José López Penedo: Guerrilleiro anarquista galego

José López Penedo, coñecido como Liberto López, nado en Paredes (A Cidá, O Irixo) o 13 de xullo de 1915 e finado en Barcelona o 4 de febreiro de 1950, foi un guerrilleiro anarquista galego.

Infotaula de personaJosé López Penedo
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1915 Editar o valor em Wikidata
Paredes, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
El Camp de la Bota, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaFossar de la Pedrera Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLiberto López Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerrilleiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Albanel, estaba afiliado á Confederación Nacional do Traballo (CNT). Durante a guerra civil loitou na Columna Durruti. Ao finalizar a guerra, participou en accións antifranquistas con grupos libertarios. Pasou a Francia e durante a ocupación alemá participou na Resistencia na zona de Prats de Molló.

Despois da liberación de Francia, entrou no grupo guerrilleiro libertario de Francesc Sabaté Llopart (El Quico), onde se encargaba de redactar os panfletos e os periódicos clandestinos. En xullo de 1947 participou no grupo que axustizou o infiltrado Eliseo Melís, e o 2 de marzo de 1949, cos irmáns Sabaté e outros, participou en Barcelona no ametrallamento do automóbil de Eduardo Quintela Bóveda, xefe de Brigada Política da policía, acción na que resultaron mortos o secretario do Frente de Juventudes do distrito universitario Manuel Piñol Ballester e o seu chofer.

Foi detido o 9 de marzo nunha casa de La Torrassa (L'Hospitalet de Llobregat), onde pasaba a noite con Josep Sabaté Llopart á espera de pasar a Francia. Os dous foron sorprendidos, e aínda que se defenderon e conseguiron saltar por unha fiestra, José foi ferido dun disparo no pulmón e capturado inconsciente, mentres que Sabaté conseguiu fuxir. Levado ao dispensario da Cruz Vermella de Collblanc, foi trasladado ao Hospital Militar, onde foi operado antes de ser internado e interrogado na Xefatura de Policía. O 16 de novembro de 1949 foi xulgado por un consello de guerra e condenado a morte polo atentado contra Quintela. Foi fusilado o 4 de febreiro de 1950 en El Camp de La Bota de Barcelona, xunto co seu compañeiro Carlos Vidal Passanau, e foi enterrado no cemiterio de La Pedrera.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

José López Penedo TraxectoriaJosé López Penedo NotasJosé López Penedo Véxase taménJosé López Penedo13 de xullo191519504 de febreiroA Cidá, O IrixoBarcelonaO IrixoParedes, A Cidá, O Irixo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ponte 25 de AbrilEditorial GalaxiaHLA-DMGolfiño comúnPaís VascoXogos floraisCamilo Nogueira RománVincent van GoghParadigmas dos verbos irregulares galegosSri LankaRías Baixas (serie de televisión)Xiros idiomáticos galegosLola FloresGalaicosRembrandtSangueUnión AfricanaRomariz, Riós, RiósDomingo García-SabellContactorVox populiOs ÁnxelesMoinanteRevolución dos caraveisLista de castelos de PortugalToxo arnalO comparativo galegoFabiola GarcíaSantiago de CompostelaFillas de CassandraLeopoldo RubidoCharles WhiteAbrilLaurent CantetAna Belén FortesToniña comúnCuarzoC++José SaramagoCinema pornográficoGabriel García MárquezFerroAtlánticaLongueirón (molusco)Perífrases verbais galegasIsabel Díaz AyusoRefraneiro galego sobre o mes de maioVoleibolAires da miña terraLista de filmes coas maiores recadaciónsReal Club Celta de Vigooyz9zAmieiroRosario Porto OrtegaXosé Luís Méndez FerrínMaría a BalteiraEstadio Municipal de RiazorEuropaTeixugoMilánRocco SiffrediGame Boy Advance SPMáquina comecartosMauro ScaloniÁngel CarracedoMiguel Ángel Zabalza BerazaCayetana Álvarez de ToledoMaría Jesús MonteroAna RomaníGrupo RompenteAlfonso RuedaFranciaGonzalo LouzaoVerbos galegos ser, estar e irValentín García Gómez🡆 More