Liga Das Nacións Da Uefa: Competición internacional de fútbol

A Liga das Nacións da UEFA é unha competición internacional bienal de fútbol disputada polas seleccións nacionais masculinas das asociacións membros da UEFA, a máxima organización do fútbol europeo.

Modelo:Competición deportivaLiga das Nacións da UEFA
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo Editar o valor em Wikidata
Nome na lingua orixinal(en) UEFA Nations League Editar o valor em Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes55
4 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónEuropa
Asia Editar o valor em Wikidata
PaísPaíses Baixos Editar o valor em Wikidata
Vixencia2018 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadasetembroEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Organización
PresidenteAleksander Ceferin (pt) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónlist of broadcasters owned or affiliated with GMA Network (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata
Facebook: EURO2024 Twitter: EURO2024 Instagram: euro2024 TikTok: euro2024 Editar o valor em Wikidata

A primeira edición comezou en setembro de 2018 e rematou en xuño de 2019 coa fase final celebrada en Portugal, da que saíu campioa a selección anfitrioa. A competición naceu para substituír os partidos amigables internacionais que se disputaban anteriormente no Calendario Internacional de Partidos da FIFA.

Historia

En outubro de 2013, o presidente da Asociación de Fútbol de Noruega, Yngve Hallén, confirmou que se mantiveran conversacións para crear un terceiro torneo internacional para os membros da UEFA, ademais da Copa do Mundo e a Eurocopa.

A Liga das Nacións foi concibida como unha competición na que as seleccións nacionais das asociacións membros da UEFA fosen divididas nunha serie de grupos baseados nunha clasificación formulada a partir dos seus resultados recentes. A partir de aí existirían ascensos e descensos, sengundo os resultados dentro de cada grupo. O torneo proposto tería lugar en datas do Calendario Internacional de Partidos da FIFA que previamente estaban asignadas para amigables internacionais e non afectaría á Copa do Mundo da FIFA nin á Eurocopa da UEFA.

En marzo de 2014, o secretario xeral da UEFA, Gianni Infantino, afirmou que un dos beneficios da proposta sería axudar ás asociacións nacionais menos potentes a organizar partidos.

O secretario xeral da Real Federación Belga de Fútbol Steven Martens dixo que as nacións de menor rango se beneficiarían financeiramente da competición, xa que o contrato televisivo coa UEFA sería centralizado. A Liga de Nacións da UEFA foi adoptada por unanimidade polas 54 asociacións membros da UEFA no XXXVIII Congreso Ordinario da UEFA en Astana o 27 de marzo de 2014.

Formato

Formato orixinal

Segundo o formato aprobado orixinalmente, as 54 seleccións nacionais da UEFA estaban divididas en catro divisións (chamadas "Ligas"): 12 equipos na Liga A, 12 equipos na Liga B, 14 equipos na Liga C, e 16 equipos na Liga D. En cada liga formáronse catro grupos (con tres ou catro equipos) e os equipos enfrontáronse tanto na casa como fóra.

Modificacións a partir de 2020-21

Tras a conclusión da primeira tempada, a UEFA decidiu modificar o formato da Liga de Nacións a partir da tempada 2020/21 . A nova estrutura da liga estaba formada por 16 equipos nas Ligas A, B e C e sete equipos na Liga D.

A transición ao novo formato produciuse facendo varios cambios puntuais despois da tempada 2018-19. Suspendéronse os descensos tanto na Liga A como na Liga B e ascenderon os dous mellores equipos por grupo tanto na Liga C como na Liga D (en lugar de só un equipo por grupo) e subiu tamén o mellor terceiro clasificado da Liga D.

Finais, ascensos e descensos

Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo 
Cristiano Ronaldo, máximo goleador das fases finais do torneo con 3 goles.

Na máxima categoría, a Liga A, os vencedores dos catro grupos pasan a xogar as finais da Liga das Nacións, con dúas semifinais, un partido polo terceiro e cuarto posto e a final.

Existen ademais ascensos e descensos entre as diferentes ligas da competición. A partir da tempada 2020/21, cada gañador de grupo das Ligas B, C e D ascende automaticamente á liga inmediatamente superior, mentres que os últimos do seu grupo nas Ligas A e B descenden automaticamente á división inferior. Entre as tempadas 2020/21 a 2022/23, os dous equipos da Liga C que descendía determinábanse a través duns play-outs que comezaban en marzo dos anos pares, e que enfrontaban aos catro cuartos clasificados da Liga C.

A partir da tempada 2024/25, como a Liga C ten catro grupos mentres que a Liga D só ten dous, os dous equipos peor clasificados da Liga C descenden automaticamente. Ademais, introdúcense os play-offs de ascenso/descenso, enfrontando en formato de ida e volta aos terceiros clasificados da Liga A cos segundos da Liga B, e aos terceiros da Liga B cos segundos da Liga C. En todos os casos, o equipo mellor clasificado disputa o partido de volta como local. Se o marcador global reflicte un empate a goles, xogarase unha prórroga sen a regra do gol en campo contrario e, se segue empatado despois da prórroga, utilizarase unha quenda de penaltis para decidir o gañador.

Conexión coa Eurocopa

A Liga de Nacións da UEFA está ligada á clasificación para a Eurocopa, ofrecendo aos equipos outra oportunidade de clasificarse para o máximo torneo continental.

Os campións de cada grupo das Ligas A, B e C, obteñen o pase ás semifinais dun play-off que reparte postos para a Eurocopa (en 2020 tamén accederon aos play-offs os campións da Liga D).

Se os equipos campións dos seus grupos xa estaban clasificiados para a Eurocopa, os seus postos nos play-offs repártense a outras seleccións.

Conexión coa Copa do Mundo

A Liga das Nacións tamén estivo conectada á Copa do Mundo de 2022, aínda que en menor medida que á Eurocopa. A primeira rolda da clasificación para o Mundial de 2022 constaba de dez grupos, cuxos gañadores se clasificaban directamente para o torneo. A segunda rolda foi disputada polos dez subcampións dos grupos de clasificación e os dous mellores primeiros de grupo da Liga das Nacións que non acabaron entre os dous primeiros da clasificación para o Mundial.

Trofeo

O trofeo de Liga das Nacións da UEFA foi presentado durante o sorteo da primeira fase da edición inaugural na cidade suíza de Lausana. Cun peso de 7,5 kg e 71 cm de alto, representa as 55 federacións europeas de fútbol e está confeccionado en prata de lei.

Himno

O himno oficial da Liga das Nacións da UEFA foi composto por Giorgio Tuinfort e Franck van der Heijden e gravado pola Orquestra Filharmónica e o Coro da Radio dos Países Baixos, cantando en latín . É unha mestura de música clásica e electrónica, e tócase cando os xogadores están entrando no terreo de xogo, en secuencias televisivas e con fins cerimoniais.

Tempadas

A Liga das Nacións coroa un campión cada dous anos. Cada tempada componse de dúas partes diferenciadas: a fase de liga (ou "fase de grupos"), que ocupa a primeira metade da tempada, de setembro a novembro, e a fase eliminatoria que se disputa entre marzo (cuartos de final da Liga A) e xuño (semifinais e finais da Liga A). Na tempada 2022/23 fíxose unha excepción, celebrándose a fase de grupos en xuño e setembro de 2022, debido á disputa da Mundial de Qatar a finais de ano.

Palmarés

Finais

Tempada Sede Final Terceiro xogo de sitio-fóra
Campión Resultado Subcampión Terzo Puntuación Cuarto
2018/19



Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Portugal


1–0Estádio do Dragão, Porto





0–0 (pr.)
(6–5 pen.)




Estádio Afonso Henriques, Guimarães



2020/21 Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Italia


2–1

San Siro, Milán






2–1






2022/23 Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Países Baixos


0–0 (pr.)
(5–4 pen.)

De Kulp, Rotterdam






3–2



De Grolsch Veste, Enschede



2024/25

Títulos por país

Equipo Campión Subcampión Terceiro lugar Cuarto lugar
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  España 1 (2023) 1 (2021)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Portugal 1 (2019)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Francia 1 (2021)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Países Baixos 1 (2019) 1 (2023)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Croacia 1 (2023)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Italia 2 (2021, 2023)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Inglaterra 1 (2019)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo   Suíza 1 (2019)
Liga Das Nacións Da Uefa: Historia, Formato, Trofeo  Bélxica 1 (2021)

Notas

Tags:

Liga Das Nacións Da Uefa HistoriaLiga Das Nacións Da Uefa FormatoLiga Das Nacións Da Uefa TrofeoLiga Das Nacións Da Uefa HimnoLiga Das Nacións Da Uefa TempadasLiga Das Nacións Da Uefa PalmarésLiga Das Nacións Da Uefa NotasLiga Das Nacións Da UefaCompeticiónFútbolLista de seleccións de fútbolUEFA

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MesopotamiaAstrolabioCatedral de MilánGreta ThunbergIlyushin Il-76O Portughés28 de marzoO Ézaro, DumbríaAraceli GestidoBóraxLuzónQuim BarreirosEconomía de GaliciaEnsino superiorTomás IribarrenDominio públicoOcéanoGadisaGoogleCarlismoPanteón de RomaO PorriñoNós (revista)Mario Vargas LlosaOcéano ÍndicoMiguel de MiguelRiba-roja de TúriaCurtisSloganQuimera (mitoloxía)i0tj9Citroën DyaneUNVISnoop DoggChris PrattNacionalismo galegoJoe LiebermanAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoSindicatoRe-TROSSulfato de cobre (II)PediastrumAgora RepúblicasTerceira InternacionalHenrique DacostaHoratio NelsonPorto da LúaPalas de ReiMecánica clásicaMarçal MolinéCopia por contactoAnálise numéricaPortadaManuscrito VoynichSantiago de CompostelaPrivacidadeNatalia JunqueraConcellos de GaliciaPoloniaAllarizRafael LouzánBob MarleyCristiano RonaldoMarxistaSegunda guerra mundialOleirosLucas TorreiraMr. TEdiciones AgoeiroReloxoRegina García GarcíaAndorraLingua galega🡆 More