Leon Lederman

Leon Max Lederman, nado en Nova York, EUA o 15 de xullo de 1922 e finado o 3 de outubro de 2018 foi un físico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1988 polos seus traballos sobre os neutrinos.

Infotaula de personaLeon Max Lederman
Leon Lederman
Leon Lederman
Premio Nobel de Física
Nome orixinal(en) Leon Max Lederman Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1922
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 2018
Rexburg, Idaho
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Demencia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaEUA
País de nacionalidadeEstadounidense
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia - física (–1951)
City College de Nova York
James Monroe High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseEugene Booth (pt) Traducir e Gilberto Bernardini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porNeutrinos, Quark fondo
Actividade
Campo de traballoFísica
Ocupaciónfísico de partículas , profesor universitario , físico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Instituto de Tecnologia de Illinois (pt) Traducir
Universidade de Columbia
Fermilab Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoThomas W. L. Sanford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRena Lederman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Lederman-58 Find a Grave: 193714690 Editar o valor em Wikidata

Apuntamentos familiares

Nado en Manhattan fillo de dous emigrantes xudeus rusos, Morris e Minna (Rosenberg) Lederman, cCasou con Ellen Carr Lederman, retirándose ambos nos últimos anos da súa vida a Idaho.

Traxectoria

Naceu o 15 de xullo de 1922 na cidade norteamericana de Nova York. Graduouse na James Monroe High School no 1939. Estudou física na Universidade de Nova York (City College of New York), onde se licenciou en 1943. Tras participar na segunda guerra mundial, en 1951 conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia, onde se converteu en profesor en 1958 e onde posteriormente dirixiu o Laboratorio de Investigación Física entre 1961 e 1978.

Entre 1979 e 1989 dirixiu o Fermilab (Fermi National Accelerator Laboratory, en Batavia, Illinois, preto de Chicago), laboratorio de investigación do goberno dos Estados Unidos. Finalmente en 1989 dimitiu dos seus cargos e brevemente foi profesor na Universidade de Chicago antes de trasladarse ó Instituto Tecnolóxico de Illinois.

Difusor do ensino da física, tentou levar adiante o programa 'Physics First'. Asemade, foi quen nomeou ó Bosón de Higgs como 'a partícula de Deus'.

Investigacións científicas

As súas investigacións científicas centráronse, xunto a Melvin Schwartz e Jack Steinberger, nun método de detección dos neutrinos que permitiu demostrar a dobre estrutura dos leptóns. Naquel momento, o descubrimento de dúas clases de neutrinos (hoxe coñécense tres) permitiu ós teóricos elaborar un esquema, coñecido como modelo estándar, para a clasificación de tódalas partículas elementais.

En 1977 conseguiu detectar unha nova partícula quark, o quark fondo.

Once anos máis tarde, en 1988, foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto ós seus compañeiros Melvin Schwartz e Jack Steinberger, polos seus traballos sobre o neutrino.

Publicacións

  • The God Particle: If the Universe Is the Answer, What Is the Question? (A partícula divina: Se o Universo é a resposta, cal é a pregunta?) (1993)
  • From Quarks to the Cosmos (Dos quarks ao cosmos)
  • Portraits of Great American Scientists (Retratos dos grandes científicos americanos)
  • Symmetry and the Beautiful Universe (A simetría e a beleza do universo) (2004)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Leon Lederman Apuntamentos familiaresLeon Lederman TraxectoriaLeon Lederman Investigacións científicasLeon Lederman PublicaciónsLeon Lederman NotasLeon Lederman Véxase taménLeon Lederman15 de xullo1922198820183 de outubroEstados Unidos de AméricaFísicaNeutrinoNova YorkPremio Nobel de Física

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ArroazUniversidade de GranadaVilamartín de ValdeorrasDía das Letras GalegasLista de castelos de PortugalMaruca do MediterráneoADN mitocondrialToledoArco de TitoGuerraRepública Socialista Soviética de LituaniaGuerra de CroaciaRubén RiveraEdicto de MilánThe Eyes of the DragonToni AcostaTenerifePiñorXabier DeiveSegunda República EspañolaPegaIllas Virxes EstadounidensesÁcido behénicoLingua inglesaÁcido graxoTelomeraseAparello dixestivoMustela nigripesLas Torres de CotillasApp StoreCastro de Punta do BicoMukhannathunAir AustralReggaeLogaritmoMonforte de LemosDistributivo-temporalLappeenrantaTartaruga xigante das GalápagosCarballeda de AviaCondado de DalarnaRanger 5Asemblea Xeral de IowaMarcello Bertinetti2005CuzcoFauna de GaliciaQuirópterosLingua samoanaAAporia crataegiMarylandInterestatal 59Rick and MortyPárkinsonNoruegaLuis ZaheraCastrelo do ValRetrato de Adele Bloch-Bauer IO Canon da MedicinaOlaría da Grecia antigaAirbus A2201869ApodiformesFalco peregrinusGalera (barco)Horatio NelsonEdgar EndeChrysolina graminisA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesColumbiformesConcepción ArenalBisonte europeoAnte GotovinaLingüísticaEdimburgo🡆 More