Lingua Munxí

O munxaniano tamén chamada lingua munxaní ou munxí (en persa) é unha lingua indoeuropea da rama de linguas iranias pertencente ao sub-grupo de linguas do Pamir falada ao nordeste do Afganistán, na provincia de Badaghxán.

É moi parecida á lingua idgá que fálase naparte máis alta do Lutkuh, Val do Chitral, no oeste de Garam Chishma en Paquistán.

Munxaniano
Munjī
Pronuncia:/mun'ʒɪː/
Outros nomes:Munxaní, Munxhan, Munxivar
Falado en: Afganistán
Rexións: Badaghxán, Distrito de Kuran wa Munjan Nordeste de Afganistán nos vales de Munxán e Mamalga
Total de falantes: Uns 3.700 (ano 2000)
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Irania
   orientais
    orientais meridionais
     Linguas do Pamir
      Munxaniano
Escrita: De facelo usan a escrita perso-arábiga
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: mnj
SIL: mnj
Mapa
Lingua Munxí. Distritos da provincia afgá do Badaghxan.
Status

A área do Garam Chishma chegou a ser importante durante a Invasión Soviética do Afganistán porque os soviéticos non foron capaces de deter o fluxo de armas , materiais e persoas polo Paso Doráh que separa o Chitral do Badaghxán.

O munxiano divídese en catro dialectos:

  • Munxiano setentrional
  • Munxiano central
  • Munxiano meridonal
  • Munxiano mamalgha

Estes dialectos comparten entre eles un 68% de similitude lexical, do 56% ao 80% co idgá en Paquistán. Os falantes de munxiano son, habitualmente bilingües co dari falada no Afganistán. Os falantes monolingües adoitan ser mulleres. O índice de alfabetización en munxiano está por debaixo do 1%. O índice de alfabetización en dari entre os munxiano falantes está entre o 15 e o 25%.

Os dez primeiros números en munxiano son:

  1. yu /iu/
  2. lu /lu/
  3. sherai /šerai/
  4. chfūr /čfu:r/
  5. pānj /pa:nž/
  6. āxshe /a:xše/
  7. avde /avde/
  8. ashkie /aškje/
  9. nau /naw/
  10. dau /daw/

Véxase tamén

Bibliografía

  • Risley, H.H. e Gait, E.A. "Report on the Census of India", 1901. Superintendent of Government Printing, 1903, Calcuta, páxina294
  • Decker, Kendall "Languages of Chitral" (1992). Publicado polo National Institute of Pakistan Studies, a Universidade Quaid-i-Azam e o Summer Institute of Linguistics, Islamabad.
  • Morgenstierne, Georg: "Report on a Linguistic Mission to Afghanistan" (1926). Publicado polo Instituttet for Sammenlignende Kulturforskning, Serie C I-2, Oslo. id=ISBN 0-923891-09-9

Ligazóns externas

https://web.archive.org/web/20110706114920/http://www.chaf.lib.latrobe.edu.au/dcd/page.php?title=1901&action=next&record=1433

Tags:

AfganistánBadaghxánLinguas do PamirLinguas indoeuropeasLinguas iraniasPaquistán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Muwatallis IICitroën 2CVMr. TSanta CombaImperialismoSloganKanye WestCatedral de Santiago de CompostelaMarcos PereiroMarxistaMacedonia do NorteContactEstrasburgoCamariñasAraceli GestidoLuísa VillaltaSantiago de CompostelaReconquista de VigoBetaninaKaty PerryCapitalismoMarco Vipsanio AgripaToxo arnalPierre Simon LaplaceCarlos de Matos GomesRaposo comúnLas Torres de CotillasIndependenciaToledoA.C. MilanAntonio MachadoAntolín FaraldoEuropaCabana de BergantiñosRaxáBrasilO SalvadorBóraxClase (bioloxía)San Xosé de Ribarteme, As NevesSalzburgoCabeza de ManzanedaOurenseO Ézaro, DumbríaLareiraCarballoDitadura do proletariadoPosición do misioneiro invertidaSanta Compaña9 de abrilAmieiroAlcóntarAutoritarismoA derradeira leición do mestreLista das aves de GaliciaVilaoudriz, A PontenovaOleirosBurocraciaIndependentismoÓscar García PatiñoAgustín Reguera OcampoRibadaviaXogoLontreiraTamara CanosaGoogleDMC DeLoreanDiáspora galegad05oxPremios Mestre MateoMichelle ObamaMaría Vázquez1401Foro do bo burgo de Castro Caldelas🡆 More