Llinars del Vallès é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña.
Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Oriental | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.499 (2023) (380,4 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 83 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 27,6 km² | ||||
Bañado por | río Mogent | ||||
Altitude | 198 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Martí Pujol Casals (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08450 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08106 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081069 | ||||
Páxina web | llinarsdelvalles.cat |
O concello atópase na parte alta do val do río Mogent, na parte norte da Cordilleira Litoral Catalá. O río Mogent é un afluente do río Congost, o cal desemboca no río Besòs. A forma do municipio é alongada e segue unha liña nordés-suroeste. Na parte norte o concello chega ás inmediacións do macizo do Montseny
O nome de Llinars aparece citado por vez primeira no ano 919, aínda que a zona xa estaba habitada dende moito tempo atrás. Así o proban o dolmen de Pedra Arca ou o poboado ibérico do Far. A romanización foi moi intensa, xa que unha vía de comunicación atravesaba toda a zona. Esta vía de uso comercial, foi a que empregou Aníbal na segunda guerra púnica. Na idade media os señores da vila, eran os nobres que vivían no castelo do Far. Estes eran vasalos dos condes de Barcelona. Trala guerra civil española, a localidade aumentou a súa poboación debido á chegada de emigrantes procedentes do resto de estado. Estes viñan atraídos pola recente industrialización e a construción de novas residencias para a xente de Barcelona que decidía veranear na vila.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Llinars del Vallès, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.