. Casou en 1926 con Bernardina Martín Torres, coa que mudou a Betanzos ese mesmo ano. Traballou de axente comercial e como correspondente para El Pueblo Gallego, empresa viguesa pertencente a Portela Valladares.

Durante a II República española simpatizou co Partido Galeguista. En 1936 exiliouse na Arxentina, temoroso da represión franquista, ficándolle a familia en Galiza.

Xa en Buenos Aires desempeñou un importante labor de activismo galeguista, foi presidente da Agrupación de Artistas Gallegos, director da revista Lar e colaborador noutras publicacións e programas de radio. Escribiu múltiples contos e pezas teatrais. Tivo relación directa con persoeiros da categoría de Luis Seoane, Rafael Dieste ou o propio Castelao.

En 1950 volveu a Galiza, onde morreu en 1968.

Obras

  • Contos e poemas de Manuel Roel, edición e estudo crítico de Concepción Delgado Corral, Mª Teresa Amado Rodríguez e Alfredo Erias Martínez. Concello de Betanzos, 1998.

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Manuel Roel Longueira TraxectoriaManuel Roel Longueira ObrasManuel Roel Longueira Véxase taménManuel Roel Longueira1898196820 de febreiro4 de xaneiroBergondoBetanzosGuísamo, BergondoSéculo XX

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LeicesterInés ArrimadasBerberechoOscar RobertsonUniversidade de GranadaÁcido eicosapentaenoicoIllas Virxes EstadounidensesAscaris lumbricoidesLista de concellos de OurenseMcLarenCélula intersticial de CajalAWStatsHistoria da ChinaLewis HamiltonLance StrollPolpa dentariaForo (contrato)Caso Asunta BasterraPlebeNova OrleánsGalloanseraePragaLogroñoPeleoMaría do Socorro Ortega RomeroTAG HeuerColocación do pronome átono en galegoMundial de Fútbol de 2022EnantiornithesPedro I do BrasilUapitíFisioterapiaPaís VascoNatureza mortaSexo analCallosobruchus chinensisTetrabucleNana MouschouriPorto, PortugalMúsculo deltoideCarolina do SurCinque TerreLleidaTelomeraseLuísa VillaltaBloque Nacionalista GalegoLingua osetaBuchnera aphidicolaTurcoMasideMaría I de Inglaterra21 LutetiaXoves SantoFroita silvestreProcellariidaeJulio IglesiasArtigo (gramática)Monforte de LemosGran Premio de Abu Zabi de 2013LesotoISBNCastro de Punta do BicoVocalización das avesFernando AlonsoEdicto de MilánGalipediaEudoxo de CnidoCoraciiformesParafiléticoLazaÁlxebraPosicións sexuaisAna Buceta🡆 More