Höfuðborgarsvæði

Höfuðborgarsvæði (en galego: Distrito da Capital) é unha das oito Rexións administrativas de Islandia.

Correspóndese coa área metropolitana da súa capital, Reiquiavik.

Modelo:Xeografía políticaHöfuðborgarsvæði
Fotomontaxe

Localización
Höfuðborgarsvæði Editar o valor em Wikidata
 64°12′N 21°42′O / 64.2, -21.721°42′O / 64.2, -21.7
País insularIslandia Editar o valor em Wikidata
CapitalReiquiavik Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación233.034 (2020) Editar o valor em Wikidata (219,39 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.062,2 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2IS-1 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSIS001 Editar o valor em Wikidata

Demografía

Höfuðborgarsvæði é con moito a rexión máis habitada do país, ao ter unha poboación de 200,852 habitantes (2009), o que supón un 62,1% da poboación total do país para unha rexión que constitúe unicamente un 1% da superficie total do país. A súa área é de 1.062 km², e a súa densidade de poboación é de 187.4 habitantes por quilómetro cadrado.

Evolución demográfica da rexión
Ano Poboación Porcentaxe da
poboación islandesa
1920 21 441 22,70 %
1930 33 854 31,16 %
1940 43 841 36,06 %
1950 65 080 45,10 %
1960 89 493 49,93 %
1970 109 238 53,40 %
1980 121 698 52,65 %
1990 145 980 56,65 %
2000 175 000 61,44 %
2007 196 161 62,30 %

Condados

Na rexión de Höfuðborgarsvæði está situado un dos vinte e tres condados de Islandia, o de Kjósarsýsla.

Municipios

Höfuðborgarsvæði 
Mapa que mostra a relación dos sete municipios coa cidade de Reikjavík.

A área metropilitana de Reiquiavik comprende os seguintes municipios:

  • Reiquiavik (120.165)
  • Kópavogur (29.886)
  • Hafnarfjörður (27.726)
  • Garðabær (10.331)
  • Mosfellsbær (8.625)
  • Seltjarnarnes (4.437)
  • Álftanes (2.487)
  • Kjósarhreppur (190)

Con respecto á capital, os municipios están localizados do seguinte xeito:

  • Oeste de Reiquiavik: Seltjarnarnes
  • Nordeste de Reiquiavik: Mosfellsbær e Kjósarhreppur
  • Sur de Reiquiavik: Kópavogur, Garðabær, Hafnarfjörður e Álftanes

Cada municipio ten o seu propio concello independentemente elixido.

Xeografía

Höfuðborgarsvæði 
Suburbios de Reykjavík:      Grafarvogur.      Árbær.      Breiðholt.

A cidade de Reiquiavik está situada na península de Seltjarnarnes, cuxa extensión é de 8 km. de longo por 5 km. de ancho e se estende dende a costa suroriental da baía de Faxaflói. A súa paisaxe posúe varios pequenos outeiros e un val principal, o Laugardalur. Na costa norte de Seltjarnarnes hai unha pequena baía chamada Reiquiavik, e na súa beira se atopa o centro histórico e a parte máis antiga da cidade.

A raíz do seu desenvolvemento ao longo das décadas, o centro xeográfico da área metropolitana está na actualidade en Kópavogur, o segundo municipio en poboación máis grande do país. Cinco dos seis núcleos urbanos da área desenvolvéronse nos últimos 50 a 70 anos, a excepción de Hafnarfjörður, que era unha antiga vila pesqueira.

A meirande parte da poboación da área vive na península de Seltjarnarnes ou nos tres suburbios de Reiquiavik. Cada un deles foi planeado de xeito individual, e entre estes existen grandes áreas verdes sen edificar. Estes suburbios son de sur a norte:

  • Breiðholt: o suburbio máis grande.
  • Árbær: é o suburbio máis pequeno, mais inclúe a rúa máis populosa do país, Hraunbær, con 2.403 habitantes.
  • Grafarvogur: o suburbio máis austral.

Grafarholt tamén é un distrito residencial, mais ao ser pequeno é considerado como parte de Grafarvogur.

Todos estes núcleos están localizados ao sueste de Reiquiavik. A paisaxe da área caracterízase polas súas pequenas penínsulas, baías e centos de illotes. A península Seltjarnarnes esténdese de sur a oeste, estando separada do continente por unha baía que se estende de norte a sur, directamente a través da península. Seltjarnarnes só se une con terra firme polo sur.

Galería de imaxes

Tags:

Höfuðborgarsvæði DemografíaHöfuðborgarsvæði XeografíaHöfuðborgarsvæði Galería de imaxesHöfuðborgarsvæðiCapital (política)IslandiaLingua galegaReiquiavikÁrea metropolitana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ronnie ThompkinsNuno García PicoBulgariaTrasnoQuenllaPioverdinaIrmandades da FalaJFeixónUnión Deportiva LanzaroteSambesugaXosé Luís Méndez FerrínYouTubeLotaríaXosé MonteagudoGuerra da Tripla AlianzaMelgaçoDiálogoGmailBugalloRebentaboisMoncho ReboirasLiechtensteinArticulación frontoparietal159Pili PampínSão PauloManuel Curros EnríquezMicrosoftLWayback MachineMiguel Ángel Zabalza BerazaVicente PiñeiroRMS TitanicO CarballiñoLista de xentilicios de concellos galegosDSistelo, Arcos de ValdevezOrchataA LarachaSaramagoCultura castrexaFauna de GaliciaRamón López RodríguezCentro público integradoFrancisco Castro VelosoRicardo Varela SánchezCedeiraPneumáticaJoan de NovoaObxectivos de Desenvolvemento SostíbelCopa España (fútbol)Carballo comúnGalego-portuguésMeat Is MurderAlexandre BóvedaReino UnidoFrancisco Vázquez VázquezGueixaManuel Miñones BarrosHells AngelsFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaO Pedrouzo, Arca, O PinoRibadavia1Carcinoma lobular in situPsicoloxíaVincent van Gogh🡆 More