Haarlem é un concello e cidade dos Países Baixos, sendo a capital da provincia de Holanda Setentrional, a parte norte de Holanda, a cal foi unhas das máis poderosas das sete provincias da República Neerlandesa.
A cidade está ás beiras do río Spaarne, ao redor de 20 km ao oeste de Ámsterdan e preto das dunas costeiras.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Holanda Setentrional | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 162.543 (2021) (5.065,22 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 75.959 (2015) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32,09 km² | ||||
Auga | 8,72 % | ||||
Bañado por | Spaarne (en) e Jan Gijzenvaart (en) | ||||
Altitude | 2 m | ||||
Comparte fronteira con | Heemstede (pt) Haarlemmermeer (pt) Velsen (pt) Bloemendaal (pt) Haarlemmerliede en Spaarnwoude (en) (–2019) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1185 (Gregoriano) | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | São Bavão (pt) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | college van burgemeester en wethouders of Haarlem (en) | ||||
• Alcalde | Jos Wienen (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2000–2037 e 2063 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 023 | ||||
Código NUTS | NL324 | ||||
Código BAG | 2907 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | haarlem.nl | ||||
Foi o centro histórico do distrito de cultivo de tulipáns durante séculos e é alcumada por este motivo "Bloemenstad" (Cidade Flor). O concello de Haarlem tamén comprende parte da vila de Spaarnwoude, unha nova urbanización que forma parte da municipalidade de Haarlemmerliede en Spaarnwoude. O lema da cidade é Vicit vim virtus, en latín A virtude superou á violencia.
A economía desta cidade holandesa céntrase na industria floral (sobre todo tulipáns), cervexeira, téxtil e chocolateira.
A cidade é famosa polos seus moitos hofje, asilos construídos ao redor de patios, que eran principalmente hospicios de fundación privada para anciás solteiras. Hoxe en día quedan 19 en Haarlem, moitos abertos ao público durante fins de semana. Moitos deles seguen pertencendo ás fundacións orixinais, e aínda se usan para mulleres solteiras anciás.
As principais visitas de interese son dous museos:
Ademais, poden verse:
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haarlem |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Haarlem, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.