Festival De Eurovisión 2020

O LXV Festival de Eurovisión ía ser a 65ª edición do festival, e celebraríase nos Países Baixos en maio de 2020, despois de que Duncan Laurence gañase a edición de 2019 coa súa canción «Arcade».

Esta será a quinta vez que Países Baixos organizará o certame, tras a edición de 1980. Tamén sería o primeiro evento oficial de Eurovisión que celebrado en chan neerlandés desde o Festival de Eurovisión Júnior 2012.

Festival de Eurovisión 2020
Datas
Semi-final 1 12 de maio de 2020 (cancelado)
Semi-final 2 14 de maio de 2020 (cancelado)
Final 16 de maio de 2020 (cancelado)
Anfitrión
Supervisor executivo Festival De Eurovisión 2020 Jon Ola Sand
Televisión anfitrioa Festival De Eurovisión 2020

Nederlandse Publieke Omroep (NPO) Nederlandse Omroep Stichting (NOS)

Participantes
Participantes 41 (previstos)
Países que retornan Ucraína Ucraína
 Bulgaria Bulgaria
Países que se retiran Festival De Eurovisión 2020 Montenegro
Hungría Hungría
Votacións
Sistema de votación Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.

En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta.

Festival de Eurovisión
◄2019 Festival De Eurovisión 2020 2021►

Estaba previsto que o as semifinais do festival tiveran lugar nos días 12 e 14 de maio e a gran final o día 16 de maio de 2020. Estaba prevista a participación de corenta e un países no certame. Bulgaria e Ucraína ían regresar tras a súa ausencia na edición de 2019, mentres que Hungría e Montenegro confirmaran a súa retirada.

Porén, o 18 de marzo de 2020, a Unión Europea de Radiodifusión anuciou que o evento quedaba cancelado por mor da pandemia do coronavirus en Europa. Isto supuxo a primeira ocasión que o festival se cancelaba nos 64 anos de historia. Tras a cancelación, a UER, comezou as conversas para organizar o Festival de Eurovisión 2021.

Organización e localización

O supervisor executivo do festival da Canción de Eurovisión, Jon Ola Sand, entregou na rolda de prensa do gañador da edición de 2019 un "kit de ferramentas (composto dun cartafol e unha unidade USB) para comezar o traballo necesario para albergar o festival". Tamén dixo que as reunións coa televisión anfitrioa comezarían en xuño de 2019, pois, malia que non é o primeiro festival que se organiza nos Países Baixos, si é o primeiro que organiza Avrotros, que ten os dereitos do certame desde 2014 e non tivo oportunidade de organizalo até agora. Ademais, levará a cabo devandita produción xunto a NOS e NPO.

Fase de propostas e selección da cidade anfitrioa

Localizacions das cidades candidatas.

Segundo o primeiro ministro dos Países Baixos Mark Rutte, tras unhas horas da vitoria de Duncan, numerosos alcaldes comezaran a presentar propostas en nome dos concellos que estes gobernan a través de mensaxes de texto. O trío das emisoras organizadoras (NPO, NOS e AVROTROS) deron comezo formalmente ao proceso de selección o 29 de maio, avisando a todas aquelas cidades interesadas de que todas as súas propostas xa debían estar presentadas para mediados de xullo. Tras isto, as cidades en cuestión deberían ter dispoñibles os lugares onde se celebraría o certame para as posibles visitas das delegacións das emisoras. NPO agarda dar anunciar a cidade anfitrioa a finais do verán.

As seguintes cidades expresaron o seu interese en seren seleccionadas:

Cidade Lugar Capacidade Notas Refs
Ámsterdam Centro de Exhibición e Congresos Ámsterdam RAI 12.900 Alí foi organizado o Festival de Eurovisión 1970.
Johan Cruyff Arena 55.000-68.000 A capacidade normalmente redúcese a 35.000 en concertos
Ziggo Dome 17.000
Arnhem GelreDome 41.000
Breda Breepark 13.000 Proposta conxunta con 's-Hertogenbosch pola provincia de Brabante do Norte
Enschede Airport Twente 11.000
's-Hertogenbosch Brabanthallen 's-Hertogenbosch 11.000 Proposta conxunta con Breda pola provincia de Brabante do Norte
Leeuwarden WTC Expo 10.000
Maastricht MECC Maastricht 20.000
Rotterdam Ahoy Rotterdam 15.818 Alí foi organizado o Festival de Eurovisión Júnior 2007.
A Haia Cars Jeans Stadion 15.000 Depende da construción dun tellado co fin de cubrir o estadio.
Malieveld 15.000 Estabeleceríase unha caseta en colaboración co World Forum. Depende, polo tanto, da construción da mesma sobre o campo.
Utrecht Jaarbeurs 11.000

En principio, Zwolle tamén considerou proporse para celebrar o festival. Con todo, a cidade finalmente posicionouse en contra da entrada ao proceso seletivo, dado que o lugar proposto (o IJsselhallen) considerouse "inadecuado".

A primeira conferencia de prensa agárdase que se leve a cabo en xuño de 2019. Con todo, Ámsterdam e Rotterdam considéranse as cidades favoritas para acoller o evento.

Listaxe provisional de países participantes

Os seguintes países expresaron o seu interese provisional na participación no festival ou mesmo confirmaron que o seu proceso anual de selección nacional tería lugar:

Semifinais

País Artista Canción Lingua(s)
Festival De Eurovisión 2020  Armenia
Festival De Eurovisión 2020  Australia
Festival De Eurovisión 2020  Austria
Festival De Eurovisión 2020  Belarús
Festival De Eurovisión 2020  Bélxica
Festival De Eurovisión 2020  República Checa Por determinar 28 de xaneiro de 2020 Por determinar 28 de xaneiro de 2020
Festival De Eurovisión 2020  Dinamarca Por determinar 7 de marzo de 2020 Por determinar 7 de marzo de 2020
Festival De Eurovisión 2020  Estonia
Festival De Eurovisión 2020  Finlandia
Festival De Eurovisión 2020  Hungría
Festival De Eurovisión 2020  Israel
Festival De Eurovisión 2020  Lituania
Festival De Eurovisión 2020  Montenegro
Festival De Eurovisión 2020  Noruega
Festival De Eurovisión 2020  Portugal
Festival De Eurovisión 2020  Romanía
Festival De Eurovisión 2020  San Marino
Festival De Eurovisión 2020  Serbia
Festival De Eurovisión 2020  Suecia
Festival De Eurovisión 2020  Ucraína

Final

País Artista Canción Lingua(s)
Festival De Eurovisión 2020  Alemaña
Festival De Eurovisión 2020  España Blas Cantó
Festival De Eurovisión 2020  Países Baixos

Outros países

A elixibilidade para a posible participación no Festival da Canción de Eurovisión require unha emisora nacional que sexa membro activo da EBU que poderá transmitir o concurso a través da rede de Eurovisión. A EBU emitirá unha invitación de participación no concurso a todos os membros activos. A diferenza dos anos anteriores, Australia non necesitará unha invitación para o concurso deste ano 2020, xa que se lle concedera permiso para participar até 2023.

Os seguintes países participaron no certame de 2019 mais non anunciaron aínda se farán o mesmo nesta edición:

Membros activos da EBU

  • Festival De Eurovisión 2020  Albania - O 28 de maio de 2019, a emisora albanesa Radio Televizioni Shqiptar (RTSH) confirmou que estaban a aceptar presentacións para a vindeira edición do Festivali i Këngës. Aínda que devandito festival foi utilizado para seleccionar a representación albanesa de Eurovisión dende o seu debut, este tamén foi organizado con independencia do certame eurovisivo dende o ano 1962 até o mencionado debut, e non se confirmou explicitamente a súa participación polo momento.
  • Festival De Eurovisión 2020  Andorra – En marzo de 2019, a emisora andorrá Ràdio i Televisió d'Andorra explicou que estarían abertos a cooperar coa emisora catlá TV3 para participar nas futuras edicións do festival. Ambas emisoras cooperaran anteriormente cando Andorra debutou no Festival de Eurovisión 2004. Con todo, o 22 de maio de 2019, RTVA confirmou que non vai participar no certame de 2020.
  • Festival De Eurovisión 2020  Bosnia e Hercegovina – O 28 de decembro de 2018, a líder da delegación bosníaca, Lejla Babović, explicou que a volta ao certame era o seu obxectivo principal, pero que a súa situación financeira, en débeda coa EBU e sen fondos, faría complicado o feito de participar de novo no festival no ano 2020.
  • Festival De Eurovisión 2020  Bulgaria – O 8 de abril de 2019, a emisora búlgara Televisión Nacional de Bulgaria (BNT) expresou que non tiñan pensado volver ao concurso nun futuro próximo, mencionando que o festival xa non se axusta á estratexia de contido da emisora. Con todo, a emisora agarda elixir unha nova delegación e porse en marcha o 5 de xullo de 2019, tras o cal podería tratar o tema da participación en Eurovisión máis profundamente e tomar as decisións correspondentes.
  • Festival De Eurovisión 2020  Italia – O 7 de maio de 2019, a RAI anunciou que comezara a planificación para o Festival de Sanremo 2020. Con todo, aínda non foi confirmado se devandito método sería utilizado para escoller o participante italiano de 2020.
  • Festival De Eurovisión 2020  Luxemburgo – Aínda que Luxemburgo leva sen participar no certame desde o ano 1993, as propostas para a súa volta ao festival non pararon de aumentar. En maio de 2019, Anne-Marie David, gañadora da edición de 1973 por Luxemburgo, incitou á nación a volver. Asemade, tamén foi enviada unha petición á emisora luxemburguesa RTL Télé Lëtzebuerg (RTL) e á cámara de deputados por parte de seareiros de Luxemburgo demandando devandita volta a Eurovisión. En anos anteriores, RTL expresou que non volverían debido a problemas financeiros e a crenza de que as nacións pequenas non poden ter éxito nas edicións eurovisivas modernas.
  • Festival De Eurovisión 2020  Malta – O 20 de xaneiro de 2019, confirmouse que o concurso de talentos X Factor Malta, co que se escolleu o representante do festival de 2019, volvería para unha segunda tempada en 2020. Con todo, aínda non está confirmado se este método será ou non o utilizado para a selección do participante de 2020.
  • Festival De Eurovisión 2020  España – O 15 de xaneiro de 2019, o director da emisora española RTVE, Eladio Jareño, confirmou que o concurso de talentos Operación Triunfo volvería en 2020. A pesar de que este foi utilizado para o proceso de selección do representante de Eurovisión español en 2018 e 2019, aínda non se confirmou se España utilizará este método novamente para escoller ao participante de 2020.
  • Festival De Eurovisión 2020  Turquía – En agosto de 2018, İbrahim Eren, o director xeral da emisora turca Türkiye Radyo Televizyon Kurumu (TRTK), explicou que non podían emitir un programa que contivese xente "sexualmente ambigua" (en referencia a Conchita Wurst, a gañadora do certame de 2014) nunhas horas nas que aínda os nenos están a ver a televisión. Tamén comentou que a EBU desviárase dos seus valores debido aos seus executivos, e que a emisora non estivo de acordo co sistema de votación que dividiu o resultado en xurado profesional e televoto, que foi introducido no ano 2009.

Membros asociados da EBU

  • Festival De Eurovisión 2020  Kazakhstán – O 22 de novembro de 2018, Jon Ola Sand, o supervisor executivo do concurso, expresou que a participación deste país no mesmo certame necesitaba ser discutida polo grupo de referencia do festival. Kazakhstán fora anteriormente invitada a participar no Festival de Eurovisión Júnior 2018 por devandito grupo, malia que isto non tería efecto algún no que respecta á súa participación no concurso principal.

Non membros da EBU

  • Festival De Eurovisión 2020  Cataluña – A finais de 2018, a emisora catalá Televisió de Catalunya (TVC) recibiu permiso do parlamento catalán co fin de impulsar a adhesión da comunidade autónoma á EBU. A pesar de que Cataluña é parte de España, a EBU estivo avaliando a proposta desta emisora.
  • Festival De Eurovisión 2020  Illas Feroe – A finais de 2018, a emisora deste país denominada Kringvarp Føroya (KvF) mostrou interese en entrar na EBU e participar no festival. Segundo a EBU, as Illas Feroe non están excluídas pola norma que di que só as nacións independentes poden adherirse, e por conseguinte, KvF comezou discusións internas verbo da súa posible proposta co fin de poder participar no concurso e transmitir a final da selección nacional de xeito similar ao Dansk Melodi Grand Prix en Dinamarca.
  • Festival De Eurovisión 2020  Kosovo – Mentor Shala, o director xeral da emisora de Kosovo Radio Televisión de Kosovo (RTK), expresou que a emisora estaba aínda a empurrar pola completa adhesión á EBU e que se desexaba debutar no certame de 2020. RTK está discutindo coa EBU no que atangue a esta situación. A EBU está citada a votar devandita proposta en xuño de 2019; a súa aprobación permitiría á emisora debutar no festival de 2020 ou un pouco despois do mesmo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Festival De Eurovisión 2020  Tel Aviv 2019
Festival De Eurovisión 2020 
Festival de Eurovisión

Edición cancelada
Róterdam 2020
Sucesor:
Festival De Eurovisión 2020  Rotterdam 2021

Tags:

Festival De Eurovisión 2020 Organización e localizaciónFestival De Eurovisión 2020 Listaxe provisional de países participantesFestival De Eurovisión 2020 Outros paísesFestival De Eurovisión 2020 NotasFestival De Eurovisión 2020 Véxase taménFestival De Eurovisión 20202020Festival de EurovisiónFestival de Eurovisión 2019MaioPaíses Baixos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

HermisendeMéxicoColocación do pronome átono en galegoLino LópezCrime de honraLabios (xenitais)María Isabel Castro BarreiroGrupo EroskiDistritos de PortugalOs ÁnxelesOctavio AugustoGuestrarGolda MeirMichael DouglasSete Sabios da Fraga de BambúPedro ChoscoEscudo de GaliciaTelevisión de GaliciaCMSXosé Ramón GayosoJulio Alén MontesRamón CamposCSSDavid PerdomoDodroCidade do VaticanoOTANEmilio Gutiérrez CabaDominio públicoAna María Fernández MartínezIria MorgadeEstadio Municipal de RiazorManuel OuteiriñoRiro KāingaIrmandiñosGoizuetaBugalloPonte das PíasC++Ariadna GilCristovo ColónÁlvaro CunqueiroMaría PitaGatoVladimir PutinTráfico de influenciasSantiago AbascalCastro de Punta do BicoCanle (enxeñaría)Lista de nomes masculinos en galegoJosé Pablo del Bado RivasVulvaMaría ReimóndezNieves NeiraXabarín ClubFaneca bravaPaleolíticoChorimaXurxo GonzálezManuel Jesús González CapónZarracós, A MercaSantiago de CompostelaTanxugueirasApóutegaPazo BaiónMichael JacksonPriscilianoAlbert EinsteinTea Rooms. Mujeres obrerasLiteratura galega do século XXHorteláJosé López CamposCantanteFelipe de Marichalar y BorbónCaralloNapoleón I de Francia🡆 More