Incendio Do Reichstag

13°22′34″L / 52.518611111111, 13.376111111111

O incendio do Reichstag iniciouse na noite do 27 de febreiro de 1933 no Reichstag, a sede do parlamento alemán en Berlín. É un feito fundamental no estabelecemento da Alemaña nazi. O goberno alemán acusou aos comunistas do KPD de estar detrás deste feito e finalmente condenou e executou a Marinus van der Lubbe, un comunista neerlandés de 24 anos, que en 2008 foi postumamente declarado inocente de tal delito pola xustiza alemá. Na actualidade existe unha posición maioritaria que inculpa aos nazis e a Adolf Hitler de tal feito.

Incendio Do Reichstag
Incendio do Reichstag.

O feito

O incendio empezou sobre as nove e cuarto da noite, e sobre esa hora, unha estación de bombeiros de Berlín recibiu a alarma de que o Reichstag estaba a arder. O fogo iniciouse en varios lugares, e no momento en que chegaban a policía e os bombeiros, a cámara de deputados ardía a rabiar. A policía atopou a Marinus van der Lubbe, medio espido, agochándose ao lado do edificio. Van der Lubbe era un excomunista neerlandés e albanel desempregado, que estivera pululando por Europa nos últimos dous anos.

Adolf Hitler e Hermann Göring, líderes do partido nazi chegaron pouco despois ao lugar, e cando viron a Van der Lubbe, comezaron e declarar aos comunistas culpábeis do incendio, escusa coa que detiveron aos mandos do partido comunista na cidade de Berlín.

Posteriormente Hitler declarou o estado de emerxencia e fixo que o presidente, o vello Paul von Hindenburg, asinara o Decreto do Incendio do Reichstag, abolindo a maioría das disposicións de dereitos humanos da constitución de 1919 da República de Weimar.

Os líderes nazis tiñan preparada a demostración de que o incendio do Reichstag fora organizado pola Comitern, e nos primeiros días de marzo de 1933, foros arrestados os cidadáns búlgaros Georgi Dimitrov, Vasil Tanev e Blagoi Popov, tres nomes que xogares roles fundamentais durante o xuízo de Leipzig, coñecido tamén como o "xuízo do incendio do Reichstag". Dimitrov era o presidente do Comité Executivo da Internacional Comunista. Nun longo xuízo el mesmo demostrou a súa inocencia e o carácter político do incendio, empregado polas autoridades nazis para desprestixiar ao movemento comunista alemán e internacional.

Hitler xurara como chanceler e xefe da coalición de goberno o 30 de xaneiro de 1933. O seu primeiro acto foi pedirlle ao Presidente Hindenburg que disolvera o Reichstag, de maneira que puideran aumentar o número de escanos nazis que posuían tanto no parlamento como no goberno. A petición de Hitler foi aceptada e fixáronse as eleccións para o 5 de marzo do 1933. O obxectivo de Hitler foi abolir a democracia dun xeito máis ou menos legal ao activar a Lei Habilitante. A Lei Habilitante foi un poder especial permitido pola Constitución de Weimar para darlle ao chanceler o poder de pasar leis a decretos, se a intervención do Reichstag. Supoñíase que a Acta Permisiva era usada só en tempos de extrema emerxencia, e de feito, só fora usada unha vez antes, en 1923-1924, cando o goberno empregou a Lei para rescatar a Alemaña da hiper-inflación. Para activar a Lei Habilitante requiríase unha votación dunha maioría dos dous terzos no Reichstag. En xaneiro de 1933, os nazis non tiñan o 32% dos escanos, polo que non podían empregar a Lei Habilitante.

Notas

DIMITROV, Georgi: El incendio del Reichstag. Editorial Grijalbo, Colección 70. México, D. F.

Referencias na rede

Véxase tamén

Tags:

Incendio Do Reichstag O feitoIncendio Do Reichstag NotasIncendio Do Reichstag Véxase taménIncendio Do ReichstagCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AranoToni KroosSantos bispos de Ribas de SilRomán Rodríguez GonzálezRelación sexual humanaMontse DopicoRiro KāingaManuel González LópezTransexualidadeAngelina JolieAspiradoraXinzo de LimiaTamara CanosaCarlos CasaresOrraca de Galicia, Castela e LeónFrancisco AñónJosé Galera MorenoCidade do VaticanoMiguel de CervantesRafael NadalTito VilanovaCampo Municipal de Las LlanasYouTubeGoogleMalvares de MoscosoHarvey WeinsteinClara CampoamorIria MorgadeLoureiroXurxo ChirroJuana AcostaLino LópezFélix BolañosAna BotellaDolores O'RiordanJosé López CamposJoselu MatoUniversidade de Santiago de CompostelaAntía OteroOliveira de VigoMiguel Anxo BastosGatipedroSunnismoZendayaProvincias de EspañaSuraCarro galegoAranésPCristina Pérez HerraizFernando Álvarez LamelasAnxo AngueiraSegunda división española de fútbolMarta Fernández-TapiasHelena SalgueiroMediaWikiShaquille O'NealDeportivo da CoruñaAna RomaníVietnamManuel Curros EnríquezJosé Pablo del Bado RivasXurxo GonzálezBugalloMichael JacksonIsidoro de SevillaLogroñoSermos GalizaJosé Antonio Primo de RiveraFrancisco RabalLeonardo da VinciPedro MadrugaCarlos III de EspañaDominio públicoGoretti SanmartínMaría Xosé Queizán🡆 More