Ies Monte Castelo: Instituto público en Burela

7°21′22″O / 43.651388888889, -7.3561111111111

O Instituto de Ensino Secundario Monte Castelo é un centro educativo público situado en Burela (Lugo). Imparte ensino de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior. Ademais, conta cunha sección da EOI de Viveiro, o programa CUALE e Aula Mentor.

IES Monte Castelo
Ies Monte Castelo: Instituto público en Burela
Entrada principal do IES Monte Castelo.
Enderezo
Rúa do Ril, s/n Burela
Datas
Creación1978
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e FP, tanto en réxime ordinario como para persoas adultas.
Xestión
TipoPúblico
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia
DirectorMaría del Carmen Naveira
Na rede
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/
Twitter
Facebook

Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Sitúase entre o centro adscrito, CEIP Vista Alegre, e o IES Perdouro.

Ensinanzas

O centro imparte educación secundaria obrigatoria a adolescentes e a súa equivalente para persoas adultas (ESA) na modalidade presencial. En canto ao bacharelato, impárteo nas súas tres modalidades: Artes Plásticas (o único centro da comarca da Mariña que o imparte), Ciencias e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais; na modalidade para persoas adultas, impártese os anos que hai alumnado. En canto aos ciclos formativos, o centro imparte o ciclo de grao medio en Coidados Auxiliares de Enfermaría e o ciclo de grao superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva. En cursos anteriores impartiuse o extinguido Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental.

A maiores, a oferta do centro complétase cunha sección da Escola Oficial de Idiomas Luz Pozo Garza de Viveiro que imparte todos os niveis de inglés (dende A1 a C2).

Proxectos

Entre os proxectos nos que participa o centro, están:

  • O programa Erasmus.
  • Intercambios con outros centros, como o CEIP de San Román.
  • Actividades de prevención do consumo de drogas.
  • Actividades de promoción do deporte.
  • A montaxe Non cales. Fala, realizada por 1º de bacharelato, que gañou o segundo premio na modalidade audiovisual da Concellería de Promoción do Emprego e Igualdade con motivo do 25-N.

Notas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FC Bayern MünchenPeneDereito de autoríaClub Deportivo ArenteiroNicole KidmanMarraxoIlustración en GaliciaNacho VidalForcareiAccidente de ChernóbilO incerto señor Don HamletHans ZimmerPablo Iglesias TurriónEmilia Pardo BazánLista de xentilicios de concellos galegosÁgatha Ruiz de la PradaRianxoFrancisco Porto MellaVladimir PutinArgimiro Marnotes FernándezNeptunoPaísDios ke te crewCarlos SoberaPaula CabaleiroMúsica tradicional galegaFrancisco Castro VelosoLugares de GaliciaCarlo AncelottiOurense Club de FútbolGreciaAlmoite, Almoite, Baños de MolgasLingua neerlandesaAWStatsTesouro RedfieldSuso DíazPeter HiggsPavillón Multiúsos Fontes do SarDiocese católica latina de Mondoñedo-FerrolBloque Nacionalista GalegoRosario DúrcalBatalla de LepantoO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoEstados Unidos de AméricaLondresGerardo Pardo de VeraOuka LeeleTesouro de BaltimoreCouto MixtoMarie CurieNúmero piCidade do VaticanoHLA-DROs pronomes persoais galegosKristen StewartCarballo comúnJosé Pablo del Bado RivasMarçal MolinéCristiano RonaldoRuxe RuxeEduardo PondalRamenVulgarismoSeseoSeixoFernando Taboada GuntínNava CastroJavier GutiérrezFachada do ObradoiroOs violentos de KellyRoman de RouBoyanka Kostova (grupo musical)Susana FortesFaro de Vigo🡆 More