Fonte Secundaria

As fontes secundarias son textos baseados en feitos reais.

Unha fonte secundaria contrasta cunha primaria, que é unha forma de información que pode ser considerada como un vestixio do seu tempo. Unha fonte secundaria é normalmente un comentario ou análise dunha fonte primaria. Por exemplo, o diario do xeneral Ulysses S. Grant é unha fonte primaria porque foi escrito no seu tempo e pode ser tido en conta como fonte orixinal de información «en bruto» (o que non di nada sobre se é veraz e completo). Un libro que trata sobre Grant, e recorre ao diario, xeralmente sería considerado unha fonte secundaria. En historiografía, con todo, incluso este libro podería ser considerado unha fonte primaria: se outro autor está dedicándose a estudar sobre as diversas historias escritas sobre Grant, pode estar usando como vestixio a que foi orixinalmente concibida como fonte secundaria.

Descrición

Unha fonte primaria é precisa e unha fonte secundaria é como un comentario da fonte primaria. As fontes secundarias están suxeitas a revisión por pares, están ben documentadas e están normalmente producidas a través de institucións onde a precisión metodolóxica é importante para o prestixio do autor. Unha fonte primaria como unha entrada nun dietario pode ser, no mellor caso, só reflexo dos eventos vistos por unha soa persoa, o que non necesariamente é verdadeiro, preciso ou completo. Os historiadores someten ambos os dous tipos de fontes a un alto nivel de escrutinio.

Como regra xeral, con todo, os historiadores modernos prefiren recorrer directamente ás fontes primarias, se están dispoñibles, ou ben buscar novas. Estas fontes, sexan ou non precisas, ofrecen información nova dentro da investigación histórica e a historia moderna vira en torno ao uso continuo de arquivos co propósito de atopar fontes primarias útiles. Un traballo historiográfico non debe ser tomado en serio se só cita fontes secundarias, pois significa que non se emprendeu unha investigación orixinal.

A validez deste tipo de fontes radica no feito de que estas son obtidas por fontes fidedignas, institucións públicas e algúns especialistas nos temas, antes de concretarse como fontes secundarias; é verdade que foron fontes de tipo primario, con todo ao ser aceptadas pola sociedade convertéronse en fontes de información verídicas e aceptadas, mesmo ata o punto de ser consideradas como parte da nosa historia. Estas polo xeral levan o nome da institución ou autor que realizou este estudo. Este tipo de fontes son moito moi importantes para a creación de proxectos, xa que con elas pódese evitar a redundancia de información, e ter máis claro cara a onde se deben enfocar os novos estudos, é dicir, as fontes primarias.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Wood Gray, Historian's handbook, a key to the study and writing of history (Houghton Miffin, 1964).

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Fonte Secundaria DescriciónFonte Secundaria Véxase taménFonte SecundariaFonte primariaHistoriografíaInformaciónUlysses S. Grant

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

KJordi HurtadoLicenciado MolinaRamón CamposPaís neutralSímbolos de GaliciaLista de castelos de PortugalMéxicoNordés (vento)App Store (iOS)Otelo Saraiva de CarvalhoInglaterraRocco SiffrediVacaPegsatHard GZVillarmentero de CamposAna Belén FortesNoelia ReyBala (grupo musical)25 de abrilDolores O'RiordanA memoria da choivaDavid SilvaWBenito KamelasA EstradaLuka ModrićBóvedaOurenseGonzalo MellaO PorriñoÑuLos MotoresVerbos galegos facer, dicir e haberMNacionalismo galegoSunnismoPío BarojaJorge PeteiroMadridMaría ReimóndezUrueñaKirsten DunstRaquel AtanesTorre de HérculesCándido Conde-PumpidoPanteón de Galegos IlustresAdolfo SuárezA viaxe de ChihiroLista de nomes femininos en galegoCarlos SedesRedondelaAs aves na cultura popular galegaBragaGuerras púnicasAbegondoXurxo SoutoFaneca bravaMónica García PérezPampallínBalurosLobernoNervoNoiaPortadaGallaeciaAlfredo Pérez RubalcabaEudoxo de CnidoPilar AlegríaCidade da Cultura de GaliciaGrupo EroskiPriscilianoEuphoria (serie de televisión)🡆 More