Ricardo Izecson Dos Santos Leite, coñecido como Kaká, nado en Gama (Distrito Federal) o 22 de abril de 1982, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba de centrocampista.
Foi 92 veces internacional coa selección brasileira. Foi galardoado co FIFA World Player, o Balón de Ouro, e o FIFpro ao mellor xogador do mundo, todos en 2007.
Criouse en São Paulo desde os sete anos. É o irmán máis vello de Rodrigo Izecson Dos Santos Leite, máis coñecido como Digão. Rodrigo seguiu os pasos do seu irmán e xogou na Serie B, no equipo Rimini Calcio, despois de que fose cedido por un tempo por parte do AC Milan. O seu traspaso ao Real Madrid en 2009 foi o segundo máis caro da historia ata aquel entón, só por detrás do de Zidane ao mesmo equipo.
Kaká, que é membro da Igrexa Evanxélica, sendo un dos Atletas de Cristo, casou con Caroline Celico o 23 de decembro de 2005 en São Paulo. O seu curmán Eduardo Delani foi tamén futbolista profesional.
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Supercampión Paulista | São Paulo FC | Brasil | 2002 |
Serie A | AC Milan | Italia | 2004 |
Supercopa de Italia | AC Milan | Italia | 2004 |
Título | Club ou selección | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol | Selección do Brasil | Brasil | 2002 |
Supercopa de Europa | AC Milan | Italia | 2003 |
Copa FIFA Confederaciones | Selección do Brasil | Brasil | 2005 |
Liga de Campións | AC Milan | Italia | 2007 |
Supercopa de Europa | AC Milan | Italia | 2007 |
Copa Mundial de Clubs | AC Milan | Italia | 2007 |
Copa FIFA Confederaciones | Selección do Brasil | Suráfrica | 2009 |
Distinción | Ano |
---|---|
Xogador do ano na Serie A | 2004 |
Mellor centrocampista europeo | 2005 |
Máximo goleador da Liga de Campións (10 goles) | 2007 |
Mellor dianteiro de Liga de Campións | 2007 |
Mellor xogador do Mundo por FIFPro | 2007 |
Gañador do Balón de Ouro | 2007 |
Xogador máis valioso da Copa Mundial de Clubs | 2007 |
Gañador do FIFA World Player | 2007 |
Gañador do Once de Ouro | 2007 |
Balón de Ouro da Copa FIFA Confederaciones | 2009 |
Marca Leyenda | 2009 |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kaká |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Kaká, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.